Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Bolboreta
Entre os dedos, e sobre o teclado, entrecrúzase unha bolboreta, sube, baixa, non deixa de enredar e pode chegar a molestar. Vai para a luz, trupa na bombilla, crea sombras multiformes, ascende, explora o teito, busca a esquina das tres paredes e fica ali.

Un ser que distrae, que desconcentra, mais non molesta.

Un anaco de natureza primaria que se introduce nesta nosa natureza humanizada para nos dicir que fóra tamén hai vida, e esa é real, non a cibernética.

Envolve, repinica, abofetea coa súas aliñas delicadas, deixa atrás un pó case imperceptible.

É admirada, escaneada, observada, e pasan os minutos apampado coa boca aberta.

E sube, sube, sube ata o inalcanzable. Minutos ou horas despois baixa volve coa súa leria.

Está ahí, se puidera colleríaa con agarimo para deixala ceibe na xanela, mais ata iso da temor, a tocala, a mancala, a devaluala, a que perda o seu esplendor.

Alí fica na esquina inalcanzable, e entre párrafo e párrafo, entre informes, entre orzamento e conclusión, mais, sempe hai un momento para observala e resistirse, nun instante en que para o tempo, a ser tamén bolboreta capturada.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-05-2009 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 É fermoso como o conta, Hermaco, a paciente tamén queda ás veces suspendida no voo das bolboretas, mais teño que recoñecer que a maioría das veces é po#blgtk08#r temor a que se lle acheguen de máis. Dalle por pensar que detrás de tanta beleza só hai vermes con ás.
Algo fóbica que é, ela.

Comentario por Doutora Seymour (11-05-2009 09:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0