Educacionfisicanajorgejuan


Proxecto deportivo de centro escolar de Educacion primaria e secundaria

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Actividades extraescolares
Este curso escolar 2017/2018 ofertamos como vimos facendo fai tempo actividades extraescolares relacionadas coa actividade física e impartidas polo noso profesorado.
Ademais este curso como novidade teremos Judo os xoves impartido por un adestrador da federación galega de Judo.
Estes son horarios, animádevos a participar:

Luns: psicomotricidade e pandeireta
Martes: duatlón e escola de bicis para educación infantil.
Mércores: Ecovixias, actividade relacionada co programa Voz Natura.
Xoves: Judo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
Semana Europea da Movilidade
O venres 22 de setembro celebramos o día da movilidade cunha saída en patins, patinete ou bicicleta polo paseo de Xubia ata o muiño das Aceñas tamén en Xubia.
Os compañeiros de 5º de primaria do colexio Ponte de Xubia tamén nos acompañaron nesta saída, así que trasladamos a clase de Ciencias Sociais e Naturais á rúa e visitamos o único muiño de mareas do noso concello. Este tipo de actividades son moi enriquecedoras e significativas, ademais de saudables. Interdisciplinariedade a tope!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
Community impact Nike
A empresa Nike dedícase a organizar eventos en todos os colexios de primaria do mundo co obxectivo de promocionar a actividade física e combatir a obesidade.
Obxectivo que comparte co noso centro, así que o luns 18 de setembro acudiron ao noso centro para vivir unha xornada deportiva.
Compartimos esta actividade cos nosos veciños, o colexio Ponte de Xubia e pasamos unha mañá moi enriquecedora ademáis de deportiva.
A actividade foi dirixida aos cursos de 2º e 3º de primaria, en total 83 nenos e nenas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
Reeencontros moi saludables
Comezamos o curso 2017/2018 con moita ilusión, con moitas ganas de aprender deportes alternativos novos, de percorrer a nosa milla en bici, correndo ou a pé.
Con novos obxectivos: talleres de nutrición, visitas de deportistas profesionais e un novo proxecto "Auga " que implica tamén a toda a comunidade educativa e que esperamos nos leve a coñecer e practicar deportes de auga!!!
Benvidos/as comezamos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
ESTADÍSTICA SOBRE O DEPORTE NO COLEXIO JORGE JUAN DE XUVIA
Realizamos un estudio estadístico do deporte que practican os alumnos do colexio Jorge Juan. Para isto fíxemoslles unha serie de preguntas aos alumno/ass:

· Deporte ou actividad física que practican.

· Horario.

· Total de horas semanais.

· Entidade deportiva na que o practican.

· Localidade á que pertenece esa entidade.

A parte, medíronse as pulsacións dos alumnos tras unha carreira de 1600 metros, para estudiar tamén ditos valores.

Todos estos datos os imos a analizar e interpretar.

Este traballo foi realizado polos alumnos de 4º da ESO, na asignatura de "Matemáticas Aplicadas".

Cos datos obtidos fixemos unha tabla xeral donde se guardan todos os datos. A partir desta tabla iremos facendo diferentes estudios collendo distintas variables, ordenando e agrupando os datos en función das súas frecuencias absolutas e relativas.

Dos datos obtidos facemos unha representación gráfica para facernos unha idea cualitativa deles, usando o diagrama de barras e o gráfico de sectores.

A continuación, hallamos as medidas de centralización (media, mediana e moda) para obter números de referencia que reflexen as tendencias dos datos. Tamén calcularemos as medidas de posición (cuartiles), que dividen o conxunto de datos en catro partes co mesmo número de datos. Por último, calculamos as medidas de dispersión (varianza, desviación típica, rango e coeficiente de variación) para saber cómo de alexados están los datos obtidos da súa media.

Como conclusión final, dos 123 alumnos aos que lle fixemos o estudio estadístico o 60% fai deporte e o 40% non fai nada de deporte.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-06-2017 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Gala de Deporte
I Gala do Deporte Jorge Juan, na que premiamos aos alumnos e alumnas que destaquen nun deporte, pero que ademáis obteñan bos resultados académicos e demostren valores de ?deporte limpio?.
Nesta actividade colaboraron os clubs da comarca, a concellería de deportes de Narón e o Departamento de Educación Física e de Matemáticas do centro.
Primeiro realizamos unhas encuestas a todo o alumnado para coñecer os seus hábitos deportivos: que deporte ou actividade física regulada e federada realizan despois de clase, cantas horas e a que club ou entidade pertenecen.

Unha vez tivemos as respostas, por un lado iniciamos os contactos cos clubs e entidades e por outro lado os alumnos e alumnas de Matemáticas Aplicadas rexistraron os datos das horas que realizan deporte o noso alumnado, para poder analizar e comparar nun futuro.

Na clase de Promoción de estilos de vida saudables elaboraron as encuestas que tiveron que responder os responsables de cada club ou entidade, as preguntas están relacionadas con actitudes positivas de respecto á hora de entrenar e competir.
Por parte do centro valorouse a nota media da segunda evaluación e tamén aspectos actitudinais, de valores e normas na clase de Educación Física.

Recibiron un diploma os mellores deportistas de cada curso desde 2º de Primaria a 4º de ESO. E un trofeo a gañadora de todo o centro por acadar a máxima puntuación.

Entregou os premios a exalumna Claudia Rojo Cazorla, campiona nacional de atletismo en varias categorías e internacional varias veces que ademáis recibiu este ano o premio a mellor estudante da universidade de Wichita donde estudia cunha beca deportiva.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-06-2017 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Flashmove
O terceiro trimestre cambiamos a milla polo baile e todos os días comezábamos as clases bailando unha coreografía conxunta , este curso nos decidimos por Thalia e a canción ?Arrasando?.
Aprendimos as coreografías nas clases de Educación Física e Música e logo os alumnos de cada curso comprometéronse a ensinarlle as coreografías aos seus titores no centro escolar e ás familias na casa.
O día de fin de curso bailamos todos e todas xuntos como xa é tradición.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-06-2017 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de fin de curso 2017
Viaxamos ao pasado e investigamos o debuxos que apaioxaban aos nosos pais e nais, atopamos a un personaxe moi especial: Willy Fog, un león inglés que quería dar a volta ao mundo en 80 días.
Así que decidimos contarlle esta historia aos nosos pequenos de infantil e primaria, logo cada curso fixo un baile dun país diferente para o festival de fin de curso e así disfrutar desta volta ao pasado coas familias.
Educación Infantil representou a África, 1º e 2º de primaria a Italia, 3º a España, 4º a Brasil, 5º a Arxentina e 6º a Estados Unidos.

Un baile precioso que traballamos nas clases de Educación Física e Música e que saiu fenomenal.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-06-2017 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Marcha ciclista escolar
O 16 de Xuño participamos na Marcha ciclista escolar organizada polo Equipo de Educación Vial do Concello Narón.
Todos os colexios fixemos un recorrido pola estrada de Castela, avenida principal de Narón para finalizar no paseo de Xuvia.
Alí merendamos cos compañeiros e compañeiros do resto de centros de Narón e finalizamos cunha sesión moi divertida de Batuka.
Este ano participaron 1100 nenos e nenas de todos os centros do Concello, de 3º a 6º de primaria participamos nesta marcha ciclista na que nos acompañaron varias familias e membros da ANPA.
Ademáis 6 alumnos de secundaria acompañaron aos que tiñan máis dificultades para seguir o ritmo da marcha.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-06-2017 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Excursión a Gandarío
Despois dun curso escolar repleto de actividade física e saúde, que mellor que pechar o curso cunha excursión moi saudable.

Os días 7 e 8 de xuño estivemos en Gandario e Sada. Aloxámonos no albergue de gandario no complexo xuvenil as mariñas, un lugar con amplas zonas verdes, enfrente da praia de Gandario e con multitude de instalacións deportivas: campos de fútbol, baloncesto, tenis, tenis de mesa e voleibol.

O día 7 visitamos o concello de sada e os seus contornos, o paseo marítimo, o porto, as antigas rúas de pescadores.
Finalizamos cunha ruta de sendeirismo: Ruta da Costa Doce:
A ruta da Costa Doce é un itinerario de gran beleza que recorre boa parte da costa de Sada.

Os camiños polos que discurre esta ruta, homologada pola Federación Galega de Montañismo, están moi cerca da costa.
Ademáis, ao largo do recorrido, atravésanse bosques de castiñeiros, robles e bosques mixtos.

Pola ruta descubrimos un montón de calas donde disfrutamos de largos chapuzóns.





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-06-2017 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [12]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0