Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Desenvolvemento e insostibilidade
Unha vez máis tiven que falar e defender diante dun foro o concepto de desenvolvemento e sostibilidade. Cando o fago, explico todas e cantas cousas se poden facer a título individual e colectivo para vivir con sostibilidade, mais, chego a un punto no que non me queda máis remedio que evidenciar a contradición da incompatibilidade deses termos: non é posible compatibilizar un sistema que tende ao crecemento infinito, a costa da natureza e da explotación humana, co mantemento e conservación do medio ambiente e da sociedade humana integral.

O problema é o sistema que da marxe de actuación para que poidamos expresarnos pero non liberarnos dos eu xugo. A fronteira é o reparto da riqueza, iso non se toca. Menos mal que en época de crise a democracia cristiá e a socialdemocracia, á par, sacan fondos de onde non os houber -mellor dito: de onde sempre- para inxectar ao grande capital, non vaia a ser que perda beneficio decaia o crecemento.

Por fin vemos so sistema colapsar, xa non é só teoría de marxistas trasnoitados, é unha realidade de sobras anunciada.

A crise están pagándoa os mesmos que oprimidos, expoliados e alienados sostemos ao capital. Non hai máis que recrearse en O xardiñeiro fiel e ver detrás dunha historia de amor o sufrimento dun continente, merece a pena.

Así que, diante de tal expremedura non estaría mal idear algunha nova fórmula alternativa de organziación social, non sei que tipo de ...cracia, mais de seguro que os desfavorecidos, os temas ambientais e as mulleres serían o motor desa revolución
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2008 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Incríbel o que está pasando. Isto ten que estourar por algunha parte. O capitalism#blgtk08#o salvaxe chegará a súa fin? O mundo está maliño e pouca xente o pretende coidar.
Comentario por Betula (21-10-2008 22:13)
2 Magnífico o xardineiro fiel...#blgtk08# vouna pór entre as favoritas.
Comentario por Acuática (21-10-2008 23:32)
3 Todo ten fin. A historia da humanidade escrebiuse por unha sucesión de civilizacións, así que esta tamén terá fin, prefiro que sexa decadente a que sexa de súpeto, sorbe todo se despois non hai nada. Pero teremos que poñer a imaxinación para deseñar o que veña d#blgtk08#espois que non pode ser igual que o de agora.

Un lío de palabras que non se sabe que significan.

Quedámonos co xardineiro. Anque sexa triste amósanos a xuventude dun continente de civilizacións antiquísimas que loita por sobrevivir.
Comentario por Hermaco (24-10-2008 09:17)
4 Las insostenibilidades hoy en dia son algo que esta#blgtk08# siempre presente, y eso no se deberia de tolerar.
Comentario por Hoteles Viena (30-06-2011 23:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0