É controvertido o tema do celtismo en Galicia. Aínda hoxe continúan agrias disputas a favor ou en contra. Eu penso que as evidencias culturais ?na toponimia, nas tradicións, mesmo na arte- da presenza de elementos célticos na nosa prehistoria non significan que aqueles pobos prerromanos fosen exclusivamente celtas. O noroeste atlántico, onde se atopa a actual Galiza, non foi exactamente un estado celta, no sentido de pobo exclusivo e independente. Foi un lugar de encrucillada por onde circularon influenzas culturais diversas, entre as que se atopan as consideradas célticas, que funden as súas raíces no megalitismo e na primeira idade do Bronce.

Merecen especial importancia as relacións marítimas con outros territorios atlánticos, pero tamén con pobos mediterráneos, exercendo, creo, a maior atracción para aqueles primitivos visitantes á precura do estaño e do ouro do noroeste. O primeiro, o estaño, imprescindible para a fabricación de armas de bronce. O segundo, o ouro, un metal de prestixio, sempre de grande valor. Os romanos, perfectos coñecedores da riqueza mineralóxica da
Gallaecia, non tiveron mellor idea que a da conquista. É a primeira aculturación pola forza que sofre a nosa terra, aínda que a imposición do idioma latino non rematará con moitas das verbas que antes aquí se falaron. A toponimia e a epigrafía aínda se encargan hoxe de transmitirnos algunos daqueles nomes. Un exemplo témolo no nome de
Lámbrica, ou
Lámbriga, cunha coñecida terminación céltica en
?briga, co significado de ?
cidade fortificada?.
Propoño un enlace a un interesante documental, aloxado en
youtube, que fala da prehistoria dos pobos atlánticos,
El legado celta. Unha síntese da prehistoria galega dende o megalitismo, a confección dos petroglifos, os modos de vida, a procura do estaño por parte dos pobos mediterráneos, as relacións atlánticas... ata rematar coas fortificacións castrexas e a chegada dos romanos. Moi recomendable.