Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O rastro entre as ondas
Sigo o rastro que outros deixaron na corredoira, dixo a paciente da Doc. Todos seguimos algún rastro, anque as veces o espazo está ermo e non hai camiño, ou ao menos non está claro. E menos no mar, onde os rastros dos ronseis péchanse e borran a senda. Camiñante non hai camiño faise camiño ao andar, escrebía Antonio Machado e cantaba Serrat, entre outros.

Hai moito tempo, xa 17 anos, algúns tolos abrimos un camiño incerto para tratar de saber máis do noso mundo, dos golfiños e baleas, e conseguimos avanzar apenas un pasiño. Hoxe, vendo cara atrás, sobre aquel camiño que comezamos en solitario, vemos que outr@s petiscan nas nosas palabras e nos feitos, tanto, que camiñan a canda nós e mesmo poida que xa nos teñan superado o paso. Deseguida chegarán a novos camiños aínda sen abrir e a historia repetirase.

Onte atopamonos aquelas xentes que abrimos ese camiño e foi un día de lembranza e de ledicia, de sentementos fortes que nos fan pensar que andamos camiño, que estamos vivos, mais, tamén que cada vez a nosa senda particular é máis curta. Non me magoa.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2007 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Grazas a ese tipo de tolemia como a que vostede padece, Hermaco, é polo que aínda un cre nesa cousa tan desprestixada como é a esperanza. Que outra razón pode haber para abrir camiños senón é para que os anden os que#blgtk08# veñen detrás, e os amplien?. Coido que ningunha.
Comprendo a súa ledicia, a de onte tivo que ser unha xuntanza moi emocionante.
Unha aperta da Doc, e outra (emocionada a máis non poder) da paciente.
Comentario por Doutora Seymour (26-11-2007 23:29)
2 É fermoso reencontrarse con eses tolos que un día comezaron abrir camiño, ese camiño que foi, que é aínda, por veces tan difícil. É fundamental como dis non perder de vista que por ese mesmo camiño deben transitar outros e out#blgtk08#ras, e a todas e a todos correspóndenos levalos canda nós.

Eu penso hoxe se naquel momento podía imaxinar a onde chegaría o camiño... En calquera caso inovidábeis son as pegadas que nel foron quedando.
Comentario por Acuática (27-11-2007 14:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0