A situación económica que vivimos é absolutamente paradoxal.
Mentres a banca agocha os seus beneficios, retrae os seus tentáculos e amosa os seus petos furados. O estado, os estados burgueses das democracias formais occidentais, énchenlle os seus pelexos para evitar que as familias, como di don marianico
el-Rajoi, sufran as consecuencias da recesión.
O capitalismo pois autoconsúmese.
Este sistema baseado na explotación do traballo humano, e na espoliación da natureza, que peca de despilfarro e promociona o derroche, está agora a autoconsumirse.
Máis madeira, máis madeira, isto é a guerra!!!.
Ninguén dubida de que a miña análise sexa fundamentalmente marxista, é por iso que non podo deixar de lembrar
Os Irmáns Marx no oeste, unhas imaxes proféticas do que agora está a acontecer, o capitalismo devorándose a si mesmo, o caso é que o
tren non pare, nunca pare.