Educacionfisicanajorgejuan


Proxecto deportivo de centro escolar de Educacion primaria e secundaria

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Educación Infantil visita o Muiño de Pedroso
O venres 27 de outubro os nenos e nenas de educación infantil visitaron o muiño de Pedroso e aproveitaron para disfrutar de xogos nos arredores do muiño onde puideron disfrutar das follas e demais vexetación do outono.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Volta a ría
Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria e as súas familias que nos puideron acompañar, tiveron unha saída en bicicleta polos arredores da ría de Xubia o luns 23 de outubro.
Pasamos polo concello de Neda ata chegar ao mosteiro do Couto onde fixemos unha parada para descansar, de alí ata o colexio de novo atravesando parte do camiño de Santiago inglés que pasa preto do noso centro.
Acompañounos o equipo de educación vial do concello de Narón e Protección Civil tamén deste concello.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Visita a Aldea Nova 1º, 2º, 3º e 4º
Era o turno para visitar Aldea Nova os máis pequenos, alí fixeron diferentes talleres rekacionados coa natureza, apicultura, xabóns e xogos populares aproveitando as magníficas instalacións e recursos dispoñibles.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 18:10
# Ligazón permanente a este artigo
Taller de Bicicletas
O mércores 18 de outubro os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria tiveron un taller de mecánica da bicicleta impartido polo Equipo de Educación Vial do Concello de Narón.
Aprenderon a coidar as súas bicicletas a través de contidos de mantemento e seguridade viaria.
En definitiva a ser un bo ciclista o que axuda tamén a coidar as nosas cidades.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Visita a Aldea Nova
O venres 13 de outubro os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria visitaron o parque de Aldea Nova e alí realizaron un montón de actividades en plena natureza: xogos populares, taller de pan e equitación.
Aldea Nova é un parque temático no Concellode Narón.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
Decálogo do uso do material deportivo
Este curso escolar os nenos e nenas de 6º de primaria encargaranse do baúl de material deportivo que temos a disposición de todo o alumnado nos recreos.
A través de equipos cooperativos organizarán o seu uso e mantemento.
Entre eles e elas decidiron organizar as diferentes funcións:
- Elaborar un decálogo de normas
- Anotar e rexistrar que colle material
- Mantemento
- Coller e gardar o baúl do vestiario

Esperemos que isto sirva para un mellor coidado e respeto do material deportivo do colexio.
Ademais de fomentar as actividades deportivas nos recreos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Xunt@s saltamos máis lonxe!
Durante tres semanas levaremos a cabo unha tarefa integrada de saltos atléticos así que para chegar máis lonxe realizaremos as sesións prácticas no pavillón do colexio Ponte de Xubia e así compartir experiencias e desenvolver a función social da área de Educación Física tan importante para as súas relacións persoais.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades extraescolares
Este curso escolar 2017/2018 ofertamos como vimos facendo fai tempo actividades extraescolares relacionadas coa actividade física e impartidas polo noso profesorado.
Ademais este curso como novidade teremos Judo os xoves impartido por un adestrador da federación galega de Judo.
Estes son horarios, animádevos a participar:

Luns: psicomotricidade e pandeireta
Martes: duatlón e escola de bicis para educación infantil.
Mércores: Ecovixias, actividade relacionada co programa Voz Natura.
Xoves: Judo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
Semana Europea da Movilidade
O venres 22 de setembro celebramos o día da movilidade cunha saída en patins, patinete ou bicicleta polo paseo de Xubia ata o muiño das Aceñas tamén en Xubia.
Os compañeiros de 5º de primaria do colexio Ponte de Xubia tamén nos acompañaron nesta saída, así que trasladamos a clase de Ciencias Sociais e Naturais á rúa e visitamos o único muiño de mareas do noso concello. Este tipo de actividades son moi enriquecedoras e significativas, ademais de saudables. Interdisciplinariedade a tope!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
Community impact Nike
A empresa Nike dedícase a organizar eventos en todos os colexios de primaria do mundo co obxectivo de promocionar a actividade física e combatir a obesidade.
Obxectivo que comparte co noso centro, así que o luns 18 de setembro acudiron ao noso centro para vivir unha xornada deportiva.
Compartimos esta actividade cos nosos veciños, o colexio Ponte de Xubia e pasamos unha mañá moi enriquecedora ademáis de deportiva.
A actividade foi dirixida aos cursos de 2º e 3º de primaria, en total 83 nenos e nenas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0