Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Para gustos hai dolores
Gostaría que os muebles andiveran ao meu paso polo pasillo, como no video de Conchita, cruzándoseme por diante ou deixándome pasar. O día que isto pase terei que irme mirar porque daquela a cousa será grave.

Gostaría rapear no pasillo dun insti cos/coas colegas, e o meu fillo entre eles, aos lados mentres me desmeleno ao paso, ou nunha festa gastronómica, enriba da mesa e pisando as empanadas.

Gostaria insultar a un busero capullo e vacilón que conducira temerariamente, mentres o público me animara a darlle unhas ostias, pero eu, como bo e responsable cidadán, me limitaría a aplicarlle un chorreo verbal.

Gostaria facer unha chea de cousas política e socialmente incorrectas, anque sei que non é posible porque sendo case honesto, facedo case nada, dicindo case pouco, hai que ver como me poñen!.

Ainda así, ninguén me pode quitar de pensalas, e que teño corda para rato, anque sexa para poñela ao pescozo (aplicarse este mantra tres veces ao día como terapia de autoestima).
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-10-2008 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Máis madeira isto é a guerra!!
A situación económica que vivimos é absolutamente paradoxal.

Mentres a banca agocha os seus beneficios, retrae os seus tentáculos e amosa os seus petos furados. O estado, os estados burgueses das democracias formais occidentais, énchenlle os seus pelexos para evitar que as familias, como di don marianico el-Rajoi, sufran as consecuencias da recesión.

O capitalismo pois autoconsúmese.

Este sistema baseado na explotación do traballo humano, e na espoliación da natureza, que peca de despilfarro e promociona o derroche, está agora a autoconsumirse. Máis madeira, máis madeira, isto é a guerra!!!.

Ninguén dubida de que a miña análise sexa fundamentalmente marxista, é por iso que non podo deixar de lembrar Os Irmáns Marx no oeste, unhas imaxes proféticas do que agora está a acontecer, o capitalismo devorándose a si mesmo, o caso é que o tren non pare, nunca pare.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2008 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
Escada ao ceo
Como non todo van ser escadas que baixen ao inferno, Led Zeppelin hai tempo que nos regalou Strairway to heaven.

Nesta magnífica obra, que de seguro subimos algunha vez, relátanos de como amanecerá para aqueles que resistan e nos bosques sonarán as risas.

Tamén nos di de como sempre hai dous camiños, e collamos o que collamos sempre temos un tempiño para mudar de camiño.

Iso si, ao frautista non o seguirei, non é o meu estilo.

Así que, resiste e vencerás, e se aínda estás a tempo, ao menos, pensa en mudar o camiño, anque non o fagas é un bo exercicio de reflexión, pensa e decide se seguir ou non, hai un momento no que non hai marcha atrás.

Goza coa música.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2008 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Desenvolvemento e insostibilidade
Unha vez máis tiven que falar e defender diante dun foro o concepto de desenvolvemento e sostibilidade. Cando o fago, explico todas e cantas cousas se poden facer a título individual e colectivo para vivir con sostibilidade, mais, chego a un punto no que non me queda máis remedio que evidenciar a contradición da incompatibilidade deses termos: non é posible compatibilizar un sistema que tende ao crecemento infinito, a costa da natureza e da explotación humana, co mantemento e conservación do medio ambiente e da sociedade humana integral.

O problema é o sistema que da marxe de actuación para que poidamos expresarnos pero non liberarnos dos eu xugo. A fronteira é o reparto da riqueza, iso non se toca. Menos mal que en época de crise a democracia cristiá e a socialdemocracia, á par, sacan fondos de onde non os houber -mellor dito: de onde sempre- para inxectar ao grande capital, non vaia a ser que perda beneficio decaia o crecemento.

Por fin vemos so sistema colapsar, xa non é só teoría de marxistas trasnoitados, é unha realidade de sobras anunciada.

A crise están pagándoa os mesmos que oprimidos, expoliados e alienados sostemos ao capital. Non hai máis que recrearse en O xardiñeiro fiel e ver detrás dunha historia de amor o sufrimento dun continente, merece a pena.

Así que, diante de tal expremedura non estaría mal idear algunha nova fórmula alternativa de organziación social, non sei que tipo de ...cracia, mais de seguro que os desfavorecidos, os temas ambientais e as mulleres serían o motor desa revolución
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2008 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
Voo ondulante
O 17 de decembro de 1903, Orville Wright diante da presenza de cinco testemuñas realizou un voo ondulante duns 36 metros en 12 segundos, despegando de xeito semipropulsado co Flyer I, un simple cacharro de madeira e tea.

Acababa de ter lugar o primeiro voo controlado, vacilante, mais, sostido, do primeiro artefacto aeroplano da Historia. Perfeccionou o seu invento e conseguiu voar no ano 1908 a 36 metros de altura, anque co voo tamén se inauguraron os accidentes de aviación, as caídas.

O voo dos humanos comezou cun torpe voo ondulante, mais, este é un voo intelixente, quizais o máis usado para aforrar enerxía. Hai moitas aves que o utilizan, deste xeito dan impulso cunha breve batida de as, ou aproveitan no impulso ascensional do aire quente, e logo utilizan no planeo coas aas abertas, ou ben simplemente déixanse caer descendendo para repetir de novo a acción, así fan os petos, as poupas, os periquitos, as rulas, e outros.

Este voo permite ascenso se descensos repetitivos co consecuente cambio de prespectiva. A desvantaxe é o posible mareo que debe dar, mais, permite salvar dificultades e evitar ser un punto fixo e certeiro para os depredadores.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-10-2008 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Asimetría ambiental
O conflicto distributivo económico, é dicir, o conflicto pola distribución da riqueza, ou da pobreza segundo se vexa, amplíase e transfórmase en desigualdade e asimetría ambiental, é decir, en conflicto distributivo ecolóxico, dándose unha acumulación de consecuencias da degradación ambiental sobre os máis desfavorecidos socialmente e sobre os países marxinados.

Canto máis débilidade, sofre máis contaminación. Canto máis pobreza sofre máis merda. Non me estraña que quen poida fuxa, arriscando o que sexa, dos países marxinais aos países das marabillas. Anque non por iso deixamos, tamén os que veñen, de seguir botando merda sobre os outros.

Amor de contenedor- La fuga
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-10-2008 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Caeron os dous....
Repasando a vella discografía atopo unha canción de Radio Futura:

Caeron os dous como soldados fulminados ao chan
e agora están atrapados os dous na mesma prisión
vixiados polo ollo incansable do desexo voraz
sometidos a unha insoportable tensión de silencio.

Caeron os dous baixo o punto de vista exclusivo
iniciando unha guerra en que ninguén puido vencer xamais
ela sabe o que o home espera sen habelo aprendido
e el atopa un sentido ao enigma que non lle deixaba existir


Repasando o banco de fotografías unhas tremendas imaxes do traballo, sempre interesante, de David Houncheringer, un fotógrafo suizo adicado sobre todo ao mundo publicitario e editorial que ten unha web repleta de imaxes humorísticas e satíricas, anque algunhas un pouco pasadas de sangue.

Coincidiron ambos achádegos,..... ou buscaronse?.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-10-2008 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
A razón da sen razón
http://www.chetzar.com/
Moito me gustou un comentario que puxo a Doutora Seymour, que di así:

O xogo do funil;
eu quítoche media razón a ti, e ti quítasme media razón a min, cada quen queda co 100% da (sen)razón absoluta.


E como non había de ser doutro xeito, nada máis leelo lembroume ás veces nas que me atopo no medio, ou nun extremo, dun fogo cruzado sen aparente final. Unha situación que nos pode levar a algún lado escuro. Mágoa de non ser androides, nese caso é mellor coller o mando a distancia, apagar e listo.

Tomémolo con humor.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-10-2008 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0