Educacionfisicanajorgejuan


Proxecto deportivo de centro escolar de Educacion primaria e secundaria

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comeza o Duatlón escolar !
Este curso escolar 2016 /2017 temos como novidade no colexio a extraescolar de Duatlón, unha actividade enfocada á mellora das habilidades na conducción da bicicleta, a coñecer as normas básicas de educación vial, ademáis de iniciarse xogando nas carreiras de resistencia.

Os alumnos participarán en tres modalidades deportivas escolares a través do programa xogade: campo a través, atletismo en pista e duatlón.

A actividade a levaremos a cabo os martes de 16:00 a 17:00, quedamos no patio do colexio, pero a actividade a realizaremos no paseo de Xubia, así que será necesario o uso do chuvasqueiro e ropa de cambio os días de choiva.
Contamos tamén con varios familiares que nos axudarán nas saídas.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2016 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
Taller de mecánica e Seguridade Vial
O xoves 27 de outubro tivemos un taller de bicicletas para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.
O equipo de Educación Vial do Concello de Narón xunto co responsable e entrenador da sección de triatlón do club Naútico de Narón, acudiron ao centro e organizaron un taller de mecánica moi útil, traballamos a través dun circuito os cambios na bicicleta e os usos dos piñóns e platos da bicicleta que tanto lles custa.
Ademáis fixeron unha charla sobre seguridade vial, coñecemento das diferentes sinais e normas de circulación que teñen que seguir como ciclistas e como peóns.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-11-2016 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
Las Escuelas de la Milla
Neste curso escolar o alumnado de 3º a 6º de educación primaria participa na 1ª edición do Programa de educación para a Saúde " Las Escuelas de la Milla", cuxo obxectivo é promover a actividade física entre o alumnado de primaria para combatir a obesidade infantil e o sobrepeso.

Estar en forma pode ser moi divertido co reto que se propón no Programa.

A actividade Física que promove este programa ten innumerables vantaxes e beneficios, tanto para o alumnado como para familias e profesorado:
- Mellora a saúde física, emocional e o benestar do alumnado.
- É unha actividade divertida, social e que promove o compañeirismo.
- Axuda a mellorar o rendemento, o estado de ánimo e a concentración.
- É fácil de implementar e divertido de facer.
- Tárdase so uns minutos dende que salen da aula ata que regresan.
- O alumnado volve a clase máis fresco, o que mellora a súa concentración e rendemento.
- A actividade realizase nun entorno seguro e protexido.
- A educación para a saúde forma parte do currículo escolar.

O obxectivo é axudar ao alumnado a percorrer unha milla diaria.

Metodoloxía:

- Outubro: 1 milla semanal
- Novembro: 2 millas semanais
- Decembro: 3 millas semanais
- Xaneiro: 4 millas semanais
- Febreiro: 5 millas semanais

A milla diaria será o noso Reto!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-10-2016 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada de Atletismo no Estadio de Atletismo de Naron
O club Atletismo Naron invitounos a pasar unha xornada con eles para facer Atletismo , ademais de coñecer e practicar as diferentes modalidades deste Deporte , tamen coñecimos as suas instalacions e horarios de adestramento.

Aproveitamos o bo tempo para vir ao Estadio en bicicleta, asi aforramos o diñeiro do bus e contaminamos menos, ata as pistas acompañounos Proteccion civil e o equipo de Educacion vial de Naron. Ademais levamos dous axudantes para prevenir accidentes no camiño: Desire e Sergio, dous alumnos de Secundaria que nos votaron unha man.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-10-2016 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0