Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xente pútrida
Hai xente que vive do que obtén furgando nas súas propias feridas, alimentándose da carroña podre que elas mesmas segregan polos abcesos supurantes das súas galadas. Trábanse as súas línguas emponzoñadas e envelénanse cós seus propios zumes, entón encarráxanse aínda máis revolvéndose irritadas nas súas propias bostas.

Hai xente que pretende luxar aos demais coas súas dedas infectadas ao térselle clavado o mesmo borde das súas propias uñas na purulenta e macerada graxa mol que arrodea, que non une, aos enferruxados, quebradizos e ankilosados osos que as sustentan.

Hai xente que anda coma un espectro comendo o bafo que alguén deixa ao paso, e con iso pensa que lle come a vida, tal que parasito ancorado na epiderme.

Hai xente noxenta que non é quen de ter a tranquilidade de durmir e, a pesar diso, esperta pola mañá maquinando como foder aos demais, e así consideran que alimentan satisfactoriamente o seu anceio cada dia.

Hai xente que seguro non mereceria nin chamarse irmán, entre os seres dunha mesma camada.

Hai xente á que poría á porta da caverna, e logo pecharía por dentro, para que se vira, a si mesma, desprezada ata polo lobo mais famento, por mor de non coller algo ao fincarlle o dente.

Hai xente así e que non merece mais mención.

E logo estades os demais, cos que estou disposto a compartir o resto da vida nesta aldea global e da eternidade, se acaso a houber.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-01-2009 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
Fractais e guilloché
Un fractal é un obxecto semi xeométrico que a súa estrutura básica, fragmentada ou irregular, repítese a diferentes escalas. O térmo foi proposto polo matemático Benoît Mandelbrot en 1975 e deriva do Latín fractus, que significa fracturado. Moitas estruturas naturais son de tipo fractal e posible moitas mentes tamén. Quizais a miña mesma mente.

A un obxecto xeométrico fractal atribúenselle as seguintes características:

Demasiado irregular para ser descrito en térmos xeométricos tradicionais.

Posúe detalle a calquer escala de observación.

É autosimilar (exacta, aproximada o estatísticamente).

A súa dimensión de Hausdorff-Besicovitch é estritamente maior que a súa dimensión topolóxica.

Defínese mediante un simple algoritmo recursivo.

Da igual...., collede o brecol dese tipo romanescu e iso é un fractal. Así que os fractais tamén se comen.

Esta técnica foi usada como medida de seguridade para evitar falsificacións nos billetes. Tedes os petos cheos de fractais e nin vos decatades.

A miña irmá tiña un xoguetiño con varias rodiñas que xiraban dentro dun círculo e eran accionadas cun lápis, se as movías rápido xerabas patróns de guilloquis, ou guilloché, ilustracións fractais cunha técnica empregada para xerar patróns lineares moi precisos de alta complexidade.

A min parecíame alucinante como dunha simple liña saía cousa tan fermosa, podías poñer lápis de cores e o efecto multiplicábase. Agora podedes participar desa sensación.Para poder disfrutar un pouco e relaxarte podes probar a facer os teus propios guilloquis, deixovos o meu ao carón.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-01-2009 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
Voando: segundo curso
Unha vez superado o primeiro curso de voo, sección teórica, neste 2009 matriculeime no segundo curso, para amosarvos o comezo da análise da práctica de voo sen motor deixovos estas imaxes. Pasar ao minuto 1,2.


wingsuit base jumping from Ali on Vimeo.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-01-2009 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
A periferia como metáfora da panca
Recollo unha idea dun post, que a súa vez é recollida doutro, e así multicopiado e propagado en rede.

Fago mención a un artigo incluído en A Nosa Terra, que por certo, recomendo seguir os pasos dese limpafontes, que recolle un concepto moi versatil, o de centro e periferia. Mentres que no post orixinal fálase de urbanismo e sociedade humana, no sengundo fálase dunha cuestión ambiental.

Aquí quixera referilo a unha cuestión de peso político, que é o centro e a periferia?.
No cerne do debate, que agora se toma na antesá dun novo proceso electoral, a cuestión política ten un centro, neste caso calquera outro centro, que non sexa a crise, transfórmase en periferia, deixando para outras ocasións ideas máis interesantes, como a alternativa social e política, a renovación ambiental da nosa sociedade, as cuestións referidas á violencia da sociedade, e sobre todo á violencia de xénero e á cuestión da igualdade.

O que temos que facer non é avandonar, deixar os trebellos á beira da cuneta, pechando a porta e poñéndose de novo en marcha cun incerto destino, non, senón que hai que retomar a cuestión, buscar unha panca para facer xirar as cuestións e transformar as periferias en centro. Posiblemente é unha re-revisión de mover o mundo.

Créanme, é posible, anque só sexa a tentativa. Ánimo.

Pido prestada tamén a imaxe, que é a do petroglifo central do Monte Tetón, en Tomiño.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2009 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
A guerra en Gaza con data de caducidade
Unha guerra onde só hai un contendente, que ten as armas máis potentes e último modelo, o persoal mellor netrenado, os tanques, os blindados, os helicópteros, os avións e os barcos. O outro contendente o que máis ten é medo e miseria.
Non lle quero nada ben a quen loite cun arma na man en nome de calquera deus, mais, o resto da poboación, que é a que morre, non ten a culpa.

Unha guerra que ten data de caducidade. Xa o sospeitaba e agora vaise confirmar, a guerra vai rematar o día da toma de posesión de Obama. Púxose en marcha aproveitando un baleiro de poder para non ter que dar explicacións. É como o que move un marco a un veciño mentres este está de vacacións.

Unha guerra mediática, non foi a primeira, á que lles quedaremos agradecidos porque cando decidan parar dirán que agora recollen as nosas propostas e que de súpeto os cairos que arañaban o deserto retráense, ata outra, ata a vindeira, porque non será a última mentres haxa un palestino vivo.

Unha guerra triste, como todas as guerras, que nos asalta no almorzo e no xantar pero que non nos tira a fame. Que nin nos serve para manter unha dieta de réxime alimentario por agobio da situación do mundo. Unha querra que xa nin nos doe.

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2009 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0