Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A involución permanente
Os acontecementos que vivimos son dunha evidente involución, non se pode falar de contrarrevolución porque dende 1936 non houbo acontecemento algún que semellara tal.

O desenvolvemento da historia non é lineal, senón que vai por ondas ou mesmo é semi circular. Nun senso realista podemos definir a historia recente do noso país como unha situación de involución permanente onde o estremo da liña xira case 360º para voltar ao inicio. O sistema é quen de abrir un pouco a man para darnos folgos, máis ben falsas esperanzas, e logo pechar de novo cruelmente a man esborrando milleiros de ilusións.

Así pasou na década dos 30 pechada nunha presada de inmoral ditadura, na década dos 70 pechada cunha monarquía parlamentaria formal, na década dos 80 pechada cunha autonomía castrada e na década dos 2000 pechada cun novo goberno conservador.

Mais este peche involutivo que apreciamos recentemente non se limita só a aunha cuestión gubernamental de quítate ti para poñerme eu, senón que está a dar uns pasos do máis vil rancor que nos lembra a outras etapas da historia.

Esta a acontecer un asunto relacionado co xuízo do Prestige, que está a pasar case desapercibido, ou interesa que sexa así, onde quedarán impunes os máis desastrosos persoeiros responsables daquela situación, e non pasa nada... tamén estamos a presenciar pasmados o xuízo do accidente do Yak 42 que vai polo mesmo camiño.

Agora ninguén é quen de xuntar xa a centos de miles nas rúas para declarar NUNCA MAIS. Unha clara involución.

Ilustro co estupor de DAUNHAUS
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-04-2009 15:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 É certo o que vostede di, mais quero pensar que imos nunha espiral, que hoxe esqueceu, outra vez, ascender, e se detén xirando sob#blgtk08#re os mesmos erros. Quero deixar aberta unha fiestra, non importa que sexa pequena, para seguir vendo o camiño polo que avanzar...
Comentario por Acuática (01-04-2009 17:06)
2 Gústame pensar que os pasos atrás (mal que lles pese aos que queren que todos sexamos cangrexos) só serven para coller un impulso máis forte no salto cara adian#blgtk08#te. Gústame pensar. Gústame crer no que penso.

(O enlace é estarrecedor, mais, que o estupor non nos paralice, Hermaco, hai que seguir voando.)
Comentario por Doutora Seymour (06-04-2009 11:19)
3 Lémbrese Doc dun seu video onde os cangrexos só andaban de lado ata que un andibo doutro xeito. O meu antideterminismo levoume a andar sempre a contrapelo e atopei non ser o único. Se nada nos causara estu#blgtk08#por seriamos insensibles. As veces precisamos dun agocho temporal para vencelo e poder continuar. Veño del. O camarada Vladimir xa o dicía, dous pasos adiante e un atrás é un avance. Adiante pois de novo.
Comentario por Hermaco (10-04-2009 09:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0