galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A IMPORTANCIA DAS PALABrAS
As palabras son fenómeno de comunicación, pero tamén de saber porque sen elas non temos memoria. O poeta dixo: "Somos o que lembramos". Podemos dicir tamén que a palabra é un instrumento da identidade. Coa palabra facémonos seres humanos:


Algúns homes -galegos tamén- andan a falaren dun idioma universal, único para toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfección baixando pola escada zoolóxica, deica sentiren envexa das formigas e das abellas. Son os mesmos que perderon o anceio de chegaren a ser deuses, e renegan das inquedanzas que produce a sabedoría. Son os mesmos que consideran o mito da Torre de Babel como un castigo, e renegan da vida ascendente. Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animais. Velaí vai a demostración: Un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo das pampas arxentinas rincha igual que un cabalo de Bretaña. ¿E sabedes por que? Porque os pobres animais aínda están no idioma universal.

CASTELAO, Sempre en Galiza



Ademais a palabra, a fala, a lingua ofrécenos unha personalidade, lévanos a falar da Terra con maiúscula e que lle deamos á vez pronomes como "miña" ou " nosa", se cadra sendo por iso máis universais á vez de verdadeiros. Só sendo orixinais poderemos evitar ser unha simple copia:


A nosa lingua é o camiño de ouro da nosa redención e do noso progreso: sen a lingua morreremos como pobo, e nada significaremos endexamais na cultura universal. Se o galego quere ser máis que habitante dun territorio, se arela ser un factor de universalidade e de cosmopolitismo, soamente co emprego da lingua propia, obra da natureza, poderá selo. Arrenegando da lingua terá que avergoñarse sempre de si mesmo. Creando valores na lingua propia, axiña seremos universais?
Eses que viven de costas ás orixes dificilmente poderán redimirse da servidume do mimetismo. ¿Qué cousa máis orixinal que a lingua dun pobo, xerada por accións e reaccións seculares entre o home e a Natureza, para facelo diverso no universo? (...)



ANTÓN VILAR PONTE, Pensamento e Sementeira


Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 24-09-2012 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
VIVIMOS COMO GALEGOS?
Este curso imos reflexionar sobre a vida, e que vivimos na terra afirmando que somos de algures.

Somos galegos? que significa iso?

Imos visionar dun xeito crítico estes vídeos:










1- Fai un resumo ( copia) os contidos dos anuncios.
Despois le este poema de Manuel Rivas titulado

FONEMA:
Do máis aló da gorxa,
dun profundo e misterioso fol,
saíannos sons que debiamos matar.
Repitan:
Los pájaros de Guadalajara tienen la garganta llena de trigo.
Pero Lolo o do Rito dicía
que los pajaros de Juadalagara tienen la jarjanta llena de trijo
e o mestre dáballe un pao.
A min custoume algún traballo dicir sen respirar
que había plantas monocotiledóneas
pero non din sabido de que familia era
se é que a tiña
o toxo que douraba os montes de Galicia.

Costa da Morte blues, Manuel Rivas.

2- Que relación podes establecer entre o contido dos vídeos e o poema?
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 16-09-2012 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0