Educacionfisicanajorgejuan


Proxecto deportivo de centro escolar de Educacion primaria e secundaria

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Camiños Escolares Seguros
O día 4 de outubro o equipo de Educación Vial do Concello de Narón acudiu a o noso centro para ter unha charla coas familias interesadas no proxecto de camiños seguros.
Unha iniciativa do concello para que os nenos e nenas de primaria acudan de forma autónoma ó colexio.
Van camiñando solos ou en compañía de adultos ou doutros escolares cos que se van atopando nos diferentes puntos de encontro que se atopan ao longo de cada itinerario.
O alumnado participante reibirá un carné identificativo, un chaleco reflectante e recibirá premios da agrupación de comerciantes de Narón e do padroado de cultura.

Ademáis explicaron a creación de aparcamentos disuasorios a uns metros do centro e novas medidas de circulación na rúa Marcial Calvo para evitar os atascos e carabanas nas entradas e saidas ao centro.

Finalmente
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2016 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza o Duatlón escolar !
Este curso escolar 2016 /2017 temos como novidade no colexio a extraescolar de Duatlón, unha actividade enfocada á mellora das habilidades na conducción da bicicleta, a coñecer as normas básicas de educación vial, ademáis de iniciarse xogando nas carreiras de resistencia.

Os alumnos participarán en tres modalidades deportivas escolares a través do programa xogade: campo a través, atletismo en pista e duatlón.

A actividade a levaremos a cabo os martes de 16:00 a 17:00, quedamos no patio do colexio, pero a actividade a realizaremos no paseo de Xubia, así que será necesario o uso do chuvasqueiro e ropa de cambio os días de choiva.
Contamos tamén con varios familiares que nos axudarán nas saídas.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2016 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
Taller de mecánica e Seguridade Vial
O xoves 27 de outubro tivemos un taller de bicicletas para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.
O equipo de Educación Vial do Concello de Narón xunto co responsable e entrenador da sección de triatlón do club Naútico de Narón, acudiron ao centro e organizaron un taller de mecánica moi útil, traballamos a través dun circuito os cambios na bicicleta e os usos dos piñóns e platos da bicicleta que tanto lles custa.
Ademáis fixeron unha charla sobre seguridade vial, coñecemento das diferentes sinais e normas de circulación que teñen que seguir como ciclistas e como peóns.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-11-2016 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0