Educacionfisicanajorgejuan


Proxecto deportivo de centro escolar de Educacion primaria e secundaria

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gala de Deporte
I Gala do Deporte Jorge Juan, na que premiamos aos alumnos e alumnas que destaquen nun deporte, pero que ademáis obteñan bos resultados académicos e demostren valores de ?deporte limpio?.
Nesta actividade colaboraron os clubs da comarca, a concellería de deportes de Narón e o Departamento de Educación Física e de Matemáticas do centro.
Primeiro realizamos unhas encuestas a todo o alumnado para coñecer os seus hábitos deportivos: que deporte ou actividade física regulada e federada realizan despois de clase, cantas horas e a que club ou entidade pertenecen.

Unha vez tivemos as respostas, por un lado iniciamos os contactos cos clubs e entidades e por outro lado os alumnos e alumnas de Matemáticas Aplicadas rexistraron os datos das horas que realizan deporte o noso alumnado, para poder analizar e comparar nun futuro.

Na clase de Promoción de estilos de vida saudables elaboraron as encuestas que tiveron que responder os responsables de cada club ou entidade, as preguntas están relacionadas con actitudes positivas de respecto á hora de entrenar e competir.
Por parte do centro valorouse a nota media da segunda evaluación e tamén aspectos actitudinais, de valores e normas na clase de Educación Física.

Recibiron un diploma os mellores deportistas de cada curso desde 2º de Primaria a 4º de ESO. E un trofeo a gañadora de todo o centro por acadar a máxima puntuación.

Entregou os premios a exalumna Claudia Rojo Cazorla, campiona nacional de atletismo en varias categorías e internacional varias veces que ademáis recibiu este ano o premio a mellor estudante da universidade de Wichita donde estudia cunha beca deportiva.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-06-2017 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0