Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Conservacionismos versus conservadurismo, argumento circular
No contexto político, denomínase conservadurismo, ou ser conservador, a aquelas opinións e posicionamentos favorables ao mantenemento das tradicións e ao establecido, adversos aos cambios bruscos ou radicais, xeralmente identifícanse co espectro político da centro-dereita.

Mentres que a acepción de conservacionismo é a tendencia á conservación ou mantenemento de algo.

Este último termo é usado habitualmente en relación a aquelas persoas ou colectivos que traballan e impulsan o mentenemento do medio ambiente no seu estado natural, e, na medida do posible sen intervencionismo das activdiades humana, cousa por outro lado imposible. Tamén atribúese a aquelas pesroas que traballan no mantenemento das especies ameazadas.

Amólame a semellanza de ambos conceptos, pois ao día de hoxe os posicionamentos conservacionistas estanse a converter case en conceptos revolucionarios, tal é a tendencia destructiva do desenvolvemento das sociedades humanas. Mesmo o conservadurismo de antes, que puña todo tipo de obxeccións aos avances técnicos, agora está instalado neles, opoñéndose agresivamente a ser desisntalado desa posición.

A incorporacións dos avances aos sistemas convérteos no establecido, a partir de aí o conservadurismo deféndeos a capa e espada. Mais hai outra novidade, o centro-esquerda aséntase tamén no seu propio conservadurismo que cada vez diferenciase menos daquel do outro lado do espectro político.

E para rizar máis o rizo, o problema é cando ese conservadurismo aséntase no cerne do conservacionismo, entón chégase a un cacao tal no que un xa non entende nada e case é mellor botalo todo pola borda e volver a empezar. Mentres tanto o tempo pasa e os impactos humanos acrecentan a destrución, é dicir, nada cambia e as forzas son cada vez menos.




Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-02-2009 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Argumento circular e pesimista.

É certo que sobre determinados temas cómpre debater en todos os espazos, porque aínda hai moito treito que percorrer. Esta noite sen ir máis lonxe soñei que nunha reunión política tiña que dicirlle ao candidato (o que non sei é que facía eu reunida con ese c#blgtk08#andidato!!)que non só tiña que ter unha postura sobre a "ablación biolóxica" (non sei se o concepto existe, mais no meu soño si aparecía) e tiven que intervir para dicirlle que non só tiña que estar en contra, senón que ademais tiña que declaralo.

Até en soños... temos que seguir loitando.
Comentario por Acuática (01-02-2009 11:26)
2 Eu quero que todo o fermoso que eu vexo hoxe o vexan out#blgtk08#ros dentro de.... sempre...
serei conservadora...
Comentario por Doutora Seymour (02-02-2009 01:28)
3 #blgtk08#
Comentario por Hermaco (02-02-2009 13:23)
4 Ui, escapouseme...
Menudas cousas que soña vostede!!
pero está ben porque así xa vai prevendo as situacións.

Din que a descrición da realidade nos amosa como pesimistas, e tamén que o#blgtk08# bo dun pesimista é que nunca se decepciona.

En todo caso complexo e con grises, como é case que todo na vida.

Tramemos que os demais o vexan dentro de sempre, o termo é o de menos.
Comentario por Hermaco (02-02-2009 13:27)
5 Moitas gracias polo link, encantoume#blgtk08#, non a coñecía. :-)

Comentario por aNinha (07-02-2009 20:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0