Como en
entradas anteriores, partiremos dunha nova aparecida na prensa para elaborar unha pequena crítica. Esta vez tocoulle a
La Galicia prerromana sale a la luz, un artigo de
laopinióncoruña.es, con data 20 de xaneiro de 2009.
Nel fálase dun novo achádego nas escavacións do castro de Lámbrica (San Cibrao das Las e Ourantes), no concello de Punxín, onde se atopou un alxibe de considerable profundidade ó que se accede por unhas pedras dispostas a modo de escaleira.
O castro de Lámbrica, xa dispuña doutra
singular fonte alxibe con escaleiras, moi cerca da porta Oeste do recinto exterior, na ladeira que pertence ó concello de San Amaro.
A grande extensión do castro de Lámbrica, máis ou menos 9 hectáreas, facía incrible que as necesidades de auga da súa poboación se satisfaceran con esta fonte, pese ao seu xeneroso caudal. Así o fan constar LÓPEZ GONZALEZ, LÓPEZ MARCOS e ÁLVAREZ GONZALEZ: "
Es de suponer también que existan otros puntos de aprovisionamiento de agua en el poblado si tenemos en cuenta sus grandes dimensiones"(1).
No artigo de
laopinióncoruña.es tamén se fala da poboación do castro, que a arqueóloga fixa en "
máis de 3000 persoas" baseándose no cálculo das fontes (!): "
El hallazgo del segundo pozo de agua nos indica que la población pudo ser muy superior a 3.000 personas, haciendo cálculos sobre sus necesidades de agua". Noutro parágrafo din que "
se calculó la población a partir de las viviendas excavadas, y en San Cibrao, cada unidad familiar tenía 200 metros cuadrados, subrayó la arqueóloga".
O caso é que nin as surxencias de auga poden dar lugar a cálculos de poboación nin as vivendas de Lámbrica tiñan exactamente 200 metros cuadrados. Imos ver...
Existen paralelismos noutros castros (
Chao de Samartín en Asturias,
Monte Mozinho en Portugal) nos que o recinto central tiña unha función sacra, cerimonial, comunal ou de elite. No recinto central do castro de Lámbrica, dunhas 0,89 hectáreas de superficie, apareceron algunhas inscricións singulares. Entre elas, temos unha clara alusión á divinidade na pedra onde os romanos, que romanizaron cultos máis antigos, inscribiron unha adicatoria a Xúpiter:
IOVI.
As imaxes aéreas do castro deixan entrever que a poboación debeu instalarse entre a muralla que arrodea este recinto central e a muralla máis exterior, dobre na ladeira Oeste e Suroeste. A superficie que ocupa este espacio, onde se atopan a grande maioría das viventas escavadas, é, aproximadamente, dunhas 6,76 hectáreas. A suma da superficie do recinto central (0,89 ha.), o recinto medio (6,76 ha.) e o considerable espazo entre as dobles murallas nas ladeiras Oeste e Suroeste (1,38 ha.) danos unha superficie aproximada do castro de 9,03 hectáreas. As medidas son aproximadas e foron obtidas coa cartografía existente na rede, na páxina
www.sedecatastro.gob.es.
Coa axuda desa cartografía tamén foron medidas 10 unidades de habitación, ó chou, dando unha media por unidade de 186,50 metros cuadrados. Unha unidade de habitación estaría constituída por un espazo onde vivía unha familia e onde se dispuñan todos os servizos que necesitaba: fogar, taller, cortellos, almacéns... Estas unidades de habitación son denominadas tamén, según autores, como casas-patio ou
unidades familiares. Incluso se chegou a delimitar a existencia de muros maestros que se consideran como froito dunha parcelación previa.
Se dividimos as 6,76 hectáreas en unidades de habitación ou unidades familiares de 186,5 metros cuadrados, daranos o número aproximado de unidades familiares que acollía o castro, unhas 362. Se multiplicamos 362 por 6 persoas daranos unha poboación de
2.172 habitantes. Poucos máis tería.
O artigo da prensa que comenzamos a comentar remata coa obrigada pleitesía ó poder (visita ó xacemento da conselleira Sánchez Bugallo, do director xeral de Patrimonio Felipe Arias...) e coa difusión de proxectos que custan moitos cartos. Os cartos desaparecen e os proxectos non se realizan: "
escucharon las explicaciones de los arquitectos sobre el edificio en construcción para centro de interpretación de la Cultura Castrexa de Galicia, a pocos metros del castro de Lás. El edificio albergará salas didácticas, biblioteca, cafetería y salas de exposiciones y de investigación, pero en una construcción "muy discreta", a un nivel inferior que el resto del yacimiento y con sólo dos alturas por lo que apenas se ve desde el castro en el que se integra como una capa más de muralla". Animo encarecidamente ós lectores a visitar o castro das Las e de Ourantes para que aprecien o "
discreta" que é a construción do edificio que alí se atopa.
"
La conselleira explicó que estará terminado en pocos meses y que el proyecto de musealización también se adjudicará en breve, por lo que "todo estará listo en diciembre de 2009". Bugallo detalló que el castro de San Cibrao de Lás es el más grande de Galicia y el más importante. Cuando esté acabado, dijo la conselleira a los alcaldes de Punxín, Alfredo Cruz, y de San Amaro, Ernesto Pérez, el edificio será un elemento importante en el desarrollo económico de la zona".
Bugallo non sabía que aínda hai outro castro en Galicia maior que o de Lámbrica, o castro de Santa Trega, na Guarda. Bugallo tampouco saberá que en diciembre de 2009 non "estaba listo" todo o que prometía.
Conclusión: os artigos na prensa só din catro cousiñas para xustificar as visitas oportunas, que, á súa vez, xustifican inversións millonarias. Pero a fonte-alxibe está abandonada, escavada, si, pero abandonada, con serios riscos de desplomarse as súas paredes.
Outra particularidade é que o novo alxibe está fóra da muralla. É de sentido común pensar que dentro da muralla ten que haber outra fonte que surtiría ós habitantes da ladeira Leste do castro, que terían serias dificultades para acceder fóra do recinto defensivo para ir a buscar a auga. Na fonte alxibe que hai na outra ladeira existe un desaugue cara o exterior da muralla. Por iso é posible que iste novo alxibe descuberto recentemente fose alimentado por un manantial doutra fonte máis interior que aínda está por descubrir.