Música e máis


Proxecto "Entroido dos Animais"
¿Como é posible meter nunha mesma actividades os tipos de alimentación, respiración, reprodución de animais e plantas cos instrumentos musicais?
Ben, pois os rapaces e as rapazas de 4º o conseguiron. Estivemos facendo desde mediados de novembro un proxecto conxunto con Coñecemento do Medio e Música.

Mentres en Música estivemos traballando as familias de instrumentos (vento, corda e percusión) en Coñecemento do Medio estaban aprendendo como funciona a fotosíntese, os animais polo seu tipo de alimentación (carnívoros, herbívoros e omnívoros), polo tipo de reprodución (sexual, asexual, vivíparos e ovíparos) e os tipos de respiración (traqueal, branquial e cutánea).
¿E como fomos capaces de unir música e animais nun mesmo proxecto? Tomamos como elemento de unión ?O Entroido dos Animais? de Camille Saint-Saëns e o plasmamos todo nun mural no corredor entre a aula de 4ºA e a de 4ºB.

O mural foise construíndo pouco a pouco, ata que quedou completamente cheo de fotos, letras, debuxos e uns cordeis que unían os animais que aparecen no ?O Entroido dos Animais? co instrumento que Camille Saint-Saëns pensou para representalo (por exemplo están unidos o león co piano, posto que nesta parte o piano representa ao león coma rei da selva).

Ademais das distintas clasificacións, destaca dun xeito moi especial os caligramas que fixeron en Coñecemento sobre a fotosíntese.
Quizais con palabras non se poida expresar do mellor xeito, polo que invítovos a ver a galería de fotos que sacamos para ver a evolución do mural.

Por suposto, de parte de Monse, Eduardo e pola miña parte, queremos agradecer a tódolos rapaces e rapazas que axudaron a que este pequeno proxecto fora para adiante e agardamos que aprenderan os instrumentos, os animais e as plantas dun xeito totalmente diferente ao que habitualmente o facemos.
MOITAS GRACIAS A TOD@S
Galería de Fotos na web do cole
Comentarios (0) - Categoría: Música 4º - Publicado o 19-12-2013 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Comenta
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:









Para calquera dúbida:
julianguede@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 FOTOBLOGOTECA
 
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Creado e administrado por Julián Guede Freire. Calquera dúbida: julianguede@gmail.com
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0