A velocidade de cruceiro achegábase aos 900 Km/h, case aproximándose a Mach 1, a altura de cruceiro en voo estable de case 5000 metros. Abaixo, un mar de nubes ondadas chega ata o horizonte.
O descenso é paulatino e as ondas fanse maiores, o que antes eran simples pregues dunha alfombra agora son cómaros perfilados. No acusado descenso as ondas transfórmanse en montañas. Ao entrar en contacto coas finas gotas de vapor reboto como se aterrara nun sólido.
Pouco a pouco afúndome no mar de nubes como cravo ardendo na manteiga.
Todo se transforma opaco, non hai máis alá do inmediato. O albor do día fai que os raios vermellos atravesen as gotas e me introduzan nunha nube de cotón de sucre de feira. Ao pouco, deixo esa primeira capa de nubes e sigo baixando. Abaixo, centos de pequenos retallos brancos agallopan lixeiros cara a montaña, alí a grea de retallos constrúen unha cúpula que agacha a neve dos cumes. Luces e sombras altérnanse rápidas sobre os fríos campos de Castela.
As mornas luces de Barajas aprécianse na distancia, apagadas pola claridade do día. Ao chegar un breve, mais duro día de traballo na distancia, non da nin tempo a botar de menos a Terra.
O billete sáeme barato con tanto disfrute, o asento non me da para estirar os brazos e practicar as leccións de voo, sen meterlle ao das rastas do lado un dedo no narís. Para a vindeira ocasión mercarei toda a fila e levarei
Equinoxe para o fondo ambiental.