Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Circunvolución gordiana
Dicía Álvaro Cunqueiro que @s galeg@s temos unha circunvolución adicional no cerebro que nos permite seguir remoendo algo durante máis tempo que os demais humanos.

A posición no medio da escada, sen subir ou sen baixar, é unha táctica para gañar tempo. Mentres os demais pensan que estamos a perdelo, nós seguimos a remoer, na circunvolución adicional, de como executar as accións nunha determinada estratexia.

Anque as veces, esa circunvolución créanos un nó gordiano, sin fin, de dificil solución. Ao principio pensamos que somos quen de desenlialo pero ao non poder facelo complícanos a existencia, polo que compre cortalo, como fixo dun xeito salomónico Alex o Grande. Daquela sentimos alivio, andamos un pouco máis liviáns, ata uns centímetros sobre o solo, ao menos ata que o propio enigma que xera o nó, ao verse cortado e non sentirse resolto, xera un seguinte nó.

Poida que cortalo sexa unha solución transitoria, ao menos para non enfrentarse ao enigma, pero a verdade é que o nó sempre ten solución, por iso Gordias disque chegou a rei de Frigia.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2008 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Se cadra cando un nó se resiste o mellor e pensar, lembrar, maxinar como foi que se enleou o fío ata chegar aí. Despois supoño que todo será cuestión de paciencia e maña, hab#blgtk08#ilidade e experiencia en desatar nós menos compricados.
Mais non se fie de min, o meu coche disque o moven non sei cantos cabalos, pero eu nunca vin ningún...
Comentario por Doutora Seymour (23-01-2008 17:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0