Educacionfisicanajorgejuan


Proxecto deportivo de centro escolar de Educacion primaria e secundaria

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gala do deporte de Narón
Coma todos os anos o Padroado de deportes de Narón celebra unha gala para premiar aos mellores deportistas do noso concello, entre eles e elas temos o privilexio de contar con moitos alumnos/as.
Noraboa a tod@s, felicidaees por facer do deporte un estilo de vida e moita sorte nesta tempada, vos desexamos moitos éxitos deportivos e moita felicidade.
Os premiados foron:
Nayara Piñeiros: 6º Primaria
Paola López: 2º ESO
Demba Sanyang: 3º ESO
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
Recreos activos Secundaria
Este curso escolar o profesorado de secundaria quere promocionar a actividade física nos recreos.
Aqueles alumnos e alumnas que prefiran camiñar a xogar unha partida, teñen unha cita todos os recreos para baixar ao paseo de Xubia e recorrer 1609 pasos, o que equivale a unha milla.
Estupenda iniciativa para promocionar hábitos de vida saudable nos tempos de ocio do noso alunado!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Visita ao parque do Pasatempos de Betanzos
O pasado luns 18 de decembro os nenos e nenas de educación primaria e infantil visitaron o parque do Pasatempos de Betanzos. Viñeron encantados de cumplir unha tradición navideña moi saudable!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
Judo no cole
Hoxe alumnos e alumnas da actividade de JUDO participaron en Fene no XII Torneo de Minikatas de Ferrolterra. Moi boa organización. Noraboa a tod@s!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Pintando cos pés
Os nenos e nenas da clase de tres anos fixeron un precioso mural de pegadas pintado cos pés.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
Charla Fútbol
Dentro do programa de Xogade "Coñece o meu club", este martes 5 de decembro tievmos unha charla sobre as escolas de base de fútbol para 3º e 4º de educación primaria.
A charla foi dirixida polo presidente e os coordinadoradores do Club Deportivo Narón.
A charla foi moi interesante pero ademáis organizamos unha visita para marzo as súas instalacións.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
Empezamos a tempada de campo a través
Os nosos atletas de fondo teñen unha cita este sábado nos arredores da Malata para correr o primeiro cross da tempada, esta será a primeira das catro carreiras que conforman o circuito ferrolán de carreiras populares e que ademáis servirá o último encontro para clasificarse de cara ao provincial e o galego desta modalidade deportiva. Sorte a todos e todas!
Mais adiante poñeremos neste artigo os resultados das carreiras.
I Xornada do circuito
II xornada do circuito
III Xornada do circuito
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
Taller de defensa persoal para Mulleres
Dentro das actividades arredor do 25N, Día da non Violencia contra a Muller, atópase esta charla e taller de autoprotección para mulleres. Esperámosvos a todas o venres 1 de decembro, inscripcións de balde na secretaría ata o xoves 30 de novembro.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Visibilidade da muller no deporte
A nosa forma de celebrar o Día da violencia de xénero é traballar a visibilidade da muller no deporte, así que o martes 21 de novembro visitaron o centro algunhas xogadoras do Star Center Universitario de Ferrol, entre elas Bea Gómez e María Araujo internacionais coa selección española o ano pasado e campionas de Europa.
Éxitos que non coñecía o noso alumnado de Secundaria, quenes recibiron unha interesante charla destas xogadoras sobre todos os beneficios do deporte.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
Día Universal da Infancia
O 20 de Novembro celebramos unha carreira solidaria en conmemoración do día universal da infancia.
Os nenos e nenas de 6º de primaria encargáronse da organización da carreira: búsqueda de información sobre ONG adicadas a creación de pozos de auga, contacto con Save the Children, cartelería e organización da carreira ao resto da comunidade educativa.
Os nenos e nenas de 2º fixeron os dorsais dentro da área de matemáticas.
A carreira foi todo un éxito, participaron alumn@s, familias e profesorado.
Acadamos 588 euros e como sempre dicimos: Xuntos somos máis fortes!
Aquí podedes ver o enlace de youtube
https://www.youtube.com/watch?v=zT8_Be6PU5U&sns=fb
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2018 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0