Arredor de Lámbrica


Cabezas castrexas
Cabezas castrexas

Esta composición foi feita para poder comparar a publicación e difusión de tres facianas humanas realizadas en granito, da máis xenuína tradición galaica. As tres proceden de escavacións recentes. As fotografías non gardan proporcionalidade entre elas.

Destacar a diferenza de tratamento informativo entre a inferior, atopada no castro de Santa Trega, na Guarda (Pontevedra), visitable e difundida adecuadamente con información gráfica suficiente (artigos en prensa, visitas gratuítas, charlas, folletos, exposicións), e as dúas superiores, pertencentes a Lámbrica, San Cibrao das Las (Ourense), que, pola falta de difusión e de información pública sobre elas, semellan estar agochadas.

Como exemplo do que queremos dicir podemos comparar o tratamento informativo que reciben cada unha destas tres cabezas escollidas utilizando un buscador en Internet.

A difusión pública ten que ir moito máis alá da mera publicación dun artigo determinado nunha revista especializada, que pouca xente do público en xeral chega a localizar e ler.

As pezas atopadas en Lámbrica, entre Ourantes e Las, seguindo unha tradición arqueolóxica que arrinca desde os anos noventa do século XX ata a privatización da citania, apenas teñen repercusión informativa de cara ao público. Os achados e conclusións carecen da difusión que merecen, que, en contraste, reciben achados similares noutros xacementos do país.

Esta situación que se dá en Las non debería producirse porque estas actuacións de escavación, estudo e consolidación son pagadas co diñeiro de todos os contribuíntes.

Ademais, as actividades organizadas en Lámbrica polo PACC, Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, son moi básicas, orientadas preferentemente a escolares e susceptibles de poderen ser realizadas en calquera lugar. Para estudar a vida cotiá dun castro en xeral da Idade do Ferro, visualizando infografías, non é necesario gastar diñeiro en entradas nin desprazar a ninguén a San Cibrao das Las.

A maioría dos visitantes que se acercan a Punxín e ao San Amaro buscan algo máis, queren mergullarse na época e na contorna, necesitan obter explicacións de especialistas, ver as pezas máis representativas que se exhumaron nas escavacións, obter dípticos e libros con información singular, realizar rutas a sitios arqueolóxicos inseparables da citania, coñecer in situ os medios de vida da época... de Lámbrica, que para iso foron alí. En definitiva, gozar do seu patrimonio e da súa historia.

O flamante edificio do PACC, que "exerce como pantalla visual trala que se esconde a realidade arqueolóxica", como dicían os seus promotores, converteuse en realidade: Afea, ocupa, gasta diñeiro público, pero non axuda moito ao coñecemento pola poboación do patrimonio arqueolóxico de Las e de Ourantes e da súa contorna, incluíndo Cenlle, Amoeiro, Maside e O Carballiño.

A grande maioría das pezas relevantes que se recolleron en Lámbrica e arredores dende os anos vinte non se expoñen permanentemente nin se dan a coñecer, como se fai noutros lugares... incluso de balde. A xente non pode pagar a entrada cada vez que sae na prensa que apareceu tal ou cual pedra en Las, nin tampouco arriscarse a perder ese patrimonio de vista, agochado en non se sabe que almacéns. O Museo Arqueolóxico de Ourense, sen ir máis lonxe, leva moitos anos pechado, pero ten uns fondos riquísimos dos que só escasísimos seres afortunados poden gozar: O patrimonio arqueolóxico de todos nas mans duns poucos.

A sociedade ten o dereito a coñecer o seu pasado, o seu patrimonio e a súa historia, dereito que crece cando esa sociedade, insisto, paga cos seus impostos as escavacións e toda a parafernalia que se move arredor dese mundo case esotérico, aínda máis descoñecido para maioría da poboación que a Silla do Rei de Lámbrica.

E, cando algo sae na prensa, con informacións case sempre sesgadas, contraditorias ou incompletas, por non dicir interesadas, chaman a atención os cualificativos que utilizan para as poucas pezas que se van coñecendo, que semellan ser despectivos, algo así como quitándolle importancia.

"Unha cara tosca...", chegaron a afirmar da primeira delas, precisamente a máis elaborada das tres que presentamos.






(Fotografías cedidas por E. R. Solla)

Ver A arte na citania de Lámbrica (I)




Enlace a nova. Atopan unha cabeza da Idade do Ferro en San Cibrán de Las
Enlace a nova. Unos escolares guardeses son testigos del hallazgo del Cabezón do Trega
Artigo publicado o 27-08-2017 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
A cada cousa polo seu nome... 🐍 e mirar arredor...

  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0