Tiven o honor de escoitar recitar a Uxío
Novoneyra e tamén a Avilés de Taramancos xuntos no mesmo escenario. Nun inicio descoñeceidos para min mais de seguida fíxenme adicto as súas palabras.
A voz de Uxío era engaiolante, daba igual o que dixera, non precisaba de subtítulos, a súa retórica envolvíate como os fios envolven ao verme.
Hai moitos anos que non lembraba aqueles recitais, non lembro a letra, non lembro nin unha soa palabra, mais si lembro o estremecemento que me producían, o mesmo que o que mañá sentirei na Quintana de Compostela, ao son da poesia do noso pobo.