Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nominación e oito razóns
Seguindo a terapia e o amable convite da Doctora Seymour paso a detallar oito gustos, oito cousas importantes, anque non en orde correlativa.

O chocolate. Anque din que reprime o sexo, menos mal!, se non onde habiamos de chegar.
A liberdade. Igual que o cabelo, só se aprecia cando se perde.
A poesía, anque as veces non a entendo, igual que as mulleres, muller=poesía=muller.
Sobar despois de xantar. Teño a impresión que non son quen de estar máis de doce horas esperto, por veces cánsame a vida.
A banda deseñada e o cine. Deben ser historias ben contadas.
Os animais. Tratar de comprendelos, de saber que e como pensan, de buscarlle un sentido aos seus actos, por extensión animal: o ser humano.
A filosofía, a política, a ética, a xustiza, calquera ámbito do saber que me faga tratar de comprender este mundo tan inxusto.
O mar. O útero materno da propia vida. E os seus habitantes.
O compromiso como acto de amor. Cos meus, co país, coa rebelión, con todo aquilo que precisa dunha man amiga.
Non teño nin oito recomendados así que o proselitismo deixareno para dentro duns contactos.
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2007 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 O chocolate non reprime, Hermaco, din que sustitue ó sexo... tenme vostede moi preocupada#blgtk08#, non estará mesturando as dúas cousas verdade?

Fermosos gustos, un bico.
Comentario por Doutora Seymour (04-11-2007 20:47)
2 A ver, a ver... Non entende ás mulleres?
O de que as compare coa poe#blgtk08#sía está moi ben, mais que loigo diga que non as entende...

Comentario por Acuática (04-11-2007 22:50)
3 uns días sen pasar por aquí e atópome con curasanes con nocilla (eu os prefiro con marmeladas) e chocolate... Ao lado#blgtk08# escuro sempre se está a tempo de voltar!

Sobre o da poesía e as mulleres, mellor non pronunciarse...
Comentario por senrumbo (06-11-2007 15:42)
4 Di a experta Dra Seymour que o chocolate substitúe ao sexo, non o reprime, é dicir, cambia o obxecto pulsional do desexo dun suxeito por outro obxecto ou máis ben é deriva o desexo ao ser substitído por outra cousa. É dicir que o chocolate induce á secrección #blgtk08#de endorfinas que producen unhas sensacións semellantes as do sexo e que en definitiva o subliman. Non se preocupe doc, hai tempo que mesturo ambas cousas sen orde preferente algún, e non noto nada... ou si. Que pasaría se deixara definitivamente o chocolate?.
Comentario por Hermaco (07-11-2007 15:48)
5 Remito a Acuática ao gusto número seis, sen inten#blgtk08#ción algunha de ofender. Con moito gusto Hermaco.
Comentario por Hermaco (07-11-2007 15:50)
6 Eh?

Daquela tenta vostede comprender e buscarlle un sentido aos actos das mulleres? Ah!

Sentido a que? A varrer? A tender a roupa? A facela cama? Non se ofenda, era#blgtk08# por seguir devanando o tema e comprender eu tamén as súas observacións. Seguro que vostede non pensaba nestes actos, a miña tendenciosidade natural e ánimo de debate, xa sabe.

Comentario por Acuática (07-11-2007 15:57)
7 Non o quero nin pensar Hermaco, igual xa non lle quedaba tempo libre nin para escribir neste fantastico blog.
Case mellor sega combinando as #blgtk08#doses das dúas cousas, como ate o de agora, polo ben de todos.

O do punto 6, imos deixalo, pero que saiba que concordo con Acuatica.
Comentario por Doutora Seymour (07-11-2007 20:52)
8 Pois xa ve doc, non teño demasiado tempo, ou ideas, pero non é por ningún dos dous motivos. Seguirei as súas recomendacións. Reflexionarei sobre o punto 6, ou mellor sobre o#blgtk08# punto 3, se cadra elevar o feminino á categoría de poesía é tamén unha sublimación. Xúrolle que non tomo ningunha substancia psicotrópica que me leve a esa idílica visión.
Comentario por Hermaco (08-11-2007 21:55)
9 por certo, acabo de darme conta de que son#blgtk08# 9 cousas, non oito... A ver cal sacas...
Comentario por senrumbo (09-11-2007 00:27)
10 Xa pode traer á consulta a bolsa de croisants mailo bote de nocilla para a terapia de choque.
E non lle dea máis voltas aos puntos 6 e 3, que se entende moi ben o que quixo dicir. Eu ás veces tampo#blgtk08#uco entendo aos homes, e todo o mundo o entende. O importante é facer por entender, me entende ou quedei enguedellada xa na segunda liña deste paragrafo? Ás veces non me entendo nin eu.
Un saúdo.
Comentario por Doutora Seymour (09-11-2007 00:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0