Educacionfisicanajorgejuan


Proxecto deportivo de centro escolar de Educacion primaria e secundaria

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xornadas intercentros
Un ano máis celebramos unhas xornadas de brilé no noso patio, o luns 13 de novembro visitounos o colexio Piñeiros do concello de Narón, de 3º a 6º nos agrupamos por cores e non por centros e xogamos dúas horas para acabar merendando todos xuntos no paseo de Xubia.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
A saúde en todas as políticas
Eva e María José representaron ao noso centro nas II xornadas sobre A saúde en todas as políticas. A profe de educación Física, Eva, participou como poñente na actividade "O teu proxecto en dez minutos", na que falou desde a súa experiencia como coordinadora do proxecto deportivo de centro pertencente ao programa de innovación "Plan Proxecta" no que participamos. As xornadas tiñeron lugar na EGAP de Santiago de Compostela.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
Cardioescolas
Este curso escolar o centro coordina un grupo de traballo a través do centro de formación do profesorado de Ferrol chamado Cardioescolas.
O noso obxectivo e seguir avanzando na promoción de hábitos de vida saudables.
Neste grupo participan 4 profesores do noso centro, 2 profesores doutros centros do concello de Narón, un médico do concello de Narón e un traballador do Cefore Licenciado en INEF.
Levaremos a cabo unha metodoloxía de aprendizaxe e servizos, aproveitando os recursos da nosa comunidade para atallar os problemas de sobrepeso da nosa comunidad educativa.
http://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/programa-100000-motivos-peso-naron-llega-colegios/20
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
Educación Infantil visita o Muiño de Pedroso
O venres 27 de outubro os nenos e nenas de educación infantil visitaron o muiño de Pedroso e aproveitaron para disfrutar de xogos nos arredores do muiño onde puideron disfrutar das follas e demais vexetación do outono.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Volta a ría
Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria e as súas familias que nos puideron acompañar, tiveron unha saída en bicicleta polos arredores da ría de Xubia o luns 23 de outubro.
Pasamos polo concello de Neda ata chegar ao mosteiro do Couto onde fixemos unha parada para descansar, de alí ata o colexio de novo atravesando parte do camiño de Santiago inglés que pasa preto do noso centro.
Acompañounos o equipo de educación vial do concello de Narón e Protección Civil tamén deste concello.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Visita a Aldea Nova 1º, 2º, 3º e 4º
Era o turno para visitar Aldea Nova os máis pequenos, alí fixeron diferentes talleres rekacionados coa natureza, apicultura, xabóns e xogos populares aproveitando as magníficas instalacións e recursos dispoñibles.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 18:10
# Ligazón permanente a este artigo
Taller de Bicicletas
O mércores 18 de outubro os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria tiveron un taller de mecánica da bicicleta impartido polo Equipo de Educación Vial do Concello de Narón.
Aprenderon a coidar as súas bicicletas a través de contidos de mantemento e seguridade viaria.
En definitiva a ser un bo ciclista o que axuda tamén a coidar as nosas cidades.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Visita a Aldea Nova
O venres 13 de outubro os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria visitaron o parque de Aldea Nova e alí realizaron un montón de actividades en plena natureza: xogos populares, taller de pan e equitación.
Aldea Nova é un parque temático no Concellode Narón.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
Decálogo do uso do material deportivo
Este curso escolar os nenos e nenas de 6º de primaria encargaranse do baúl de material deportivo que temos a disposición de todo o alumnado nos recreos.
A través de equipos cooperativos organizarán o seu uso e mantemento.
Entre eles e elas decidiron organizar as diferentes funcións:
- Elaborar un decálogo de normas
- Anotar e rexistrar que colle material
- Mantemento
- Coller e gardar o baúl do vestiario

Esperemos que isto sirva para un mellor coidado e respeto do material deportivo do colexio.
Ademais de fomentar as actividades deportivas nos recreos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Xunt@s saltamos máis lonxe!
Durante tres semanas levaremos a cabo unha tarefa integrada de saltos atléticos así que para chegar máis lonxe realizaremos as sesións prácticas no pavillón do colexio Ponte de Xubia e así compartir experiencias e desenvolver a función social da área de Educación Física tan importante para as súas relacións persoais.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [12]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0