|
|
|
|
Tempo de outono |
|
 Coas primeiras chuvias baixa a temperatura e entra de feito o outono.
O único que boto en falta son as anduriñas, tanto as comúns como as de cú branco, outras viaxeiras, como poupas, cucos, etc, non as estrano tanto. |
|
|
|
Multicultura e biodiversidade |
|
 Un acto importantísimo para o noso país, o I Congreso da Educação Ambiental nos Países Lusófonos e Galiza. O máis importante deste congreso é a participación de 9 países, a maioría da lusofonía:
Brasil, Cabo verde, Guinea Bissau, Sto Tomé e Príncipe, Angola, Moçambique, Timor, Portugal, Galiza e España. Alí a Galiza estaba representada en igualdade de condicións que o resto dos países e facía sentirnos unha nación realmente.
Había xentes dos gobernos, profisionais e das ONG, algo impresionante e que nos facía sentir moi solidarios entre as iniciativas de tod@s.
O máis fantástico era como nas discusións, con todas as nosas carencias en temas ambientais, alguén de cor nos dicía: Oes!! Iso que dis da conservaçao na Europa está moi ben, mais na Africa nao é assim, lá nao há aínda comida na mesa todos os días(nen sequer há prato)!!.
Ese é o principal problema da conservación alí, se comen aos dugóns, anque sexan especies protexidas.
Non se pode disociar conservación e desenvolvemento, está a dicir agora en directo
Tomane Camará da ONG Acçao para o desenvolvemento. Guinea Bissau.
Unha cousa moi curiosa e moi bonita, a presentación na mesa de Educación Ambiental e Biodiversidade do traballo da Mariana Conceição e o seu filliño. Moi orixinal. Mira que fixen cousas raras co meu fillo cando era cativo (levalo ao mar, sentado no manillar da bici, durmido enriba, levalo a reunións de traballo, debuxar no microscopio con el colgado.... hai se se entera a súa nai!), pero a isto non cheguei nunca. O que o cativo está a tratar de alcanzar coa man é o cartel da CEMMA que estaba enriba da mesa. |
|
|
|
Incerteza na conservación |
|
 Todas as persoas que traballan en conservación manifestan estar tratando con areas movedizas, é dicir coa incerteza de que o que fan sirva para algo. Así a extinción de especies sobre as que se estaban aplicando labores de conservación levan ao traste as teorías de que a recuperación dunha especie en perigo pode ser posible.
Esta é a triste historia do bucardo de Ordesa, unha cabra montesa na que o último exemplar morreu ao caerlle unha árbore enriba.
Toda esa complexidade da conservación transladada ao mar multiplícase, sobre todo cando tratamos de especies moi móbiles, como os cetáceos, onde nunca se sabe onde están.
Sempre fago mención do principio de incertidume de Heisemberg, que di, con canta maior certeza se busque a determinación da posición dunha partícula, menos se coñece a súa cantidade de movemento lineal, ou biceversa.
Esa incerteza xoga na contra, pero tamén ao noso favor, por iso é mellor poñerse sempre na peor das situacións posibles para que calquera melloría mínima se poida converter en algo máis positivo.
Seguiremos a falar de conservación. |
|
|
|
Lobo solitario |
|
 Sempre me sentín un pouco lobo solitario, deses que algunhas noites de lúa mudan.
Tantas veces que me oín LIMON Y SAL no coche que me puxen a buscar o video clip do mesmo, e que sorpresa!, un video moi orixinal. O mellor é que atopei como se fixo e a versión en directo. Quedan aquí todas. Volvamos a escomezar. |
|
|
|
Conservación das especies |
|
 Despois de tanto tempo investigando sobre os cetáceos atópome diante dun muro insalvable. Diante da pregunta indesexable: E que podemos facer para evitar a extinción das toniñas?.
....
A miña resposta sempre foi divagante, difusa, irme polas polas. Arremedando ao sacerdote, ao sabio ou ao catedrático, que dan explicacións do inexistente, do comprobable só coa ecuación de Makuldefth ou da santísima trinidade. En realidade non o sei. Será que a súa desaparición é inexorable?.
Agora a pregunta vai a acontecer diante de xentes expertas en conservación da IUCN e outros foros importantes, entón esas respostas non valerán, xa non valerán.
Saberei escalar o muro, anque sexa agarrándome coas uñas e os dentes, ou darei a volta e desandarei o camiño?.
Xa volo contarei... pero non há ser pronto. |
|
|
|
Esforzo e traballo |
|
 Ultimamente realizo máis esforzo físico facendo algúns traballiños de xardinería, preparando o que serán en pouco tempo os novos receptáculos das sementes que aínda están nas árbores rematando de madurar.
O pasado ano xa o intentei e o resultado foi un fiasco, só uns cantos érvedos sobreviviron á queima do implacable sol, centos de árbores: carballos, nogueiras, castiñeiros e ata piñeiros sucubiron de sede. Desta volta, coa axuda do verán húmido, houbo unha boa chea de sobrevivintes, incluso os acibros de hai dous anos, dos que xa falei.
O que dicía, do esforzo? ao rematar o día síntome cheo de terra e satisfeito, moito máis que ao rematar calquer taballo de milleiros de hroas diante do ordenador. Que é o que da esa sensación?, acaso foi aproveitada hostóricamente polos explotadores para someter aos traballadores, inxénuos eles, nós, de estar cansados e satisfeitos do esforzo ao rematar o día?. |
|
|
|
Fentos arborescentes |
|
 Os fentos (Pteridofitos) son vexetais de orixe moi primitivo, e por iso parécenme alucinantes!.
Aficioneime a telos no xardín a raiz dunha casa que fixeron por frente da Leira de Ton, antes de que os destruiran co aterramento recollín uns pes de fento macho (Dryopteris filimax), que ten unhas enormes follas, agora están preciosos. Tamén recollín algún pe de fento real (Osmunda regalis) e doutra vez unhas cabriñas (Davalia canariensis) que andaban orfas, sen carballo sobre o que viver, e pola estrada tiradas.
Así que agora por onde vou ando a mirar polos valados e entre as pedras buscando fentiños novos.
Pero, os que máis alucinantes me parecen son os fentos arborescentes das illas macaronésicas. Seica non son endemismos nen autóctonos, pero paréceme incrible atopalos por alí, no medio da laurisilba ou pendurados dos cantís. |
|
|
|
Libreta de pensar |
|
 Logo dun tempo sen pensar, sen facer, sen maquinar, sen conspirar, precisábase un incentivo, unha chamiña que prendera a mecha de novo, un alento, unha pequena pedriña no zapato que me fixera decatarme que un día máis o mundo está aos meus pes.
E aconteceu ese feito, era moi doado!. Só facía falla un momento no solpor frente ás Cíes, un chisco de area e un mar frío e en calma como escenario, uns actores principais que me acompañaban e uns actores secundarios que se vían pasar de fondo, e xa está!, mira que doado!.
As sete e media deixei aos arroaces na enseada de Baiona frente ao monte Lourido, fun correndo a casa a buscar o que faltaba ao meu lado e chegamos as nove menos cinco á praia de Patos, calculando mentalmente o percorrido, tempo de duración e cadencia do desprazamento, e...... BINGO!, alí estaban pasando en dirección a Vigo.
Agora xa podo coller a libreta de pensar tranquilamente e poñer en orde as cousas para continuar coa batalla diaria cara á loita final, pero mellor iso deixareino para mañá. |
|
|
|
|
|