Música e máis


Exposición Gallaecia Petrea na Cidade da Cultura

A exposición ?Gallaecia Petrea? inagurouse este venres no Museo da Cidade da Cultura de Galicia e permanecerá ata o 15 de decembro,
?Gallaecia Petrea? é un percorrido pola historia da arte e da cultura galegas a través da pedra
A exposición está dividida en seis áreas: Xeoloxía, Prehistoria, Roma, Medieval,

A partir do luns 17 de xuño, a entrada terá un custo xeral de 4 ?.
Os estudantes, familias numerosas, discapacitados, posuidores do carné xoven e grupos de máis de vinte persoas; pagarán só 2 ?
A entrada para os menores de 18 anos será de balde.

O horario de visita é de 11:00 a 20:00 horas.

Ademais, a Cidade da Cultura de Galicia ofrece un servizo de visitas guiadas de balde, que terán lugar todos os días en dúas quendas: 12:30 e 16:30 horas. No caso de grupos, é preciso realizar unha reserva a través do correo visitasmuseo@cidadedacultura.org ou no teléfono 881 99 51 72.

As pezas que integran esta exposición, algunhas de ata dez toneladas de peso, proceden de diferentes partes de Galicia, España e de Portugal. Na exposición, a pedra estará presente como elemento identitario, como elemento artístico e arquitectónico pero tamén como elemento de desenvolvemento, materia base dunha das industrias máis puxantes de Galicia (granito, lousa?).
Inclúe unha aproximación dende a xeoloxía, na que, a través de presentación didácticas, explorase a Gallaecia como territorio onde se poden atopar algunhas das rocas máis antigas da Península. Ademais, a mostra englobará dende un petroglifo, como elemento exclusivo que en todo o mundo só se ten atopado en Galicia.

Gallaecia Petrea, ademais dunha plataforma de excepción para dar a coñecer o patrimonio galego aos milleiros de visitantes que se agarda que pasen polo Museo de Galicia.

Gallaecia Petrea conleva a rehabilitación, limpeza e posta a punto dalgunhas das obras para poder exhibilas ao público na mellor das condicións, converténdose, deste xeito, nun proxecto de rehabilitación patrimonial e cultural.
Así, rehabilitaranse, por exemplo, obras da Catedral de Santiago de Compostela, do Museo Provincial de Lugo, da Catedral de Mondoñedo, da Catedral de Lugo, da Catedral de Tui e do Museo Provincial de Pontevedra.
Artigo sobre a exposición en hoyesarte
Gallaecia Petrea
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2012 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Comenta
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:









Para calquera dúbida:
julianguede@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 FOTOBLOGOTECA
 
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Creado e administrado por Julián Guede Freire. Calquera dúbida: julianguede@gmail.com
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0