Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Volve a história cíclica anual, volven os curros.
Volven coas súas grandezas e as súas miserias, entrando cada vez claramente menos cabalos na roda.

Ao final da tarde unha escea agardada, sobre todo polos poldriños que teñen a sorte de voltar ao monte: os tetos inchados das eguas que desbordan o leite no ermo pó do curro.

En canto os soltan, á besta e á crianza, non hai tempo nin para poñer monte de por medio, ao segundo paso toca comer xa que o xexún do día e a deshidratación fan moito mal nun corpo tan pequeno.

Pouco me faltou para meterme debaixo da egua eu tamén!.

Máis que música country de sombreiro de aa, e bainyo, quero traer o ritm and blues de Nina Simone.



My baby don't care for shows
My baby don't care for clothes
My baby just cares for me
My baby don't care for cars and races
My baby don't care for high-tone places

Meu moziño non se preocupa por nada
Meu moziño no se preocupa pola roupa
Meu moziño só se preocupa de min
Meu moziño non se preocupa por coches nin carreiras
Meu moziño non se preocupa por sitios ruidosos

Liz Taylor non é o seu estilo
Nin tampoco o sorriso de Lana Turner
É algo que non pode ver
Meu moziño non se preocupa de quen coñece
Meu moziño só se preocupa de min

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-06-2009 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 E eu que non consigo ver os curros como algo agradable, Hermaco,hai moito que non vou a ningún, as veces que #blgtk08#fun sempre me sentín tan impotente coma os cabalos.
Que fermosos eran antes de entrar no recinto....
Comentario por Doutora Seymour (23-06-2009 01:59)
2 Ten razón Doc, non é algo agradable. Para os cabalos é sumamente violento. Non lles gusta un pelo, mais sométense docemente, xa coñecen o camiño do curro e o que lles vai pasar e rematan accedendo. Loitan#blgtk08# por zafar coa proximidade ata o que poden, logo son atrapados e deixanse ir. O que trato de desentranar é a estrana relación que se da alí. Hai algo inexplicable que me empuxa a voltar unha e outra vez.
Comentario por Hermaco (23-06-2009 08:15)
3 Eu só fun unha vez e gardo na memoria o calor e o cheiro.
É un#blgtk08#ha luita entre home e cabalo cruel pero non tanto como nunha tourada.
Comentario por paideleo (24-06-2009 12:35)
4 Aínda que cada vez entran máis mulleres na roda.
Onde vas parar!!, nada ten que ver cunha tourada.
O curro ten un sentido de doma, de control, como moito, mais o obxecto non é danar nin moito menos matar a ninguén.
Aínda que despois algún s#blgtk08#aia doído, outros vendidos e mercados e mesmo algúns outros para o matadeiro para comer.
Non ten un sentido sádico e unicamente de diversión macabra como as touradas ou outros sadismos dese calibre: pelexas de cans, galos, quitarlle a cabeza ao pato, etc.
Comentario por Hermaco (26-06-2009 18:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0