Arredor de Lámbrica


Coviñas no monte do Chao
Cruceiro do Monte do Chao e detalle das coviñas
O Monte do Chao atópase entre as parroquias de Eiras e de Vilar de Rei, dividindo tamén os concellos de San Amaro e Cenlle. Lámbrica está situada a só dous quilómetros de distancia, e pódese manter contacto visual a través do val do pequeno río Lavandeira.

Case no límite da parroquia está un cruceiro, de cruz sinxela e con aristas en chafrán. Está orientado de Norte a Sur, cos brazos ó Leste e ó Oeste. Non coñecemos datos da súa fábrica, pero parece ser obra do século XVIII. Consta de dúas pezas: unha cruz latina superior e unha columna, varal ou fuste encravada directamente nunha peneda. A peneda non ten ningún traballo de laboura, pero na súa superficie descubrimos un conxunto de coviñas. Particularmente, vense moi ben catro, que se sinalan con frechas no detalle da fotografía.

Non é difícil atopar penedas con antigas atencións, particularidades ou cultos, que foron cristianizadas, ben sexa coa erección e cruceiros -como é niste caso- cou co establecemento de capelas ou igrexas. O feito de erguerse cruceiros ou capelas ó seu carón dá pé a pensar que as representacións deste tipo de gravuras tiveron algo que ver co mundo relixioso. As datacións que soen darse varían entre dous mil e mil cincocentos antes de Xesucristo, aínda que puideron ser posteriores. A presenza de cultos que perviviron entre as persoas das aldeíñas prerromanas foi reconducíndose, coa participación activa das autoridades eclesiásticas, tras a chegada do cristianismo, transformando paseniñamente os antigos lugares de culto, funerarios ou de maxia, ós que se acudía dende tempo inmemorial, en lugares onde a cruz ocupa un lugar preferente.

Os petroglifos ou coviñas do Monte do Chau non están catalogados e o lugar atópase descoidado, como case todo nestas nosas terras, a menos de dous quilómetros da Cidade de San Cibrao das Las ou Lámbrica, e moi cerquiña do Santrocado. O lugar está tamén a un quilómetro en liña recta dos petroglifos da Ermida de Eiras, que se atopan xusto ao Sueste dos petroglifos do Monte do Chau.




Ao fondo da foto vemos a citania de Lámbrica




Cruceiro do Monte do Chao








Útil paleolítico ou epipaleolítico atopado entre Eiras e Vilar de Rei




A Saínza, unha pedra da fertilidade?
Os petroglifos no monte do Chao (páxina web)
Artigo publicado o 10-07-2015 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
A cada cousa polo seu nome... 🐍 e mirar arredor...

  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0