O 17 de decembro de 1903,
Orville Wright diante da presenza de cinco testemuñas realizou un voo ondulante duns 36 metros en 12 segundos, despegando de xeito semipropulsado co
Flyer I, un simple cacharro de madeira e tea.
Acababa de ter lugar o primeiro voo controlado, vacilante, mais, sostido, do primeiro artefacto aeroplano da Historia. Perfeccionou o seu invento e conseguiu voar no ano 1908 a 36 metros de altura, anque co voo tamén se inauguraron os
accidentes de aviación, as caídas.
O voo dos humanos comezou cun torpe voo ondulante, mais, este é un voo intelixente, quizais o máis usado para aforrar enerxía. Hai moitas aves que o utilizan, deste xeito dan impulso cunha breve batida de as, ou aproveitan no impulso ascensional do aire quente, e logo utilizan no planeo coas aas abertas, ou ben simplemente déixanse caer descendendo para repetir de novo a acción, así fan os petos, as poupas, os periquitos, as rulas, e outros.
Este voo permite ascenso se descensos repetitivos co consecuente cambio de prespectiva. A desvantaxe é o posible mareo que debe dar, mais, permite salvar dificultades e evitar ser un punto fixo e certeiro para os depredadores.