Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chichi e o segredo do humor
Tiña gañas de facer uns comentarios a respecto de Chichi Campos, como homenaxe á súa inmensa figura.

A referencia do fabuloso libro o segredo do humor, -lino hai ben tempo- por parte da Doc , impulsoume a desenvolver esta cuestión.

Xesús Campos, alias CHCHI, foi un creador inclasificablemente lúcido, cun inmenso talento para conectar cos demais, un grande comunicador, implacable, ácido pero tremendamente humano. Coñecín a Chichi baixando a costa da fortaleza de Doña Urraca en Salvaterra de Miño, antes de que houbera ponte para ir a Monçao. Tipo curioso, espigado con garabata e cun maletín. Só el foi quen de atreverse a mudar todos os letreiros toponímicos do concello de Fene pechándolle o F. Que cousa non tería deixado de facer!. Para iso está en Fene o museo do humor.


O humorismo -di Celestino- é un esforzo por superarmos a propia debilidade e, mesmo por eso, algo verdadeiramente serio que se agacha baixo a aparente broma.


Chichi era serio, e por iso era humorista, guionista de televisión, articulista, libreiro, etc. Unha máquina que un día caducou e deixounos, e aínda hoxe te botamos de menos!. Foi un mestre, un recipiente do saber, da universiade da vida, é por iso que me premitirás chamarte, amigo, Chichi CAMPUS.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-11-2007 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Inesquecíbel Chichi Campos. Aínda o lmebro en Salvaterra de Miño, cunha maleta e cantando o Grándola vila morena.#blgtk08# Porque me lembrarei eu daquela maleta? Sei que tiña algún significado humorístioc, mais non lembro exactamente.
Comentario por Acuática (21-11-2007 23:37)
2 Un artigo emocionante e fermoso, Hermaco, o mesmo que a sorpresa que levei ao ver que un dos artigos da miña paciente daba paso a esta homenaxe.
Maxine que alguén que non lera ese libro de Celestino, nin coñecera a o#blgtk08#bra de Xesús Campos, se animara a saber máis deles... ás veces un ten momentos de desanimo e pensa que ter un blog é unha parvada, e lle dan ganas de pechalo. Esta é unha razón estupenda para coller folgos.
Un bico.
Comentario por Doutora Seymour (22-11-2007 13:30)
3 Grazas doc.
Agardo que estes breves comentarios lle sirvan a alguén para aumentar os seus coñecementos e polo tanto para ser máis libre. Moitas veces penso eu tamén para que #blgtk08#serve a parvada do blog e paso tempo sen poñer nada. Concordo coa súa paciente e anímoa a sacar temas uqe lle encendan unha luciña a alguén en calquera punto do universo desta rede.
Comentario por Hermaco (22-11-2007 23:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0