Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Touro e panteira
Nunha rúa sen saída pasmaba un grande touro mouro. No centro da rúa había un foxo da altura dunha persoa e alongado, a metade estaba tapado cunhas portas de metal ferroso, polo foxo discurría un rego de auga case limpa que saía de dous tubos anchos.

Para non encomodar ao touro estaba no foxo, abreu as portas e sacaba auga do rego cun cacharro, quizais para que bebera o touriño ese, xa que na rúa nin había herva nin auga. Pero o touro achegouse ameazante polo que pechou as portas sobre si e vía a silueta do touro correr pola rúa entre a rendixa dos bornes das portas, tamén vía a sombra do touro na parte que non estaba descuberta. Permanecía na parte oculta para non ser descuberto nin embestido.

Pensando en como saír de alí abría unha das portas para facer correr ao touro e calculaba o tempo que tardaba e a distancia ata o muro, case tiña os cálculos feitos sobre os seus 10,8 segundos dos seus 100 metros lisos, e estaba disposto a sair, entre as portas, vía a cara do touro que ulía sobre a posición onde el estaba, ........ cando, ve outra sombra ao carón do touro e decátase de que era unha pantera negra. Daquela, pensou, agora si que non teño saída, é máis, o touro non se vai tirar ao foxo pero a pantera si pode entrar.......

Mellor lembrarse dos pesadelos que non ter soñado nunca.

Anotareime a súa terapia de soños de cores Doc.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-01-2008 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Súmome a esa frase rotunda, Hermaco. É imposible engadir nada, só mergullarse#blgtk08# na profundidade da idea... e seguir cara adiante. Reforzado.

Comentario por Doutora Seymour (04-01-2008 00:23)
2 Cantas incógnitas nos deixan os nosos soños! Para min son sempre un interrogante, até o punto de que hai tempo soñar determinadas cousas tiña un significado concreto para min que eu cría achar na miña vida, ou nos cambios da miña vida. Aínda hai dous días sorprendíame cando durante#blgtk08# a mañá se reproducía con exactitude unha acción que soñara esa mesma noite e topaba un pequeno obxecto, unha desas cousas que perdo e que nunca dou atopado. Fiquei abraiada, e iso que era unha parvada... Anda que se vostede se atopa un día destes entre un touro e unha panteira...
Comentario por Acuática (04-01-2008 09:21)
3 De cativo tamén pensaba que os soños significaban algo e buscaba cada significado. Ben é certo que algo significan pero é moi dificil, ou ata imposible, tratar de catalogar os significados xerais. Quedémonos nos soños de cores e que algún deles nos pe#blgtk08#rmita disfrutar, incluso durmidos. Xa teño atopado na vida o que parecían tigres coma cabalos, hienas e arpías, así como dragóns, de momento saín vivo deses encontros, agardo superar taén a panteira e o touro se aparecen, o león pode con caseque todo.
Comentario por Hermaco (04-01-2008 09:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0