Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Para gustos hai dolores
Gostaría que os muebles andiveran ao meu paso polo pasillo, como no video de Conchita, cruzándoseme por diante ou deixándome pasar. O día que isto pase terei que irme mirar porque daquela a cousa será grave.

Gostaría rapear no pasillo dun insti cos/coas colegas, e o meu fillo entre eles, aos lados mentres me desmeleno ao paso, ou nunha festa gastronómica, enriba da mesa e pisando as empanadas.

Gostaria insultar a un busero capullo e vacilón que conducira temerariamente, mentres o público me animara a darlle unhas ostias, pero eu, como bo e responsable cidadán, me limitaría a aplicarlle un chorreo verbal.

Gostaria facer unha chea de cousas política e socialmente incorrectas, anque sei que non é posible porque sendo case honesto, facedo case nada, dicindo case pouco, hai que ver como me poñen!.

Ainda así, ninguén me pode quitar de pensalas, e que teño corda para rato, anque sexa para poñela ao pescozo (aplicarse este mantra tres veces ao día como terapia de autoestima).
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-10-2008 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Xusto hoxe facíame falta ler algo así, non sei se facer un enlace a este post e deixalo en favoritos, para ler neste#blgtk08#s momentos en que o mundo se volve do revés. Procurarei repetir tres veces despois de comer: teño corda para rato...
Comentario por Acuática (30-10-2008 15:00)
2 Eu gostaría que fixeses todo o#blgtk08# que gostarías de facer... :-)
Comentario por aNinha (30-10-2008 18:59)
3 Se ten melena para desmelenarse, desmelénese home, unha vez na vida aínda que sexa tería que ser obriga#blgtk08#torio.
Teña corda para rato, pero teña coidado co pescozo, que un enreda ,enreda, e....
Comentario por Doutora Seymour (30-10-2008 19:32)
4 Esta claro que para gustos siempre hay diferentes opciones, no lo podia#blgtk08#s haber explicado, sin duda alguna que tu explicacion ha sido perfecta.
Comentario por Hoteles Viena (30-06-2011 23:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0