Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

P2P na rede
Unha nova tentativa de paso atrás é a pretensión do parlamento francés de limitar o acceso a internet de quen se adica a compartir por igual con outro (P2P) e supere as tres advertencias de roubo, máis ou menos. Afortunadamente non foi adiante.

Ben sei que estes sistemas poden ser utilizados para descargar moitos programas e arquivos, actividades que poden ser incompatibles coa reserva dos dereitos de autor, mais todo isto abre un debate ao que non podemos permanecer alleos.

A liberdade debe ter ou non límites?.
Somos quen de ceder liberdades individuais para conseguir maiores liberdades colectivas?.
O coñecemento fainos libres?.
Compartir información contribúe á democratización social a rede?
Cuestionase o beneficio económico nesta transacción?.
Atenta aos alicerces do capitalismo a internet?.

Interesantes reflexións a respecto dunha ferramenta máis. En todo caso grazas a aqueles/as que nos deixades pendurados na rede as vosas criacións no medio desta batalla por controloalo todo.

Imaxe gráfica de autor ruso: rust2d.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-04-2009 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 É un tema ben revirado, no que segundo a miña opinión a solución non pasa polo tratamento xeneralizado de todo aquel que teña conexión a internet como un delincuente (de feito todos pagamos adiantos-canon por eses supostos delitos que imos cometer). Esa é ás veces a sensación que queda cando un le e escoita todo o rebumbio que hai montado con este tema.
Hai que evolucionar e buscar o xeito de acoplarse aos tempos que vivimos, e a industria dos sectores afectados ten que buscar#blgtk08# o xeito de que os dereitos de autor estean garantidos, por suposto, pero non se lle poden por portas ao campo porque corremos o risco de rematar vivindo nun campo de concentración. O tema, como dixen é revirado...
A liberdade da medo, pero o abuso da noxo. Por exemplo; canto custa hoxe grabar un CD, canto custa publicar un libro? Non o sei, pero, canto pagamos nos de máis?

(Non sei se me expliquei ben, estas non son horas, a mente tende a desbarrar)
Comentario por Doutora Seymour (16-04-2009 00:37)
2 Tes un agasallo na miña xanela (http://www.b#blgtk08#logoteca.com/acuatica07/index.php?cod=60584)
Comentario por Acuática (24-04-2009 15:05)
3 Concordo con vostede Doc, manter o respeito cara a obra dun autor e mais a liberdade na rede, cuestións a analisar e desenvolver cara ao futuro. Igual alguén pensa que a rede achégamos ao primitiv#blgtk08#o comunismo da caverna onde todo era de todos, e iso espantalle a moitos porque quedan sen os seus privilexios divinos delamuerte.

Agasallo ben fermoso, grazas Ac, fareino rular.
Comentario por Hermaco (25-04-2009 11:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0