Arredor de Lámbrica


Posible miliario en Eiras
Facendo un pé dun cabaceiro, na eira da aldea de Eiras (San Amaro), atópase esta curiosa pedra circular que recorda a un miliario. Tamén pode tratarse dun trozo de columna cilíndrica.

Non garda relación, en canto á súa factura, cos outros pés do cabaceiro, polo que debe supoñerse como aproveitada doutra construción anterior.

Na aldea de Eiras están a igrexa parroquial, onde hai evidencias dunha antiga vila romana, e os pazos, ó seu carón, nun dos cales se atopa a ara de Bandua.

Nesta eira había nas décadas finais do século XX unha ducia de cabaceiros, tres deles de cantería. Hoxe quedan catro, algún deles en avanzado estado de deterioro.







Artigo publicado o 17-06-2015 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
A cada cousa polo seu nome... 🐍 e mirar arredor...

  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0