Educacionfisicanajorgejuan


Proxecto deportivo de centro escolar de Educacion primaria e secundaria

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Curso sobre DAFIS
O sábadfoo 12 de novembro o profesorado do departamento de Educación Física acudiu a un curso no Cefore sobre o uso da plataforma DAFIS.

DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable), unha ferramenta elaborada ao abeiro do PLAN GALICIA SAUDABLE promovido pola Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte, para facilitarlle aos profesionais do ámbito da actividade física e do deporte a valoración da condición física dos seus alumnos/as.
Galicia Saudable, no marco do ?Plan Proxecta? da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, está implementando tres programas educativos (Xogade, Máis e Mellor Actividade Física e Proxecto Deportivo de Centro) entre o alumnado galego co obxectivo de fomentar que adquiran e consoliden unha vida activa e saudable. Unha das actuacións contempladas nestes programas educativos é a valoración da condición física saudable do alumnado.
Os protocolos de valoración da condición física saudable contemplados en DAFIS pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa saúde e permite coñecer en qué estado físico se atopa a persoa para decidir cales son os aspectos que precisan mellorar e cales non. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguemento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades.

O curso celebrouse en xornada de mañá cunha participación de 30 profesores/as de Educación Física.

Nos próximos meses chegará ao noso centro o material necesario para evaluar a condición física do alumnado, que esperamos que sexa unha experiencia moi positiva de cara a lograr ese obxectivo da mellora dos hábitos de vida saudables.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-11-2016 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0