Música e máis


Desastre medioambiental nas Fragas do Eume

As Fragas do Eume é un parque natural galego creado en 1997 e que abrangue máis de 9.000 hectáreas nas beiras do río Eume, ao longo de cinco concellos na provincia da Coruña.
Está tamén declarado como Lugar de Importancia Comunitaria, coincidindo os seus límites cos do parque natural.
O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das Fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.
Así eran as Fragas do Eume ata a semana pasada
E así está quedando
Dende esta fin de semana está a sufrir unha traxedia medioambiental por culpa dun incendio forestal que está destrozando todo o ecosistema das Fragas.
A desolación e o impactoson tales que durante toda a fin de semana a foi Trending Topic en Twitter coas etiquetas #SOSFragasdoEume e #Eume


V Televisión percorre o corazón queimado das Fragas do Eume


Neste artigo de La Voz de Galicia nos informan das razóns que levan a afirmar que As Fragas do Eume é o Mellor Bosque Atlántico Europeo, a recuperación e o perigo que hai a partires de agora.

Artigo interesante no que xa se denunciaba os perigos que corrían as Fragas
As Fragas do Eume durante os incendios
As Fragas do Eume antes dos incendios
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-04-2012 16:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Comenta
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:









Para calquera dúbida:
julianguede@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 FOTOBLOGOTECA
 
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Creado e administrado por Julián Guede Freire. Calquera dúbida: julianguede@gmail.com
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0