Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A nosa propia ordenación do universo

A acuática ordea o universo e debuxa un novo mapa para a viaxe, nun alarde de renovación próprio do solsticio de verán.

Aínda fóra de tempo esa sensación de renovación ten que ver coa situación que vivo neste momento.

Onte durmín baixo as estrelas. Era algo que quería facer dende hai tempo e non daba feito.
Durmir baixo as estrelas non ten segredo, cada día o facemos, outras veces teño durmido na praia ou noutros sitios.

Cando se construía a casa onde vivo soñaba con facer un observatorio de cristal sobre tellado, non para nada, senón para durmir baixo as estrelas. Por falla de orzamento e dificultades técnicas e mesmo legais non o fixen e quedoume un aquel.

Así que como estes días véxome rodeado de pintores que se adican a desordear o meu entorno, coma un tornado espiral imparable, pois toda a casa é un verdadeiro caos, así que durmín no pinche, baixo a velux do tellado, entón lembreime daquel soño que tivera hai tempo. Como a xanela só deixa ver un pouquiño de ceo estiven toda a noite abrindo un ollo para ver si pasaba a lúa polo cadro, total que durmín fatal!, e a lúa pasou.

Aquel caos astronómico sobre a miña cabeza dábame a tranquilidade que me quitaba o atentado ao síndrome de Dióxenes que produciron os pintores na miña psique.

Pero quedei contente de poder ter durmido baixo as estrelas, de ordear o universo un pouquiño antes de durmir. Un pracer ben doado e ben barato pero que non é apreciado neste mundo que vivimos a toda velocidade.

Tratarei de repetilo como terapia unha vez á semana, que opina Doc?.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-11-2007 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Síndrome de Dióxenes paréceme un algo esaxerado, mais comprendo ese caos, igual que admiro o caos que se pode apreza#blgtk08#r baixo unha pequena xanela. En calquera caso un caos feliz, pois a bo seguro será como un vestido novo para a casa.
Comentario por Acuática (29-11-2007 14:52)
2 Opino que me deu moita envexa e que estou por encargar un burato no meu tellado, ou dous.
Goce das #blgtk08#obras, que ese pracer de que o desorde sexa admitido como habitat natural do ser humano pasa tan axiña...
Comentario por Doutora Seymour (30-11-2007 01:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0