|
|
|
|
Lisín |
|
 No lonxano tempo da adolescencencia vinme deslumbrado por un modelo, un rapaz maior ca min que levaba andado demasiado rápido no mundo. O entrar na cova do Lisín era para min fascinante, pois en cada recuncho descubría un aspecto da vida para min descoñecido. Parecíame incrible que durmira entre rans, cobras e insectos momificados e cravados con alfinetes, non acababa de comprender como non tiña pesadelos entre cránios de pequenos mamíferos e as súas pinturas surrealistas foron copiadas por min como modelos de grande valor artístico.
A pesar de non ter excesiva relación persoal con el, o noso cruce de camiños e a miña posibilidade de observación do seu entorno fascinábame.
Pola rúa o seu aspecto era un pouco fantasmal, alto, longo, estirado máis ben, de andar rápido e cun forte xogo de nocello que lle daba un bote peculiar. Fumegando coma unha locomotora.
Era un iventor, un descubridor, un pioneiro, para min, traía todo tipo de novedades ao barrio, dende a momificación dos bechos con sal e alcol, cousa que me desagradaba moitísimo, ata a pólvora feita cunha presada de xofre e carbón dunha fogueira.
O trebón do ?jako? levouno un día e a súa ausencia non foi chorada por ninguén, agás pola súa nai. Co tempo, non deixo de lembrar que sairía do seu maxín se, deixando os psicotrópicos a un lado, seguira coa pintura ou a súa arte.
Eis algúns exemplos:
Zdzislaw Beksinski - A Pintura do Apocalipse
Chet Zar - Painter of Dark
Grzegorz Kmin-Aspius, que ilustra este post.
ANTIst - Composicións Surrealistas
|
|
|
|
Violencia gratuíta contra os animais |
|
 O artigo da morte dos gorilas de Virunga púxome os cabelos de punta.
Xa vira no seu momento as imaxes na tele, pero no telexornal parcen menos importantes, son tantas as degrazas seguidas que xa nin nos doe.
Merece a pena ler o artigo de National Geographic e tamén ver o video e as fotos para decatarmonos ata onde pode chegar a irracionalidade, a violencia e a corrupción, nun ámbito social onde a vida humana non vale nada.
Non todas as novas dos últimos días, relacionadas cos primates, son tan malas:
O Congreso dos Deputados insta ao Goberno a declarar a súa adhesión ao Proxecto Gran Simio e a emprender as accións necesarias nos foros e organismos internacionais, para a protección dos grandes simios dos malos tratos, a escravitude, a tortura, a morte e extinción.
Que duro e inutil é chegar a esta conclusión:
Non teño amigos, canto máis aprendo sobre a dignidade dos gorilas, máis quero eludir á xente.
Dian Fossey |
|
|
|
|
|
 A violencia na casa
Non hai que ir a Africa para ser testemuña da violencia, témola na casa, e é moi variada (de xénero, de hormonas, gratuíta, etc....). Todas son a exterminar, unhas dun xeito máis urxente ca outras, mais refírome aquí á violencia gratuíta exercida contra os animais, poida a orixe de TODA violencia esté relacionada.
Unha vez máis violencia presenzada nos curros, desta vola en Morgadáns, o curro máis violento e irrespectuoso do Val Miñor. As bestas, mal inmobilizadas e violentadas, tremen de medo e caen presas do pánico e da falta de ventilación por mor da obstrución das vías respiratorias por levar mal posta a corda que as prende. Enganchan os cascos nas redes de plástico que fan de parapeto e quedan enmalladas coma os golfiños no mar. Un absurdo!!.
A perda da dignidade dun cabalo, que móvese coma o vento, é velo tumbado, caído, e sen saber como e para que erguerse. Deixo reportaxe do que NON debe ser. |
|
|
|
Planeo en altura |
|
 Aquel voo que se realiza case sen esforzo a grande altura.
Para este tipo de voo hai que ter a previsión de poder chegar á altura desexada cunha grande técnica, estudo do terreo e das correntes de aire. Tratar de gañar altura a pulso é moi custoso e só se realizará esta acción en caso necesario ou de emerxencia, por exemplo para gañar altura no despegue ou nunha situación de perigo.
Unha vez acadada a altura manterse é doado e non require moito esforzo, puidendo manterse así mesmo durmido.
Para mellorar a sustentación hai que ensanchar ao máximo ás aas e así permitir a maior superficie posible para promocionar a sustentación. A baixada é lenta puidendo voltar de novo á altura máxima collendo outra volta a corrente ascendente.
O planeo en altura ten a vantaxe de poder ter un amplo campo de visión e unha observación preventiva doada diante de calquer ataque. A desvantaxe é derivada da propia altura, calquer situación de risco provoca unha caída mortal.
Que ave planea máis ca o condor? |
|
|
|
|
|