|
|
|
|
O escatolóxico pregoeiro da chegada da primavera |
|
 Hoxe, no baño, decateime da chegada da primavera.
Non é que atopara o corpo cheo de graos nin que me subira a moral nin nada diso. É que descubrín que fóra cantaba o cuco. Entón lembrei de que andando polo monte, de cativo, só era consciente da presenza do cuco cando, premido pola presión intestinal, acuclillábame detrás dalgunha carqueixa ou toxeiro, neste caso cousa máis perigosa, e, daquela, o cuco descubríame co seu rutineiro cantar:
Cuuu cú
Cuuu cú
Tapa cú
Cuuu cú
Cuuu cú
Tapa cú
Sempre pensei que o cuco tiña algún segredo para descubrir quen estaba acuclillado polo monte, e tamén, que tiña algún motivo para que non o fixeramos, e, descubríndonos, obrigarnos a erguernos axiña, cortándo a faena, ou, no seu defecto, a rematarmos canto antes.
Deste xeito cada vez que conscientemente oía o cuco, e non estaba nesa posición, pensaba que habería alguén nalgún recanto do monte acuclillao, por iso xa non miraba máis que para adiante, por se acaso, ou si.
Hoxe, na miña propia casa, o cuco detectoume, mais, como non chego a saber os motivos do seu teimudo imperativo, non lle fixen caso. Cando rematei, saín correndo a anunciar a todos que por fin xa chegara a primavera, anunciada polo seu escatolóxico pregoeiro. |
|
|
|
Sabor a chocolate |
|
 Admito que é moi arriscado falar de algo que non se coñece, pero teño que confesar que, perdido entre os estantes dunha xigante área comercial, merquei un libro só polo que evoca o seu título tan suxerente.
Sabor a chocolate é unha sinfonía incompleta de amor e soños -di o autor- o tempo, en relación coas emocións, ten unha dimensión "distinta".
Sabor a chocolate foi o resultado do XIII Premio Literario de la Universidad de Sevilla, o seu autor, José Carlos Carmona, é en todo caso unha persoa sensible e interesante, onde a música forma parte da súa vida e, posiblemente, de ritmo aos parágrafos do seu libro.
En todo caso, cando a vida sexa agre no teu padal, saborea e busca nalgunha esquiniña o sabor a chocolate. É unha boa terapia.
Acompaño dunha canción tineiyer do grupo mexicano Elefante. |
|
|
|
Os que seguirán o noso traballo |
|
 Lembrando ao Señor Keuner de Brecht, e quizais á Doc.
Cando un pensa en si mesmo, é incapaz de crer que comete erros e xa non progresa. Por iso hai que pensar en quen proseguirá o noso traballo. Só así se podera impedir que algo se dea por concluído.
Sr. K
Σωκράτης, Sōkrátes, non deixou na-da escrito. |
|
|
|
E díxoo tres veces |
|
Un debecía por levalo a cabo.
O outro tamén.
Anque en cadansúa cabeza a mesma idea era diferente.
Un trataba de expoñela.
O outro non se atrevía.
En cambio mirábanse en silencio.
Un, na súa indecisión, manifestou a penas unha pincelada da súa intención.
O outro, díxolle: non mo digas dúas veces.
Un provocou a caída das fichas en cadea, porque o dixo tres.
A acción foi executada, con consenso, con éxito, con intención de repetir ata o infinito. |
|
|
|
O cíclope, antropocentrismo, sexo e distancias |
|
 O ciclope é ese ser mítico cun só ollo na fronte. Por iso, non pode percibir a profundidade das cousas, xa que carece dun segundo ollo e non pode enfocar e calcular as distancias, ten unha visión plana, sen releves, unidimensional. Polo tanto é torpe e lento, pero poida que grande poeta.
Dende o feminismo identificase ao cíclope como á visión masculina do mundo, poñendo de exemplo a Kubrick, que vai do mono ao hombre, déste á máquina cibernética e da máquina a deus en forma de monolito con facultades prodixiosas. A muller non constitúe máis ca unha paisaje de fondo. Porque o único suxeito da historia é o masculino.
Un pouco de humor nunca está de máis, dixolle o misóxino cíclope Polifemo a Ulises, pronunciando o seu famoso discurso:
Ter relacións sexuais cunha prostituta custa diñeiro e pode custarche a saúde. Telas cunha virxe faiche correr o risco de que os seus pais che fagan casar. Amar á túa propia muller chega a ser aburrido. Á allea, perigoso. A un home, repugnante. Eu líbrome de todos eses inconvintes grazas á miña man dereita.
E engadiu: Aclároche, polas dúbidas, que a miña man dereita non practica o adulterio.
Ulises chanceou: E a túa man esquerda?.
Polifemo baixou a voz: Non o repitas, pero son bígamo.
As gargalladas de Ulises interromperon a sesta dos deuses.
Pero hai outros xeitos de ver ao cíclope, como compartindo e amando, de preto, de moi preto. A xeito de xogo que nos propón o grande Julio Cortazar, non é un cíclope xigante, nin machista, nin sequera hai que vencelo, é simplemente compartir sen distancias.
Visto así, para que precisa o cíclope o segunto ollo se non garda distancia co outro?. |
|
|
|
Descubrindo a Doctora Seymour |
|
 As terapias da doctora Seymour non sabemos de onde veñen, poida que inspiradas na historia de Xoana Seymour, a terceira esposa comedora de perdices de Enrique VIII (non o creo). Da actriz Joyce Penelope Wilhelmina, interpretando á doctora Quinn que representa as peripecias dunha doutora diante dun translado xeográfico que a leva a un choque social, e unha nai á forza, nos YUESEY do farwest. Ou mesmo na inspiración de varios Seymour (masculinos e femininos) que están relacionados coa psicoloxía e mesmo coa parapsicoloxía.
O caso é que esta persoaxe deleitounos coa súa presenza, comentarios e historias durante un tempo, que para ela era limitado.
E agora?, .... Hai Doc..... (Maná bótanos unha man)
Estamos moi desolados
estou alucinado
estou perdendo a razon
e vossé non ten compaixón
pero xa non volve
pero xa non quere volver
deme algo Doc
alivieme toda a dor
deme algo, deme algo, deme algo por favor, Doc. |
|
|
|
O racismo reflexivo é tamén xenofobia |
|
 ?i?ek, comenta unha anécdota sobre Picasso durante a Segunda Guerra Mundial: un oficial alemán visitou o seu estudio, viu o Guernica e, asombrado diante da confusión modernista da pintura, preguntoulle: "¿Vostede fixo iso?" Picasso contestoulle con calma: "¡Non, vostedes o fixeron!"
Diante do estralo de repulsa ás comunidades xitanas, e mesmo de conato de violencia, moitos, sobre todo do PP (que agora aprenderon a ladrar polas esquinas, tal e como calificaba Aznar á libre expresión), están a dicir: Que fan vostedes?!!! Isto é o que queren?
E nós deberiamos contestar como Picasso: Non, vostedes o fixeron! Este é o verdadeiro resultado da súa política de 40 anos de paz franquista e 16 de paz galega fraguista!.
A miña experiencia vital non é cercana aos calés, un par de veces asaltáronme na rúa para quitarme as pelas (sustracción con intimidación verbal), pero tamén outras veces quitáronme as pelas a punta de navalla (sustracción e intimidación con arma branca) ou mesmo rompéronme o naris (violencia gratuíta), e non eran quinquis (xitanos ladronzuelos) senón payos, marxinais, yonkis e violentos, é dicir, coleguitas. É por iso que o problema non é a cor da pel, o sotaque da fala nin o canturreo dos chichos, senón as condicións sociais que nos impón esta realidade na que vivimos.
Non hai racismo reflexivo, non hai matices na xenofobia, non vale iso de que non somos racistas, pero.... . Racismo só hai un e é contra o que hai que loitar. No Estado Español unha nova forma vístese de ciumes interautonómicos.
Responda vossé:Viviría ao carón do Vao ou en Penamoa?
Parece que esta pregunta tería unha masiva resposta NON.
E éstas?:
Viviría ao carón de Pazo Bayón de Oubiña?
Levaría ao seu fillo ao equipo de futbol, ou partido, que xenerosamente financiaba Sito Miñanco?.
Cantos xitanos deteñen nas operacións antidroga oceánicas?.
E así ata 1000. |
|
|
|
Anxos incompetentes |
|
 Cando oín por primeira vez Cita cos anxos, de Silvio non me gustou nada. As veces, a pesar de que oes a música de fondo que decora a paisaxe, A9 arriba e abaixo, non a escoitas. Así, pouco a pouco, co tempo fun descifrando o seu contido e abrido os ollos con asombro cada vez que comprendía unha estrofa.
Esta canción viume aos poros poñéndome a pel de galiña na Piazza Campo dei fiori, diante dunha tétrica e escura estatua ...vai rumbo ao campo das flores onde a fogueira agarda a Bruno?, entón, un cheiro a carne queimada viume á mente entre milleiros de flores de todas as cores.
A controvertida persoaxe de Giordano Bruno representa alí a infamia humana e a expresión do mellor mecanismo represor da historia, antesá e só superado polo fascismo, a inquisición.
Bruno foi profeta e dixo aos seus verdugos: Queimádeme, que mañá, onde encendades a fogueira, erguerá a historia unha estatua para min.
Se Bruno foi queimado hai catrocentos anos por defender que a Terra xiraba ao redor do sol, e non ao revés, terán que pasar outros catrocentos ata concluir que o mundo non xira ao redor do HOME?, cantos teremos que morrer na fogueira aínda por atacar o antropocentrismo?.
Aproveito para conmemorar os 50 anos do fallo doutro anxo en Tennessee, queimado doutro xeito, e cantos máis....
Se soubera que o mundo remata mañá, eu, hoxe aínda, plantaría unha árbore. (M. L. King) |
|
|
|
|
|