Arredor de Lámbrica


Obviedades: Os petroglifos da Ermida, Ben de Interese Cultural
Escrito remitido pola Xunta (14/6/2011)
Acabo de recibir unha notificación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia para informarme dunha obviedade: "que os elementos de referencia xa están protexidos como bens de interese cultural polas leis estatal e galega". Os "elementos de referencia" son os petroglifos da Ermida, na parroquia de Eiras e no concello ourensán de San Amaro.

Contestan a un escrito que lles remitín en 2009, ¡que celeridade!, para informar sobre o estado dos petroglifos da parroquia de Eiras, ameazados pola maquinaria de Seaga nunha repoboación forestal. Na Consellería asegurábanme que se as maquinarias chegasen a destruír o xacemento non terían ningunha responsabilidade, pois o tal xacemento para a Xunta, ó non estar inventariado, "non existía". Por iso presentei o escrito.

Agora van e notifícanme algo evidente que eu xa daquela lles suxería, que todos os lugares con manifestacións de arte rupestre están protexidos por lei pois así se establece no artigo 40.2 da Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, declarándoos bens de interese cultural.

Esta declaración é asumida pola disposición adicional primeira da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural da Galicia cando di que todos aqueles bens mobles e inmobles, sitos no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e declarados de interese cultural con anterioridade á entrada en vigor desa lei, pasaran a ter a consideración de bens de interese cultural. Parabéns!

Pero esta obvia notificación non deixa de ser un puro trámite. Cumpliron co seu formulario administrativo: contestar a un escrito pouco cómodo evacuando unha resolución máis que obvia, cumplindo un trámite pero deixando todo como estaba.

Sabemos, por experiencia, que os xacementos arqueolóxicos non están efectivamente protexidos nin son adecuadamente divulgados e seguimos a perder, día tras día, o noso patrimonio, moitas veces estragado por actuacións promovidas por institucións públicas.

Ver categoría Os petroglifos da Ermida en Eiras (San Amaro)

Non deixa de ser curioso que naquel mesmo escrito de 2009 dirixido á Consellería de Cultura tamén se poñía no seu coñecemento o estado de abandono da ara de Bandua de Eiras, pero a Xunta de Galicia non considerou oportuno comunicar nada ó respecto, nin se sabe que tiveran actuación algunha. O problema é que se a ara se deteriora ou desaparece perderemos unha proba valiosa do nome do castro de San Cibrao das Las ou da súa contorna: LÁMBRICA ou, se se quere, LÁMBRIGA, nunca Lansbriga, nin moito menos Lansbricae, desafortunado nome que recibe unha banda de gaitas do concello de San Amaro.


Artigos sobre o nome de Lámbrica
El topónimo Lámbrica en el ara de Bandua de Eiras, en www.terraeantiqvae.com
San Cibrao das Las e as laxas
A Ciudá das Las, Lámbrica
A ara de Eiras e Lámbrica (lectura da ara de Eiras)
PARA NON ESQUECER: A portada da reitoral de San Cibrao das Las
Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia
Ver artigo: A peneda da Ermida en Eiras (San Amaro)
Artigo publicado o 17-06-2011 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2009-2020

  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2020 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0