Veño de ler a obra de
Primo Levi,
Si esto es un hombre. Unha historia terrible da sobrevivencia no campo xenocida nazi de exterminio de
Auschwich que gostariamos que fóra só literatura, xa que por moito que leamos, imaxinemos ou empaticemos, nunca poderemos facernos unha idea do que aquilo era.
Interésame saber dos límites da humanidade, da resistencia, do que é o que nos fixo chegar ata aquí.
Sen tratar de ser unha revisión exhaustiva tamén cito outros libros que lin xa hai tempo:
En el corazón del mar de Nathaniel Philbrick e
El desastre del Essex, de Owen Chase, ambos sobrevivintes do embate dun cachalote que afundiu o seu
baleeiro no ano 1819 no medio do Pacífico, historia na que parece que se inspirou Melville para escribir
Moby Dick, xunto coa de
Mocha Dick. Historias que se repiten diariamente no Atlántico coas pateras.
Tamén a historia do capitán
Sackleton, e a tripulación do
Endurance, no ano 1914 aporta diversas historias de vidas extremas con final feliz.
Historias de HOMES que contan xestas incribles de sobrevivencia. E as MULLERES?. Non podemos esquencer grandísimas testemuñas como
Cárcere de Ventas de Mercedes Núñez, ou a recente película
As trece rosas, sobre o mesmo tema. Ou mesmo toda unha enciclopedia de casos de
mulleres represaliadas
Vivencias que temos o deber coñecer, ler, contar e recontar para que os seus nomes non se borren da historia!.