Proxecto deportivo de centro escolar de Educacion primaria e secundaria |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Las Escuelas de la Milla |
|
Neste curso escolar o alumnado de 3º a 6º de educación primaria participa na 1ª edición do Programa de educación para a Saúde " Las Escuelas de la Milla", cuxo obxectivo é promover a actividade física entre o alumnado de primaria para combatir a obesidade infantil e o sobrepeso.
Estar en forma pode ser moi divertido co reto que se propón no Programa.
A actividade Física que promove este programa ten innumerables vantaxes e beneficios, tanto para o alumnado como para familias e profesorado:
- Mellora a saúde física, emocional e o benestar do alumnado.
- É unha actividade divertida, social e que promove o compañeirismo.
- Axuda a mellorar o rendemento, o estado de ánimo e a concentración.
- É fácil de implementar e divertido de facer.
- Tárdase so uns minutos dende que salen da aula ata que regresan.
- O alumnado volve a clase máis fresco, o que mellora a súa concentración e rendemento.
- A actividade realizase nun entorno seguro e protexido.
- A educación para a saúde forma parte do currículo escolar.
O obxectivo é axudar ao alumnado a percorrer unha milla diaria.
Metodoloxía:
- Outubro: 1 milla semanal
- Novembro: 2 millas semanais
- Decembro: 3 millas semanais
- Xaneiro: 4 millas semanais
- Febreiro: 5 millas semanais
A milla diaria será o noso Reto!
|
|
|
|
Xornada de Atletismo no Estadio de Atletismo de Naron |
|
O club Atletismo Naron invitounos a pasar unha xornada con eles para facer Atletismo , ademais de coñecer e practicar as diferentes modalidades deste Deporte , tamen coñecimos as suas instalacions e horarios de adestramento.
Aproveitamos o bo tempo para vir ao Estadio en bicicleta, asi aforramos o diñeiro do bus e contaminamos menos, ata as pistas acompañounos Proteccion civil e o equipo de Educacion vial de Naron. Ademais levamos dous axudantes para prevenir accidentes no camiño: Desire e Sergio, dous alumnos de Secundaria que nos votaron unha man. |
|
|
|
|
|