|
|
|
|
O sal que sobra do mar |
|
 Cun forte estrondo e dun só golpe abríronse de súpeto todas as capas, no medio dunha forte dor, bágoas e sofrimento. Canto costa abrirse tan só unha vez cada cen anos!. Saltaron todas as suturas, mesmo aquelas reforzadas con titanio, todas polo aire.
A luz danaba os ollos, e, no centro, era o corazón que iluminaba toda a escura estancia. Ela estaba ao borde da apertura coma quen estivera ao borde dun abismo, mirando atentamente para o fondo.
Do interior emanaba un un arrecendo doce enchendo o ambiente, como o que ten un neno ao nacer.
El apertouna contra si, forte, moi forte, para que non entrara nada, nin unha mota de pó nese instante crítico, de indefensión, de debilidade, nú, de dor.
Puido ter botado a man e arrincado con forza ese vital motor para apagar a súa luz, en cambio, achegouse e tapou co seu corpo espido a fenda que deixaran as capas abertas tratando de paliar aquela dor, que tamén era súa.
Entre os dous reconstruíron as suturas pechando de novo tecido con tecido, parte con parte, capa con capa. Aplicando unha só gota, moi dosificada en cada punto, dun xarope que un día a fada que viu do mar, Morgana, deixou esquencida na crista dunha onda. Mentres, recitaban a dúo a letanía: A mesma vida vai decantar o sal que sobra do mar |
|
|
|
Lembrando a Brecht |
|
 En maio de 1933 todos os libros de Bertol Brecht foron queimados polos nazis.
En 1947 foi interrogado polo Comité de Actividades Antiamericano, acusado de comunista. Foi declarado inocente e íntegro-:
? Saiba vostede que se comporta moito mellor que algunhas outras testemuñas que compareceron voluntariamente. Así que non lembra se alguén nos Estados Unidos lle propuxo entrar no Partido Comunista?.? Ao día seguinte marcha a Suiza.
E dixo:
Hai homes que loitan un día e son bos. Hai outros que loitan un ano e son mellores. Hai outros que loitan moitos anos e son moi bos. Mais hai quen loita toda a vida, ese é o imprescindible.
Sen dúbida falta a palabra mulleres.
Estremeceume o Señor Keuner, merece a pena ser lido e reflexionado. Vai un pequeno retallo:
Cada vez que o señor Keuner amaba a alguén
-¿Qué fai vostede -preguntaron un día ao señor K.- cando ama a alguén?
-Fago un bosquexo desa persoa -respondeu o señor K.- e procuro que se lle pareza o máis posible.
-¿O bosquexo?
-Non -contestou o señor K.-. A persoa.
Ler con piano de fondo. O pianista lémbrame a Brecht |
|
|
|
Pon un arroás na túa vida, anque sexa na camiseta |
|
 Pedinlle, por favor, permiso a un colega, que estaba a deseñar unha camiseta, para que me permitira poñer a ilustración no blog.
É unha ilustración moi bonita que bota por terra tanta empalagosidade a respecto dalgúns animais. Este é o caso dun arroaz malote, é dicir, con cara de malo, contrarrestando esa imaxe que parecen de peluche e que están sempre a sorrir, enganando a súa propia realidade. Permitiume poñer a ilustración só coa condición, que fixera propaganda do gremio. Así que aquí vai: Galiza sempre tivo unha boa canteira de creadores e sobre todo de creadores gráficos, do que Castelao foi un dos máis coñecidos expoñentes, pero non o único.
Ourto día falamos do pasado, pero agora temos unha boa mostra dos deseñadores galegos e sen dúbida as camisetas son un bo escaparate, para iso podedes revisar reizentolo e caramuxo, que tan só pasear pola web é unha delicia. Se tedes que facer un agasallo lembrade que unha camiseta sempre é un bo recurso. Non esquenzades tamén que temos a melllor revista de humor do mundo que compre apoiar, ler e sobre todo mercar, é Retranca. Chega de propaganda por hoxe?. |
|
|
|
Algo funciona neste mundo? |
|
 Entre tanta confusión internacional, por mor da inxección informativa/desinformadora do cambio castrista cubano, do asasinato do Raul das FARC e da masacre israelí en Gaza, unha noticia pasou desapercibida, intencionadamente desapercibida. A vitoria nas eleccións presidenciais chipriotas do comunista Demetris Christofias. A solución da illa, enclave estratéxico mediterráneo, encarna as esperanzas europeistas de Turquía e o final negociado a un conflicto interterritorial na propia illa que podería supoñer o espello de palestina. Agardemos que daquela algo funcione. |
|
|
|
O loro Alex |
|
 Estes días lendo sobre comprensión animal, din coa investigadora Irene Pepperberg e o seu loro Alex. Con el traballou durante 30 anos, ata a súa recente morte, averiguando como o loriño interpretaba o seu mundo e esclarecendo moitas cousas do mundo animal.
Moito me lembrou a miña rula, unha rula que compartiu a miña vida durante cinco anos. Vivía ceibe pola casa adiante, almorzaba conmigo sobre a mesa, seguíame polo pasillo, escrebía no meu ombreiro, era reflexo do meu estado de ánimo, saudaba ás visitas, ollaba o mundo dende a fiestra aberta, sen sair, anque ás veces voaba patio de luces abaixo ata o tendal do segundo. Menuda coña ir buscala despois!. Non tiña a capacidade de expresión de Alex pero si me permitiu comprender a súa mirada. Un día foise, arrimada no seu pousadoiro deu un último suspiro, cansa de tanta tecnoloxía. Daquela escrebín un conto para ela que se tedes tempo podedes ler, quédavos na sección dos contos de Hermaco, aquí ao carón esquerdo na Fotoblogoteca. |
|
|
|
|
|