Unha vez máis chegan
ruídos de sables alén do océano, en terras maltratadas polas oleadas de oligarcas capitalistas e explotadores reforzadas polas centurias armadas dos exércitos regulares entrenados en West Point. Agora tócalle a Honduras.
Hai uns días Fidel Castro afirmou que:
?a conduta valente de Zelaya pasará á historia?
Uns días despois o presidente en pixama e dende fóra do seu país era recoñecido polo mundo como o único presidente de Honduras.
A
descrición que fai Fidel da súa detención e explusión, así como a detención de Patricia Rodas, describe o máis alto desprezo polas institucións e regras do xogo democráticas. Así fala da chegada dos embaixadores de Nicaragua Venezuela e Cuba a casa da Ministra de Asuntos Exteriores, ants da chegada do exército:
Cuando estaban ya en su casa, el mando golpista envió al mayor Oceguera para arrestarla. Ellos (los embajadores) se pusieron delante de la mujer y le dicen que está bajo protección diplomática, y solo se puede mover en compañía de los embajadores. Oceguera discute con ellos y lo hace de forma respetuosa. Minutos después penetran en la casa entre 12 ó 15 hombres uniformados y encapuchados. Los tres embajadores se abrazan a Patricia; los enmascarados actúan de manera brutal y logran separar a los embajadores de Venezuela y Nicaragua; Hernández la toma tan fuertemente por uno de los brazos, que los enmascarados los arrastran a los dos hasta una furgoneta; los conducen a la base aérea, donde logran separarlos, y se la llevan. Estando allí detenido, Bruno, que tenía noticias del secuestro, se comunica con él a través del celular; un enmascarado trata de arrebatarle rudamente el teléfono; el embajador cubano, que ya había sido golpeado en casa de Patricia, le grita: "¡No me empujes, cojones!" No recuerdo si la palabra que pronunció fuese alguna vez utilizada por Cervantes, pero sin duda el embajador Juan Carlos Hernández enriqueció nuestro idioma.
Para non quedarse parados, recoméndase enviar unha carta ás embaixadas e consulados de Honduras deste estilo:
Diante dos gravísimos feitos acontecidos en Honduras e protagonizados por unha conspiración que fai uso do exército, forza militar que o pobo hondureño depositou nas súas mans, e erguéndose contra o poder político democrático, representado polo presidente Zelaya, emanado das urnas, esiximos:
1. O reestablecemento da orde constitucional, sen derramamento de sangue
2. Que o Exército volte aos cuarteis e non reprima á población de Honduras que esixe o retorno da democracia.
3. Que se respete a integridade física dos dirixentes políticos e sociais.
4. O retorno do Presidente Zelaya ás súas funcións en Honduras.
5. Que as autoridades garantan o pleno exercicio democrático da consulta popular, enquisa ou calquera forma de expresión libre.
Chamamos ás organizacións e movementos sociais a protestar frente ás embaixadas de Honduras, e a enviar cartas de rexeitamento ao golpe de estado ás embaixadas e consulados.
Na Galiza temos o consul da Coruña: mcriado@icacor.es