Imos poñer en marcha para rematar o curso un obradoiro sobre sociolingüística. A situación do galego hoxe como a vive cada quen e que é o que me sae de dentro con respecto a este tema. Utilizaremos o libro de texto da aula e as lecturas realizadas sobre o libro de Sechu Sende "Made In Galiza", a derradeira deste curso.
Imos facendo boca: un vídeo duns rapaces do IES Leliadoura de Boiro, unha curtametraxe realizada sobre o texto de Sechu Sende "Eu fixen ouigha co espírito de Castelao"
Lembrádevos que o ano pasado nós fixeramos tamén unha montaxe parateatral con textos do mesmo autor e coa lingua como tema central. escolleramos outros textos.
Despois dun mes lendo poemas e tranballando sobre esta antoloxía da poesía galega de Rosalía até hoxe que realizou Fran Alonso, tivemos o pracer de ter un encontro co autor para falar de poesía e de literatura.
O esquema de traballo do libro foi o que segue:
1-Escoller 9 poemas que me gustaron.
2 Destes 9 poemas comento o tema e os seus principais recursos.
3- Escollo logo 3 poemas de amor e fago algo semellante.
4-Escollo outros 3 que falen de Galicia.
5- Elixo un poema para afondar sobre el atope.
6- Que podo dicir sobre os ecos do poema da páx.91.
7- Quen escolleu esta antoloxía, procurar información sobre Fran Alonso.
8-Que poema boto en falta e por qué.
9- Aporto eu o meu propio poema.
O traballo persoal íase combinando coa lectura de poemas escollidos polos alumn@s na aula en cada sesión e ir comentando tema e recursos.
Unha experiencia de achegamento e interiorización, unha práctica de poetización con cadáveres exqueisitios incluídos.