Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sufrimento, inxustiza e abuso de poder
Sempre queda algo máis.
Non podía deixar pasar esta ocasión para sumarme a denuncia dun novo xenocidio.

Non me alegra para nada a situación palestiniana dos últimos anos e o medre do islamismo, ao igual que noutros lugares do planeta. Paréceme unha irresponsabilidade o silencio occidental e o papanatismo das institucións europeas.

Esta canción xa o di todo:

Non confundas a miña postura, son ateo e non creo en ningun deus
Non diferencio ás persoas pola súa raza, a súa cultura ou a súa merda de relixion
Só condeno o sufrimento, a inxustiza e o abuso de poder
Palestina é sometida á mais terca das guerras, a opulencia de Israël.

MORTOS MORTOS EN NOME DE QUEN ?


Para ler con sosego:
En solidariedade con Palestina.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2008 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
O que falta por poñer
Repasando que cousa falta por poñer, os camiños que faltan por andar, e aínda queda tempo neste ano para facelo, pois din coa carpeta de pensar posts e busquei nos seus retallos, recortes, e letras sen frases.

Din con frases inacabadas, letras de cancións, desexos e dicires non cuspidos, mais, como a letra só ten razón se se escrebe, a canción só ten razón se se canta, a nube só ten sentido se chove, não há você sem mim e eu não existo sem você, deixo esta versión.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-12-2008 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Mover o mundo
Na nota que me deixaches pegada na neveira viñan os encargos, uns doados e outros máis dificiles:

Mercar patacas
Traer galletas para o can
Sacudir a alfombra do salón
Facer unha ensalada de ourizos
Mover o mundo
Poñer a dourada ao forno
Envío certificado e urxente


Repaseino tres ou catro veces mentres ía facendo as cousas, xa sabes da miña torpeza na memoria a curto prazo.

Baixei ao super, subín a correos, volvín baixar ao super a polos ourizos -que non había- así que tiven que ir ao centro comercial. Abrín as xanelas, sacudín e de paso pasei a basoira. Puxen o forno e aínda me quedou tempo para a nota pendente.

Fóra riscando a cada cousa feita e repasando, mais esa sempre me quedaba atrás. Xa o tentara outras veces, con éxito desigual. Desta, non sabía por onde comezar. É como tratar de coller a fonte da dourada do forno sen luvas, non sabes como collela sen escaldar as mans.

Así que collín posición, mais antes de puxar pensei:

O mundo móvese para calquera lado cara a onde se puxe
Hai moitos que tentan movelo simultaneamente
A pesar do empuxe o mundo pode moverse en contra de un
Dependendo do empuxe conseguirase movelo ou ser esmagado
Non sei estimar a probabilidade de ser esmagado
Non por iso desestimarei a posibilidade de tentar movelo
Sobre todo se ti o puxeches na nota


Sexa capaz, ou non, de movelo ao menos non te defraudarei. Quizais precise un punto de apoio, xa o dixo Arquímedes, non che hai como ser estudado, afórranse moitos pasos intermedios. Porque xa case que todo está inventado.

Esquencéronseme as galletas do can, non, se xa dicía eu o da memoria, mira que se me esmaga o mundo e o canciño sen xantar, coitado.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-12-2008 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Nunca é tarde
Con retraso, pero con algo pendente de dicir, chego a esta pantalla.

A pasada finde fun mercar o pan, e non foi ata chegar a poñelo sobre a mesa cando me decatei da promoción que nos ofrecía o seu envoltorio. Unha soflama incómoda para estar sobre unha mesa e do lado dun coitelo que diariamente profana a frescura, e, as veces non só do pan.

Que menos que dicir algo tan blanco, tan blando, tan lene como:

Malo, malo, malo és, non se dana a quen se quere, non

Mais que ben quen tivo o valor de dicilo, unha muller valente coma Bebe, de cantalo aos catro ventos. Unha muller valente coma todas, como incluso aquelas que calan e agochan porque cren ter motivos para elo.

Claro que temos que berrar tod@s, pero sobre todo elas, vossés, para tratar de arrincar a muda voz das que aínda non son quen de facelo, como simpatía, como exemplo, como axuda.

Xa sabiamos que apoiarnos na alta tecnoloxía crea dependencia, ata tal punto que o mal funcionamento da mesma MATA, véxase un frío e triste XPS.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-12-2008 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0