Música e máis


Onda Cero no cole
Onte pola mañá, o programa local de Onda Cero celebrouse no salón de actos do noso cole.
Para comezar coa celebración dos 25 anos da chegada dos Salesianos a Lugo tivemos a sorte de poder ver como se fai un programa de radio e escoitar ao noso director e ao Inspector dos Salesianos, a algúns profes, familias, alumnos, membros de Ateibo, da Fundación Juan Soñador, un representante da parroquia e da asociación de veciños da Milagrosa.
Puidemos coñecer dende unha breve historia da presencia salesiana no barrio ata a experiencia dos rapaces que levan connosco 11 e 13 anos.
Aínda que colgo o programa coma se fose un vídeo, non ten imaxe, o importante é o audio.

Por certo, Feliz Día de María Auxiliadora

https://docs.google.com/file/d/0B6b7c2rJMq4-UnE4bWxjMG1aem8/edit?usp=sharing
Programa de Radio
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-05-2013 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
Encuesta para cambiar el nombre
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-05-2013 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Poesía aleatoria
Para rematar a Semana do Libro, este venres fixemos un pequeno xogo cunha pequena condición: Só podes ver a última liña escrita, o resto ten que estar oculto.
A primeira liña foi extraída dunha serie de microrrelatos e o resultado foi moi divertido

1º poema
Un neno vomitaba o xeado de morango na beira da autoestrada
e un condutor pegoulle unha patada
a un vello que molaba
e aplastoulle unha lata
e rompéuselle a tapa
da bebida que tomaba
por ser alcohólica unha collexa levaba.

2º poema
Un neno vomitaba o xeado de morango na beira da autoestrada
mentres que camiñaba e cantaba
caíaselle a baba
e o bebé cagaba
mentres a súa nai miraba
unha fermosa fada
e pasou a súa amada
toda cagada
de caca esmagada.

3º poema
Un neno vomitaba o xeado de morango na beira da autoestrada
e pasou un coche e pisou a cala
e isto si que non molaba.
Mereceuse unha onda
e un queixo de bola
que comía na merendola
e colleu unha boa.

4º poema
Un neno vomitaba o xeado de morango na beira da autoestrada
e logo un can que pasaba fixo unha cagada
e despois comía mentres pensaba
que preferiría comer fabada
antes que pegarlle unha patada
corre sen ter parada
e unha mula foi atropelada.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-04-2013 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Día del Libro

Al celebrar el Día Mundial del Libro y del Derecho de Autor, la UNESCO tiene por objetivo promover la lectura, la industria editorial y la protección de la propiedad intelectual a través del derecho de autor.

El 23 de abril es una fecha simbólica para el mundo de la literatura. En ese día, en 1616, murió Miguel de Cervantes, William Shakespeare y el poeta Garcilaso de la Vega, El Inca. El 23 de abril es también la fecha de nacimiento de otros prominentes autores, como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla y Manuel Mejía Vallejo.

La UNESCO nos recomienda algunas iniciativas que podemos hacer para celebrar el Día del Libro.

Comparte las citas de tus autores favoritos en Twitter, usa el hashtag #DíadelLibro, y sigue la celebración especial en @UNESCO_es

Descarga desde internet los libros publicados hace más de 100 años, ¡son gratis!

Comparte tu pasión por un autor determinado y comparte uno de sus libros con la gente a tu alrededor

Aprovecha esta ocasión para descubrir algo diferente a lo que normalmente leas

Deja un libro en el banco de un parque, o en el asiento del metro, con una nota que diga ?Feliz Día del Libro?

¡Nunca tires un libro! Averigua como hacer llegar tus antiguos libros de texto y novelas a escuelas y bibliotecas de países que hayan sufrido algún tipo de desastre natura, o participa en redes de intercambio de libros o campañas para donarlos

Infórmate sobre derechos de autor: respetar estos derechos contribuye a la propagación del conocimiento y recompensa el trabajo de creadores y casas editoriales


Pero no podemos limitarlo al 23 de abril de cada año. TODOS LOS DÍAS tenemos que celebrar el Día del Libro
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-04-2013 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal
Con este montaxe tan bonito elaborado polos membros da Comisión "Armando o Belén" do noso cole, quero desexarvos Bo Nadal, Feliz Navidad, Merry Christmas....
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-12-2012 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Curso 2012/2013
Pois xa estamos de volta.
Despois de dous meses de vacacións, estamos de novo no cole.
Neste curso intentarei actualizar, como mínimo, semanalmente.
A primeira entrada do curso está adicada ao noso lema.

UNHA CASA PARA TI

Queremos que o cole sexa a vosa casa, o voso fogar. Así que a partires de hoxe, tedes unha razón máis para que vos sintades no cole igual que na vosa casa.

Polo tanto:
Benvidos á vosa casa
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-09-2012 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
El Arte Paleolítico más antiguo de Europa

Según ha publicado la prestigiosa revista Science, algunas de las obras rupestres de la cueva de Altamira y de otras cavernas del norte de la península se han convertido en la expresión artística más antigua de los seres humanos, quizás anterior a nuestra propia especie. Un nuevo método de datación ha permitido averiguar que la creatividad simbólica tiene más de 40.000 años y se ha encontrado en una zona donde por entonces habitaban los neandertales.

¿Fueron ellos los autores?
Esta pregunta, sin una confirmación por el momento, se refiere a la hipótesis que plantea la investigación que publica la revista 'Science' y que confirma que el arte rupestre es al menos 5.000 años anterior a lo que se pensaba hasta ahora.

Las evidencias de esta creatividad humana, sea o no de un 'sapiens', se han localizado en tres cuevas de las 11 investigadas.

Hasta ahora no era fácil datar estas pinturas prehistóricas, pero Alistair Pike (Universidad de Bristol) y su equipo (formado por investigadores españoles y portugueses) han desarrollado un método que mide los isótopos de uranio en las calcitas, una costra de milímetros que se ha ido depositando sobre las pinturas con el paso de los milenios.

En concreto, ahora, en la cueva El Castillo se ha determinado que algunas de las huellas de manos y discos rojos tienen al menos 40.800 años, lo más antiguo del mundo. En Altamira, encontraron que unas figuras claviformes (como hoy se pintan las gaviotas en la lejanía), en el Techo de los Polícromos, que tienen 35.600 años (10.000 más de lo que se creía); y en la cueva Tito Bustillo dos figuras humanas sencillas de entre 35.000 y 29.600 años. Todas ellas son Patrimonio de la Humanidad.

No todos los autores del trabajo defienden que las hicieran neandertales. El debate científico está servido. Si fueron los autores, ¿eran entonces los neandertales como nosotros, los 'sapiens'? ¿Qué nos hace especiales respecto a ellos? Para algunos de los autores, este hallazgo confirma que no había diferencias y que los neandertales acabaron por 'fusionarse' con los cromañones.

De momento, lo único confirmado es que durante 25.000 años, Altamira fue un lugar elegido por nuestros antepasados para dejar su huella creativa. Era un lugar especial del que no se perdió la memoria y que aún oculta muchos misterios sobre un pasado de encuentros y desencuentros entre una humanidad que iniciaba sus pasos y otra que daba sus últimos balbuceos.
Investigación Completa
Web de Altamira
Web El Castillo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-06-2012 16:33
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición Gallaecia Petrea na Cidade da Cultura

A exposición ?Gallaecia Petrea? inagurouse este venres no Museo da Cidade da Cultura de Galicia e permanecerá ata o 15 de decembro,
?Gallaecia Petrea? é un percorrido pola historia da arte e da cultura galegas a través da pedra
A exposición está dividida en seis áreas: Xeoloxía, Prehistoria, Roma, Medieval,

A partir do luns 17 de xuño, a entrada terá un custo xeral de 4 ?.
Os estudantes, familias numerosas, discapacitados, posuidores do carné xoven e grupos de máis de vinte persoas; pagarán só 2 ?
A entrada para os menores de 18 anos será de balde.

O horario de visita é de 11:00 a 20:00 horas.

Ademais, a Cidade da Cultura de Galicia ofrece un servizo de visitas guiadas de balde, que terán lugar todos os días en dúas quendas: 12:30 e 16:30 horas. No caso de grupos, é preciso realizar unha reserva a través do correo visitasmuseo@cidadedacultura.org ou no teléfono 881 99 51 72.

As pezas que integran esta exposición, algunhas de ata dez toneladas de peso, proceden de diferentes partes de Galicia, España e de Portugal. Na exposición, a pedra estará presente como elemento identitario, como elemento artístico e arquitectónico pero tamén como elemento de desenvolvemento, materia base dunha das industrias máis puxantes de Galicia (granito, lousa?).
Inclúe unha aproximación dende a xeoloxía, na que, a través de presentación didácticas, explorase a Gallaecia como territorio onde se poden atopar algunhas das rocas máis antigas da Península. Ademais, a mostra englobará dende un petroglifo, como elemento exclusivo que en todo o mundo só se ten atopado en Galicia.

Gallaecia Petrea, ademais dunha plataforma de excepción para dar a coñecer o patrimonio galego aos milleiros de visitantes que se agarda que pasen polo Museo de Galicia.

Gallaecia Petrea conleva a rehabilitación, limpeza e posta a punto dalgunhas das obras para poder exhibilas ao público na mellor das condicións, converténdose, deste xeito, nun proxecto de rehabilitación patrimonial e cultural.
Así, rehabilitaranse, por exemplo, obras da Catedral de Santiago de Compostela, do Museo Provincial de Lugo, da Catedral de Mondoñedo, da Catedral de Lugo, da Catedral de Tui e do Museo Provincial de Pontevedra.
Artigo sobre a exposición en hoyesarte
Gallaecia Petrea
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2012 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
Desastre medioambiental nas Fragas do Eume

As Fragas do Eume é un parque natural galego creado en 1997 e que abrangue máis de 9.000 hectáreas nas beiras do río Eume, ao longo de cinco concellos na provincia da Coruña.
Está tamén declarado como Lugar de Importancia Comunitaria, coincidindo os seus límites cos do parque natural.
O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das Fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.
Así eran as Fragas do Eume ata a semana pasada
E así está quedando
Dende esta fin de semana está a sufrir unha traxedia medioambiental por culpa dun incendio forestal que está destrozando todo o ecosistema das Fragas.
A desolación e o impactoson tales que durante toda a fin de semana a foi Trending Topic en Twitter coas etiquetas #SOSFragasdoEume e #Eume


V Televisión percorre o corazón queimado das Fragas do Eume


Neste artigo de La Voz de Galicia nos informan das razóns que levan a afirmar que As Fragas do Eume é o Mellor Bosque Atlántico Europeo, a recuperación e o perigo que hai a partires de agora.

Artigo interesante no que xa se denunciaba os perigos que corrían as Fragas
As Fragas do Eume durante os incendios
As Fragas do Eume antes dos incendios
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-04-2012 16:26
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal

Xa estamos rematando o ano. O Nadal é moito máis que vacacións, comidas familiares e regalos.
Para os máis pequenos o Nadal é sinónimo de vacacións, durmir ata tarde e recibir moitos regalos.
Para a meirande parte da mocidade, son unhas datas para o reencontro cos amigos que traballan ou estudan lonxe.Fundamentalmente para ver ós amigos que non vemos durante todo o ano.
Pero, ¿que é o Nadal?¿non é unha festa e unhas datas de ledicia, paz, solidariedade?
Pois para amenizar estas festas, deixo un dos villancicos que cantaron os rapaces e rapazas de 4ºA de Primaria do colexio Salesianos Divina Pastora de Lugo.
É un villancico fermsísimo,cunha letra que expresa o que é o Nadal e ademais é musicalmente moi bo. O villancico chámase "Ven a Cantar". Deixo dous videos (a versión normal e a versión karaoke). Se queredes a letra pinchade aquí
Unha aperta a tod@s, Bo Nadal e Feliz 2012

Versión Normal




Versión Karaoke


Se queredes ver o video orixinal de "La Hermandad" pinchade aquí. É un villancico que se converteu en clásico latino.
Letra Ven a Cantar
Video con letra
Video Karaoke
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-12-2011 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]









Para calquera dúbida:
julianguede@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 FOTOBLOGOTECA
 
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Creado e administrado por Julián Guede Freire. Calquera dúbida: julianguede@gmail.com
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0