Educacionfisicanajorgejuan


Proxecto deportivo de centro escolar de Educacion primaria e secundaria

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Psicomotricidade
Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Infantil acudiron a unha xornada de psicomotricidae no pavillón do colexio Ponte de Xubia alí pasaron unha xornada moi divertida, explorando un montón de material, escalando, bailando, cantando e creando escondites secretos con teas máxicas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2018 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Pazo da cultura de Narón
O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria acudíu ao Pazo de cultura de Narón, alí aprenderon moitísimo da música e dos bailes tradicionais galegos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2018 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Show your talent
Organizamos o último día do trimestre este apaixoante concurso onde o alumnado presentou ante os seus compañeiros/as os seus talentos, tivemos maxia, bailes, cancións, monólogos...
Sorprendeunos moitísimo a súa creatividade!
Preciosa iniciativa!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2018 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Cortometraxe Educación Vial
Os nenos e nenas de educación primaria fixeron un video sobre os Camiños Escolares Seguros, este video era a presentación das rutas saudables que recorren os noso escolares para vir o centro, fixeron de guionistas, actores/as, directores/as para enviar o video a un concurso de educación vial. Sorte!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2018 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Flas move
O 22 de marzo celebramos os día da Auga bailando a canción de "Lluvia" de Lucrecia, esta actividade forma parte do programa Móvete+, o alumnado aprendeu a coreografía na área de Educación Física e logo fixeron de profes dos seus titores e familares que nos acompañaron neste baile conxunto no patio do colexio.
Despois do baile fixemos unha saída pola ribeira da ría de Xubia.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2018 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Saida en bici ata o Muiño das Aceñas
Os alumnos e alumnas de 4º e 5º de educación primaria fixeron unha saída en bicicleta ata o Muiño das Aceñas, acompañadas por alumnado de educación secundaria que fixeron de vixiantes de seguridade no camiño e alí déronlles unha charla sobre a historia do muiño.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2018 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0