Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A DIRECCION ÁS ANTÍPODAS A MARCA O SINALAMENTO DA CALZADA

Non estivera nunca tan atento a un teclado alleo. Non lle perdía rastro aos dedos do funcionario. Con atención revisaba cada unha das incomprensibles cifras que o serio funcionario anotaba no borde do papel, xa que non podía ver o que estaba a facer na pantalla. Sen chiscar os ollos mantiña a respiración apreciando como a tensión lle subía polo espiñazo.

Era xa a terceira vez que acudía a oficina e outras tantas trabas e problemas, estaba xa ao borde do prazo para perder a súa oportunidade, miserenta, mais oportunidade.

Sen esbozar nin tan sequera un sorriso, o funcionario indicou un breve xa está, cunha corrección lapidaria comezou a cantar os datos: con 2189 días cotizados, acada vostede o máximo permitido pola lexislación vixente, polo que ten o tope de prestación establecida polo real decreto.

Un alivio percorreu o seu corpo, mais simulou que ese salto no asento era algo normal no seu comportamento.

Despois de todos os trámites por fin superou a aceptación para engrosar a morea de carne de canón, caso de conflicto bélico. Nos vindeiros 24 meses estaría incluído nas listaxes do desemprego cun 70% de percepción durante seis meses e unha penalización do 10% se nese tempo non se atopa un novo emprego.

Saíu da oficina cunha sensación agridoce, como a salsa chinesa, aliviado por fin, e magoado por estar nas antípodas do movemento, da actividade.

De fronte atopou o mar e pensou: que sorte tes ti que nunca paras, e continuou en dirección norte, tal e como lle indicaba o sinalamento da calzada cara a onde sempre, ou cara ás antípodas.


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-01-2010 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Fermosa forma de contalo. Lév#blgtk08#eo con humor, e moita sorte.
Comentario por Acuática (18-01-2010 21:21)
2 Ese é o pan de cada día nos últimos tempos.
De todas formas a palabra parado debería ir sempre xunto á explicación do motivo, parado de actividade labor#blgtk08#al, e non coma se fose un adxectivo que define a vida toda. Hai que moverse, moverse, para non perder o norte.
Sorte e ánimo (por se fai falta) Hermaco.
Comentario por Seymour (03-02-2010 14:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0