galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CURROS ENRÍQUEZ
Manuel Curros Enríquez



BIOGRAFÍA;
Nacido o 15 de setembro de 1851 en Celanova (Ourense), Manuel Curros Enríquez pasa por ser, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, o gran referente do denominado ?Rexurdimento? da literatura galega de finais do século XIX.
A súa obra ?Aires da miña terra? identificao como un gran poeta civil, capaz de conxugar a denuncia social en favor da clase máis desfavorecida, como demostra en poemas como ?As Pragas?, ?Nouturnio? ou ?Mirando ó chau?, cunha poesía de exaltación dos valores tradicionais da cultura galega, como é o caso ?Unha boda en Einibó?, ?O gaiteiro de Penalta? e moi especialmente ?A virxe do Cristal?, onde describe de forma maxistral a lenda sobre a aparición da imaxe da pequena virxe desta localidade, cuio santuario se ubica na parroquia de Vilanova dos Infantes, lugar de nacemento de Petra Enríquez, a súa nai.
Pero a súa obra trascende máis alá da poesía e céntrase durante gran parte da súa vida no xornalismo. Prestixioso redactor de ?El País? e a ?Gaceta de Madrid?, a súa labor informativa levoulle a exercer como corresponsal de guerra no País Vasco durante a terceira guerra carlista, escribindo unha serie de ?Cartas del Norte? que publicou no diario ?El Imparcial?; despois dun temporal regresou á súa Galicia natal como funcionario de Facenda en Ourense, finalmente viaxaría a Cuba, en cuia capital, a Habana, funda ?La Tierra Gallega?, chegando a traballar tamén en ?El Eco de Galicia?, así como no ?Diario de la Marina?. O seu concurso desde aquela isla caribeña foi fundamental para, en colaboración con Manuel Murguía e outros intelectuais galegos dun e outro lado do Atlántico, promover a constitución da actual Real Academia Galega da Lingua a través da ?Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega?, da que foi elexido presidente-fundador.
Perseguido pola igrexa e pola xustiza -que o condenaría a dous anos e catro meses de cárcere en Ourense, para ser posteriormente absolto na Audiencia Territorial de A Coruña- a raíz da publicación de varios poemas de ?Aires da miña terra?, a súa capacidade de conexión ca vila seríalle recoñecida nun acto de coroación como o gran poeta civil de Galicia, no que participaron os principais personaxes do mundo cultural e literario da Galicia daquel momento e que tivo lugar na cidade de A Coruña no mes de outubro de 1904 con motivo da última viaxe que fixo desde a Habana.
Tras o seu falecemento, ocorrido na capital cubana o 7 de marzo de 1908, a cidade herculina que tan ben o acollera en vida e á que recordou e homenaxeou en mái s dunha composición poética, fíxose cargo finalmente dos seus restos, que permanecen enterrados no cemiterio de San Amaro daquela cidade.
CRONOLOXÍA ELEMENTAL;

1851: Nace en Celanova, fillo do escribán Xosé María de Curros Vázquez e de Petra Enríquez

1865: Escápase da casa e acaba residindo en Madrid na casa do seu
irmán Antonio

1869: Comeza a estudiar a carreira de Dereito e escribe o seu primeiro poema titulado ?Cantiga?

1871: Cásase con Modesta Vázquez Rodríguez, nada en Puebla de Sanabria e filla dun maxistrado da Audiencia Nacional de Madrid

1873: Incorpórase como redactor á ?Gaceta de Madrid?, iniciando así a súa carreira xornalística nesta cidade

1874: Gaña un concurso literario convocado por ?El Imparcial? cun traballo titulado ?Oda a la guerra civil?, o que lle serve para entrar a traballar neste xornal.

1875: Traballando en ?El Imparcial? desplázase ó País Vasco para informar sobre os pormenores da terceira guerra carlista. Escribe as súas colaboracións desde aquel lugar tituladas ?Cartas del Norte?.

1877: Gaña un certame literario en Ourense promovido por un dos seus protectores, Modesto Fernández González, cos poemas ?A Virxe do Cristal?, ?Unha boda en Einibó? e ?O Gaiteiro de Penalta?.

1878: Regresa a Ourense, onde traballa como funcionario de Facenda. Nesta cidade encárgaselle a dirección do xornal ?El trabajo? e colabora con ?El Heraldo Gallego?.

1880: Morre a súa nai, suceso que lle inspira un poema titulado ?Na morte de miña nai?. Publica o seu libro máis coñecido ?Aires da miña terra?, que é prohibido pola Igrexa e que lle supón un proceso civil polo que sería condenado inicialmente en Ourense a unha pena de dous anos, catro meses e un día e unha multa de douscentas cincuenta pesetas, e posteriormente absolto pola Audiencia Territorial de A Coruña.

1883: Volve a Madrid e ingresa como redactor en ?El Porvenir?, pasando posteriormente por distintos medios como ?El Progreso? ou ?El País?.

1888: Publica o seu segundo libro en galego ?O divino sainete?.

1893: Con motivo da fundación do Centro Gallego de Madrid, o escritor é coroado poéticamente nun acto de homenaxe que se celebra no Teatro da Comedia desta cidade.
1894: No mes de marzo chega a Cuba e funda o xornal ?La Tierra Gallega? que editará durante dous anos. Durante esta época ten diversos problemas coa colonia galega que o acusa de separatista, ante o problema de Cuba, sendo el un firme defensor dun régime de autonomía para a illa.

1896: Traballa como corrector de probas no ?Diario de la Marina?, onde consegue importantes éxitos profesionais e un recoñecemento público. Ó mesmo tempo comeza a manifestarse nel unha actitude crítica con parte da colonia galega na illa.

1904: Enfermo de asma e reuma, decide regresar a Galicia. Neste mesmo ano a cidade de A Coruña, a onde chega, organízalle unha gran homenaxe e un acto de coroación poética, o segundo que lle é organizado en vida. Durante a súa estancia en Galicia mantén frecuentes contactos con Murguía, Tettamacy e outros, que despois serían o xerme da Asociación Inciadora e Protectora da Academia Galega. En outubro deste mesmo ano, despois do acto poético do Teatro Principal coruñés, regresa a Cuba.

1905: É elixido presidente da Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega, que poría as bases para o nacemento, ó ano seguinte, da Real Academia Galega.

1908: O 7 de marzo falece na clínica Covadonga do Centro Asturiano.

O día 31 dese mesmo mes o seu cadáver chega á cidade de A Coruña, en cuio cemiterio é enterrado no medio dunha multitudinaria e popular manifestación de dó polo falecemento do que nesos momentos é considerado xa o máis grande dos poetas civís de Galicia.


OBRAS MAIS DESTACADAS;

1880 :Aires da miña terra. Ourense.

1888: O Divino Sainete. A Coruña.

1892:El maestre de Santiago. Madrid.

1893:Biografía de Eduardo Chao. Estudio biográfico-político, Madrid
1910:Obras Completas. Madrid.





Aires da miña terra ; O maio, cantiga?

O maio


Aquí ven o maio
de frores cuberto?
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o qué polo de hoxe
que darvos non teño.
eu són vos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno!?.
Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus éidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero..
Querédes castañas
dos meus castiñeiros??
cantádeme un maio
sin bruxas nin demos:
un maio sin segas,
usuras nin preitos.
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.









Cántiga

No xardín unha noite sentada
ó refrexo do branco luar,
unha nena choraba sin trégolas
os desdés dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decía:
"Xa no mundo non teño ninguén;
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben".

Os seus ecos de malenconía
camiñaan nas alas do vento
i o lamento
repetía:
"¡Vou morrer e non vén o meu ben!"

Lonxe dela, de pe sobre a popa
dun aleve negreiro vapor,
emigrado, camiño de América,
Vaio o probe, infelís amador.

I ó mirar as xentís anduriñas
cara á terra que deixa cruzar:
"¡Quen pudera dar volta -pensaba-
quen pudera convosco voar!..."

Mais as aves i o buque fuxían
sin ouír seus amargos lamentos;
sólo os ventos
repetían:
"¡Quen pudera convosco voar!"

Noites craras, de aromas e lúa,
desde enón ¡que tristeza en vós hai
prós que viron chorar unha nena,
prós que viron un barco marchar!...

Dun amor celestial, verdadeiro,
quedou sólo, de bágoas a proba,
unha cova
nun outeiro
i on cadavre no fondo do mar.

LETICIA Estévez Barcia
Comentarios (1) - Categoría: DÍAS DAS LETRAS - Publicado o 18-04-2008 07:53
# Ligazón permanente a este artigo
O RAP EN GALEGO
O rap, a música falada orixinaria dos barrios negros de Nova York, estendida por todas partes do mundo e tamén en Galiza, tivo unha difusión meirande cos outros xeitos de expresión do hip-hop, saíndo incluso fóra do seu círculo para atinxir artistas pouco o nada involucrados nesta cultura, e pódese sinalar aos Resentidos como un dos primeiros grupos galegos en incluír este estilo no seu repertorio musical. E cun éxito notable con temas como Arde Galicia que supuxo unha nova etapa de esplendor, da música cantada da lingua. Outros moitos malia o carácter eminentemente urbano e novo do movemento, co que isto implica en canto a uso do galego, decidiron empregar a nosa lingua para botar as súas rimadas e así xurdiron os irmáns Bochechinhas, os Skornabois, o Pinto D´Herbón ou Marisol Man Furada, todos eles rimadores heterodoxos que tiñan moito máis presentes as tradicionais regueifas có Bronx neoiorquino cando compuñan as súas cancións pero que non por iso deixaron de nos achegar unhas creacións de calidade e cun selo persoal que non deixa indiferente. Hoxe en día o epicentro do rap rimado en galego está na vila de Ordes onde atopamos un colectivo formado ao redor de grupos coma Dios ke te crew e 5 Talegos. Cómpre tamén destacar a escena santiaguesa con bandas como Non Residentz, Hip Hop Ateneu, Noitebregos, graffitteiros coma Cousas Novas e breakers como Playmovil Kids.

Artistas, grupos e colectivos

1. Dios ke te crew

Dios ke te crew é un grupo de hip hop formado en 2003 en Ordes (provincia de A Coruña). Hoxe en día forman un colectivo de graffiti, breakdance, dis e rap. Todas estas vertentes do hip hop xúntanse nas actuacións en directo do grupo onde é habitual presenciar graffiteiros pintando pezas ó fondo do escenario e bailes de breakdance mentres a parte musical do grupo interpreta os seus temas.

Este colectivo comenzou no Festival 2003 cando a organización chamou a cantar ós grupos de rap 5 Talegos e Ghamberros, ambos formados en Ordes, que presentáronse como Dios ke te crew. Na parte musical uníronse os graffiteiros Vandals Crew e Cousas Novas, e os breakers composteláns Playmovil Kids, os cales xa non forman parte de Dios ke te crew.

Despois de que 5 Talegos e Ghamberros apareceran en varios recopilatorios, en 2004 Ghamberros fai a súa primeira referencia de título homónimo.

A primeira gravación acreditada de Dios ke te crewa foi o corte incluído na película colectiva ?hai que botalos?, unha recopilación de curtametraxes postos en circulación con motivo das eleccións ó Parlamento Galego en 2005. Aportaban a banda sonora ó episodio titulado O derradeiro, o tema titulado ?Herdeiros da ditadura?.

No ano 2006 lanzan o seu primeiro traballo en formato profesional, un LP titulado ?Xénese? composto por 16 temas. Autoeditado polo selo do propio grupo DKTC Sons e a editora galega Falcatruada. Distribuído por Discmendi en España e Portugal. Trátase do primeiro disco de rap integramente en galego no que presentan a realidade cultural, social e política con sarcasmo e humor. Influencias do jazz, rock, reggae, hardcore ou funk están presentes nas bases musicais deste traballo. No deseño de CD inclúe ilustracións e graffitis de membros do colectivo.






Nas súas actuacións por toda España, compartiron escenario con artistas como Saian Supa Crew, The Beanuts, Dealema, Foreign beggars, Ojos de Brujo, La Mala Rodríguez, SFDK, Violadores del Verso, Solo los Solo ou La excepción.

2. Mito Escrito

Mito Escrito (2002). Actualmente Kotto, DiDacum, DJ Webo e Pablo Uve. Por méritos propios xa son un clásico na escena rap en Compostela. Brocas e Tojinos (2003), bases yankies rapeadas por Kotto e Balat, Grandes Cundidas (2004), a maqueta en solitario de Didacum. Chapando Garitos (2005), producido por DJ Webo e DJ Dakrow é unha trintena de concertos é o seu traballo ata 2006. Da unión de forzas con Bronquitis Cronica e Jalapeña nace en 2005 Colectivo FM, directos moi dinámicos e distintos estilos no mesmo pack. Agora están presentando o seu novo traballo ?A cara B da cidade, en distintas cidades galegas e estän no cartel de varios finalistas a nivel galego, como Senuncan Hiphop, finalistas do Concurso Ensaio en O Grove e finalistas do Concurso Urbanx Festival, compartiron táboas con grupos como 3Monos, Telefunken, Rack Eterno, Delahoja, Queroseno, Coguito, Non Residentz, El Galgo, DJ Kaze, N-Ko e DJ Orbe, Drumdrama, Pillo Astuto, Actos Urbanos, Octubre 28, Ambitoh Kinitoh, Da Ria, DJ Darkrow?


3. El Puto Coke

El Puto coke, tamén coñecido como El Puto, é un Mc galego nado en Vigo no ano 1979. El Puto Coke leva involucrado no panorama do Hip Hop español dende 1996. É o antigo compoñente e cofundador do colectivo ?A Familia?, conta con máis de cinco discos ás súas costas. ?A Familia? desfíxose pero destacaron por ser pioneiros en indagar máis alá do son hardcore reinante no momento, e en innovar con orixinais planeamentos na temática das súas cancións.

Con ?A Familia? autoeditou un disco titulado ?Eclipse? en 1998. O seu debut en solitario foi da man da compañía ?Euro 17? onde publicou ?O Proxecto?. A súa estancia con esta compañía foi curta xa que despois pasaría a Avoid con ?Epílogo?. En 2002 editou o LP ?Un raio de soul? coa compañía ?Lam Records?. Neste último traballo destaca o tema ?Nana?, unha nana xunto a Kase-O e Payo Malo.

Sen embargo, seguía sen sentirse a gusto coa súa compañía e decidiu cumprir o seu contrato publicando en 2004 o disco ?Pilla isto?. Deste disco destaca o último tema ?Terreo minao? no que rima coa sílaba ?ao? cun estilo e un efecto peculiar.

El Puto Coke iniciou en 2004 o proxecto ?Souldados? co rapeiro portugués Ace membro do grupo ?Mind da gap?.

En xaneiro de 2006 e tras máis de tres anos de espera, El Puto Coke presentou o seu novo disco ?Os luns ó Soul? que se distribúe gratuitamente dende a súa propia páxina web. Neste novo traballo, as producións do álbum repártense entre Serial (Mind Da Gap), Mundo (Dealenma), Juan Profundo e Dive Diboso. Ademais conta coas colaboracións vocais de artistas da talla de: Mundo (Dealema), La puta opepé. Woyza o Loco 23.




4. O Asunto

?O Asunto? é un colectivo formado no 2006, composto por Sucias Ratas, Sokez MC e DJ Zepo, Roke (SFC) e O´Ras (DGB). Colectivo concibido para intentar reunir os 4 elementos do Hip Hop nos directos. Sucias Ratas (Kobe, Jona, Iago e Sac) grupo afincado en Pontevedra e Marín, con varios concertos xa a súas costas e compartindo escenario con xente como Falsalarma, DeLaHoja, Bronkitis Crónica, Mito Escrito, Ogmios, KDS, SKA e Kaze, etc? están en proceso de gravación da súa primeira maqueta aínda que xa presentaran algún avance no seu MySpace en Internet, por outra parte Sokez é un MC de Pontevedra (Galicia) de 23 anos que leva nesto do Hip Hop nove anos xa. Empezou a introducirse nesta cultura, escoltando ata a saciedade as típicas cintas que te deixaba un colega, como calquera outro b-boy. Fai algo máis de dous anos, e grazas a DJ LaEse, coñeceu a DJ Zepo, Dj de dezanove anos con moi boas maneiras. Empezou a currar e a facer temas e o que saíu foi ?Non Hai Fallo?, unha maqueta que tivo unha moi boa acollida. Con este primeiro traballo queren expresar as súas vivencias relacionadas co entorno que os rodea e sobre todo aportar o seu gran de area a este aínda pequeno deserto do Hip Hop. Antón G. Seoane a.k.a. ROKE nace o 6 de Decembro de 1986 en Vigo. Os seus inicios no graffiti remóntanse ao 97, cos seus primeiros tags influenciado por Aley97 (VDS) e o graffiti que vía na rúa. Tras madurar no graffiti e pertencer a colectivos como a BEM ou a BVK, aséntanse en SFC, colectivo ao que pertence hoxe en día, composto por el e tres colegas do seu barrio (Dime, Moos e Mais), o cal obtivo recoñecemento pola súa gran adicción ó negro bituminoso, ó color prata, e ás grandes creacións en chapas. Roke caracterízase por ser un artista polifacético que realiza todo tipo de graffiti: Bombing, Murais (tanto letras como kekos), Street Art?Alternando entre un e outro segundo tempadas. Ademais, dende fai un par de anos iníciase na tatuaxe e tatúa ocasionalmente ata o día de hoxe nun local privado. Artista autodidacta que nunca recibira ningún tipo de educación artística ata hoxe, xa que formouse na Escola de Deseño Industrial de Ferrol

5. Tres Tristes Tigres

Tres tristes Tigres son un grupo nado en Pontevedra formado por 2 mcs (Risk e Lloyd) e un dj/produtor (O Pobre). A idea do grupo xurdiu cando os tres compoñentes decatáronse de que tiñan algo en común, unha paixón, un vicio, un medio para descargarse, par ver as cousas, para combater, para ser libre, para expresarse, para sentir, e sobre todo para vivir o día a día dunha forma diferente. O rap, a poesía, a música, algo que compartían, e no que tiñan un mesmo punto de vista, as súas formas de traballar, a súa temática, todo entre eles era moi similar, así que decidiron unirse e saír a luz como grupo.

¿Por qué se chaman Tristes Tigres?. Ademais do xogo de palabras que ten a frase do trabalinguas, represéntalles moito o nome, pois non é que a súa temática sexa puramente triste, pero é a era actual en moitos aspectos o é. Eles queren reflectir nas súas letras e música o que realmente senten, o que ven, o que é a realidade en si, non presumen de nada porque iso non é o que buscan, nin competir contra ninguén porque o único rival que hai agora é o que intenta reprimilos mentalmente. Eles queren unha reflexión sobre o que pasa no mundo, sobre o que pasa polas súas cabezas, problemas que calquera persoa, independentemente da súa orixe, lingua ou raza tamén ten. O consumismo abusivo, o estres, a obsesión por vivir de aparencias, a crítica ó sistema, á sociedade?, calquera tema deses pode caer sobre a pesada tinta do seu boli. Por iso calquera pode sentirse identificado cos seus raps, porque non van dirixidos pura e exclusivamente para a xente do movemento, senón que vai para quen o queira oír, dado que de momento, oír é gratuíto. Non lles interesan aqueles raps que non digan nada, que soamente sexan falar por falar, rimar por rimar, queren mensaxe.

Ten moitos proxectos, de momento están intentando dar concertos por onde se poida, e intentar gravar algún día nalgún futuro unha maqueta ou algunha referencia, para que a xente que queira escoite as súas cousas, non queren fama, senón compartir a súa música co máximo de xente posible, se iso leva á fama, a fama é algo inevitable.

6. Ogmios/Rap As Pontes

Ogmios é un grupo de rap de AS Pontes (A Coruña). Comezaron con isto do rap fai anos: uns pintando, outros bailando, outros rapeando. O primeiro compoñente de Ogmios (Troti) sacou unha maqueta no ano 2004 (?Rey de Reyes?) despois de cantar no Nabiza Rock III e compartindo escenario con grupos como Sobrinus ou Dr. Funkstein. Ó ano seguinte, Antón (Toninho da Soutsa) pasa a formar parte do grupo e xuntos repiten no festival Nabiza (esa vez como teloneiros de grupos como Barón Rojo, Avalanch ou Sol Lagarto). O 2006 foi un bo ano, xa que sacaron a súa segunda maqueta (Rap As Pontes) e tinxiron bolos en Santiago, Ourense, As Pontes, Lugo e vinosa, onde compartiron cartel con outros grupos galegos e estatais (Ambito K, FM, Ment, Underflow, Hades y Felix, Watios, Dria e Pablo, Sokez, Puto Chino e Nalis, Fundación Tony Manero, Pal Heli, entre outros). En todos estes concertos, os scratches correron a cargo de Adrián (Dj Trape), un coruñés colega do grupo. A mediados deste mesmo ano, e coincidindo coa incorporación de Fernando (Fosa) ao grupo sacarían a súa terceira maqueta (Demos-Traición). Na actualidade están a piques de sacar un novo traballo (Ogmios-Puntos de Vista) cun novo Dj, Pive e cun erudito do son, Dr. Obe. Por último, mencionar ós Faneca Morder Crew que os acompañan en tódalas viaxes e a todos os concertos.

7. O rap galego percorre Europa

Pertences a segunda xeración que deu a emigración galega por Europa. Rapean en castelán, francés, alemán e galego e teñen como centro de operacións as cidades de Xenebra, Schaffhausen ou Santa Cruz de Tenerife. Os seus versos falan da emigración e dos veráns na aldea pero tamén dos problemas cotiás que afectan ás suas vidas.

A web mafiagallega.com, dirixida por Francisco Fernándes, aglutina dende Suíza boa parte destes grupos que se expresan a través do rap e que están a serrar todo un movemento Hip Hop na diáspora<. Na actualidade, esta plataforma virtual canaliza e difunde o traballo de preto de vinte grupos entre os que se atopan bandas como Gale´n´raven, Gran Purismo, Xoko Suízo ou a propia Mafia Galega.

É un dos moitos e sorprendentes efectos colaterais que ten dado a emigración, un fenómeno que colle pulo nos últimos tempos baixo a firma de músicos que están a deixar fonda pegada nas escenas musicais de diferentes puntos do planeta.

Gran Purismo é un deles. Detrás deses dous termos agáchase Carlos Abad, fillo de galegos asentado en Schaffhausen, no norte de Suíza. Leva máis de dez anos sobre os escenarios, pegado a un micrófono rapeando. Neste tempo, arroupado polo boom que está a experimentar o Hip Hop en Suíza, conseguiu insuflarlle aire novo ao panorama musical do seu país con letras en castelán e en galego. O seu rap hispano, non ibérico, ten chamado a atención de bandas como Violadores del Verso, con quen colaborou no seu coñecido disco Vicios y Virtudes co tema ?Suizaragoza?. A peza, un interludio cantado con toque de jazz, sorprendeu no medio do rap escuro que caracteriza a Violadores e serviulle de plataforma de lanzamento no Estado.

Na actualidade traballa no que sería o seu primeiro longa duración, un disco que navega polo funky, o rock e o soul. Presentouse baixo o título Aventuras en el paraíso e será producido polo zaragozano Hahze.

A emigración en países como Suíza ou Francia é moi importante, segundo Abad, e o rap é o xeito que atopan para expresarse. Abad aínda que prefire non falar de movemento, porque non existe unha conexión profunda a nivel global, si que remarca que están a xurdir iniciativas en moitos puntos do planeta que teñen como denominador común o rap e as orixes galegas. Comenta que seguro que existen grupos en París, Marsella, Bos Aires que tiran deste tipo de música pero acontece que non dan a coñecer que son galegos. Neste sentido, destaca a iniciativa levada a cabo en solitario por Francisco Fernández coa posta en marcha da páxina mafiagallega.com, porque ?fixo moito por recoller os grupos da diáspora?.

MANUEL NORES

Novidades 2009
Comentarios (2) - Categoría: MÚSICA EN GALEGO - Publicado o 18-04-2008 07:49
# Ligazón permanente a este artigo
SITUACIÓN ACTUAL DA MÚSICA FOLK GALEGA.
Numerosos sectores da música galega consideran que estamos unha época de recesión ou de crise. As ventas baixan, os concertos teñen máis éxito fora da nosa terra que nela, as axudas da administración non chegan para manter a un número tan numeroso de músicos que teñen que viaxar ao estranxeiro para enches salas?
Todo isto contrasta cos datos que din que o número de alumnos das escolas tradicionais suman uns 20.000, as escolas superan as 700, as súas actividades as mil etc. A isto súmase o feito de que a calidades aumentou considerablemente ao longo dos últimos anos, a oferta é maior e a facilidade para acceder ao público a través de internet ou da televisión é moi alta .
Mirando o tema desde o punto de vista optimista decidín facer un traballo que mostrase a gran cantidade de grupos que fan música en galega, en galego, con músicos galegos ou simplemente música producida en Galicia. Tamén paréceme importante destacar o auxe que ten a galega dentro do estudio musical, parece que xa non é incompatible a música tradicional (en calquera das súas especialidades) co ensino a nivel superior.

Dous son os conservatorios que ofrecen a posibilidade de estudar música tradicional en Galicia. Estes son ?O Conservatorio de Música Tradicional e Folque? de Lalín, e a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
A ESCOLA DE ARTES E OFICIOS DE VIGO fundouse no ano 1885. Nunha primeira etapa funcionaba como escola para os sectores máis desfavorecidos da cidade olívica (mulleres, obreiros?). Incorporaba no seu programa actividades tan variadas como as relacionadas co téxtil, co tallado de madeira, o ensino de idiomas etc.
A partir dos anos setenta experimentou un cambio considerable debido á reforma das instalación e a introdución de novas actividades. Foi nesta época cando se introduciu a gaita como unha das materias principais da Universidade Popular, como tamén era coñecida. O impulso definitivo á música tradicional realizouse no ano 1996. Neste ano comeza a súa andaina no Conservatorio de Música Tradicional. Era un centro pioneiro que engadía nocións teóricas e históricas ao ensino de multitude de instrumentos. A súa labor sería un exemplo a seguir para outros organismos como o Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.
O conservatorio incluíu tamén no seu programa os obradoiros de construción de instrumentos tradicionais e antigos, aos que se incorporaron anos despois outros da música moderna, que amosaban o traballo que se podía realizar coas computadoras ou os estudos de gravación .
Despois de estar varios anos pechada por mor das obras, a Escola volveu a abrir as portas aos seus alumnos no ano 2002.


O CONSERVATORIO DE MÚSICA TRADICIONAL E FOLQUE (CMTF) naceu en Lalín fai oito anos. O seu principal obxectivo era o de promover a normalización na aprendizaxe da música do noso país e cubrir o baleiro que sufría a produción e a divulgación cultural no mundo da música galega. Ë evidente que despois de case vinte anos da aparición da chamada música folk era necesario unha institución coma esta en Galicia.
O CMTF ofrece a posibilidade de estudar as seguintes materias: gaita, zanfona, acordeón diatónico, requinta e frautas traveseiras, percusión, violín, sección de cordas, baile galego, composición e improvisación por ordenador, traballo escénico, canto, teoría e método da música tradicional e linguaxe musical. Estas actividades complétanse con varios seminarios ao ano, cursos de construción de instrumentos, cursos de verán?



CAMBIOS PRODUCIDOS NA MÚSICA TRADICIONAL A NIVEL INSTRUMENTAL:
A diferenciación entre a música folk e a música tradicional atópase en gran medida no tipo de instrumentos utilizados por unas formacións e por outras. Así, mentres as agrupacións tradicionais están formadas por gaitas, tambores de pel, pandeiretas, cunchas e pouco máis, os grupos folk incorporan instrumentos de orixe irlandesa (bodhram), grega ( bouzouki), sudamericana ( ocarina) etc. Tamén se incorporaron instrumentos que sempre se estudaron nos conservatorios como son o violín, o arpa, o piano, guitarra, clarinete, saxofón? e outros que se incorporaron a estes trala creación dos conservatorios de música tradicional, como por exemplo, a zanfona, de orixe medieval.
Para coñecer mellor estes novos elementos da nosa música, esta é a historia de algún dos instrumentos xa nomeados:
? Bodhram: o bodhram é un tambor de marco irlandés. O diámetro do marco e a súa profundidade poden variar. A un lado do marco atópase o parche (ou membrana) tensado e enganchado ao marco. A membrana era tradicionalmente de pel de cabra, aínda que actualmente é habitual encontralas de peles de outros animais como o canguro ou incluso de materiais sintéticos como o klevar . O outro lado do marco queda aberto. Unha ou dous barras cruzadas no interior do marco fortalecen a súa estrutura.
Habitualmente tócase sentado. Unha man suxeita o tambor e a outra tócao utilizando unha peza de madeira que se coñece co nome de baqueta.
O bodhram gañou popularidade dentro do mundo da música celta, especialmente en Bretaña, Escocia, Galicia, Asturias, Cantabria e Terranova.
Grupos de folk tan importantes como Milladoiro ou Lúar na Lubre utilizan este instrumento na nos aterra.


? Bouzouki: o bouzouki ten catro cordas dobres metálicas, o mastro longo e delgado e a caixa de resonancia en forma de pera. A miudo está exquisitamente decorado con incrustacións de nácar e outros materiais relucentes, feito que demostra a súa ascendencia oriental.
A pesar do tempo que pasou desde a súa creación, este instrumento cambiou moi pouco. Probablemente, o cambio máis importante é que pasou de tres cordas dobres a ter catro.
Este instrumento utilízase en estilos de música de todas as clases. O ámbito no que mellor se desenvolve é no rock progresivo con tendencias folk.


? Ocarina: a orixe da ocarina remóntase a América Prehispánica, os quechuas e os aimaras utilizaban este instrumento musical, acompañados de quenas, zanfonas e outros instrumentos. A súa fabricación é difícil xa que é de greda e oca no seu interior. Existen diversos tamaños pero ningún é máis grande que as mans.



Xunto a estes instrumentos que contribuíron a modificar e, quizais, a enriquecela tamén, non hai que pasar por alto a influencia das novas tecnoloxías na música. Poucos son os grupos que hoxe en día non utilizan unha computadora para retocar as súas composicións. Ademais, o papel desempeñado por internet na difusión da música tradicional é cada vez máis importante.




ALGUNHAS AGRUPACIÓNS:

SonDeSeu nace dunha experiencia musical e didáctica realizada no Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes de Vigo a partir do curso 2001-2002. Alumnos e profesores forman a primeira orquestra folk de Galicia. Un total de 35 músicos recrean repertorio tradicional e de nova composición dende un espírito aberto, un timbre fundamentalmente acústico, instrumentos construídos na súa maioría no propio país por artesáns mesmo pertencentes á propia orquestra e arranxos contemporáneos na liña do xa clásico folk galego producidos en exclusiva para a formación polos profesores das aulas do conservatorio, todos eles con longa traxectoria no estilo. A coidada presenza escénica constitúe de por si un espectáculo orixinal e vistoso. O son, potente e cheo de enerxía, transmite ó publico mensaxes de ledicia e harmonía, como xa o puxeron a proba nos concertos que veñen dando en Galicia.


Milladoiro naceu a finais da década de 1970 da unión da formación tradicional ? Faíscas do Xiabre? cos músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní.
O seu primeiro concerto foi a 15 de maio de 1979 de colexio Salesianos de A Coruña. A súa versatilidade, demostrada non só nos seus traballos grupo, senón noutras produción e colaboracións, serviulles para gañar o Goya en 1986 pola banda sonora orixinal da película ? La mitad del cielo?.
Sen dúbida, Milladoiro é un dos mellores representantes da cultura galega polo mundo adiante.




Lúar la lubre é, hoxe por hoxe, unha das formacións máis importantes de folk na Galiza e quizás a máis internacional cun amplo historial de concertos e recoñecementos tras de si. A súa sona traspasou fronteiras sendo solicitados desde todos os puntos do planeta para tocar nos máis prestixiosos festivais e recintos. Desde os seus primeiros traballos obtiveron distintos premios, boas críticas, actuacións nos mellores escenarios e dous discos de ouro que conforman esta longa historia que podedes pasar a coñecer?

Berrogüetto é un grupo de folk galego fundado na década dos 90. Os seus compoñentes proviñan, en gran parte, de desaparecido grupo Matto Congrio, no que militaba tamén o gaiteiro de Carlos Nuñez. O seu primeiro disco, Navicularia, supuxo unha revolución dentro do panorama folk por mor do seu innovador estilo onde as melodías tradicionais tratadas cunha gran frescura, achegando interesantes harmonizacións modais e contrapuntos. A partir de ese momento, cada un dos seus discos supuxo un novo avance na súa forma de comprender e interpretar a música tradicional.





Treixadura. Este grupo foi fundado por catro gaiteiros de Redondela no ano 1990.
Estes gaiteiros foron Antón e Xan López, que proviñan dun grupo de gaiteiros chamado PASENIÑO, e Xaquín Xesteira e Xabier Martínez, que remataban unha etapa na Banda de Gaitas de Vilanova de Arousa.
Xuntos fundaron o grupo que, máis tarde, chamarían TREIXADURA GAITEIROS. No ano 91 sumouse a esta idea Ramón Vázquez ("o Chirlo) do grupo OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA.
Logo de dous anos nos que se perfilou a liña a seguir, decidiron presentarse ó público o 30 de Xuño de 1992, nun concerto celebrado no seu lugar de ensaio, o mesmo muíño que os viu nacer como agrupación. Dende entón, o grupo foi rodando por diferentes vilas e cidades de Galicia e España, en todo tipo de eventos musicais ou culturais, fundindo voces, gaitas e percusións nunha variada gama de ritmos para, así, contribuír a manter las melodías coas que, ó longo de tanto tempo, os nosos gaiteiros animaron festas e romarías.
No ano 1995, Paulo Nogueira substituíu a Xabier Martínez e, un ano máis tarde, Treixadura, entra no mercado discográfico cun cd titulado ?Obrigado?, un traballo de recoñecemento ao labor feito polo antigo grupo de gaiteiros.
En 1998, Ramón Vázquez decidiu abandonar o grupo para dedicarse profesionalmente á construción de gaita e instrumentos de percusión galega. Deixou un baleiro que o grupo encheu coa chegada do acordeonista César Longa.




Deste xeito quedou configurada a actual formación de TREIXADURA GAITEIROS.


SonDeSeu foi a revelación do Festival de Ortigueira na súa 25 edición. Agora presentan a súa primeira creación discográfica "Mar de Vigo", editada en España por Boa Records.



Estes son só algún dos grupos que trunfan ou triunfaron nalgún momento en Galicia. Existen outros como Quempallou, Os cempés, Leilía?
Importantes tamén son os gaiteiros solistas: Carlos Nuñez, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Cristina Pato? que contribúen a difundir a nosa cultura por todos os lugares do mundo.


CRISE?
Numerosos comentarios sobre a situación actual do folk galego fan referencia a un estancamento ou perda progresiva da importancia deste dentro do propio país. Este descendo na produción e no número de concertos que se celebran cada ano non está relacionada nin por asomo co descenso da calidade.
Cada vez existen máis escolas e o número de alumnos matriculados nelas duplicouse. Xunto ao aumento no número de alumnos, tamén aumentaron os grupos que se dedican a este tipo de música e a creatividade aumenta co paso dos anos. Os nosos grupos espállanse e trunfan en países de todo o mundo pero perden progresivamente a súa importancia dentro de Galicia.
Membros dos distintos grupos galegos destacan entre as causas de esta crise a falta de costume que ten a xente do noso país a pagar polos concertos de este tipo de música. Desde a súa aparición, este tipo de música estivo sempre subvencionada pola administración, polo que nunca se tivo que pagar por ela. Na actualidades, debido ao aumento do número de grupos esta financiamento vén sendo imposible.
Outra causa é a estacionamento dos concertos. Estes grupos actúan sempre nos festivais e festas de verán, pero non existen salas nas que poder realizar concertos durante todas as épocas do ano.
Ante as perspectivas de futuro as opinión son moi diferentes. Por unha banda, Moitos dos artistas teñen pouca confianza nunha posible recuperación. Consideran que a actitude da xente ante os grupos autóctonos non vai cambiar e o mercado está tocando fondo. Pola outra, outros músicos son optimistas. Pensan que ese interese por recuperar a tradición terá a súa recompensa dentro de pouco tempo.

MIREN BLANCO SOAGE
Comentarios (0) - Categoría: MÚSICA GALEGA - Publicado o 18-04-2008 06:47
# Ligazón permanente a este artigo
JONH BALAN
Escollín o traballo sobre este home dado o seu desgraciado falecemento o pasado 19 de marzo (2008). O seu nome real era Manuel Outeda aínda que se facía chamar John Balan xa que aparecía comunmente disfrazado como vaqueiro falando un ?falso? inglés, caracterizado sempre cun sombreiro Stetson, garabata texana e botas campeiras.
Naceu en Seixo (Marín) no seo dunha familia de mariñeiros moi humilde. Gran parte dos seus veciños coñecían os portos de todo o mundo ou estaban emigrados en Nova York ou Chicago, pero el nunca se embarcou e descubriu ao Jonh Balan que levaba dentro en películas que protagonizaban John Wayne, James Stewart o Richard Widmark.
Dotado dunha gran capacidade de imitar sons e dunha imaxinación desbordante de neno corría descalzo e reproducía todos os ruídos dun coche ou dun autobús os sete quilómetros que separan a súa aldea de Marín. Comezou a ruta da bohemia improvisando espectáculos en tabernas ou no trolebús Pontevedra-Marín. Aprendeu o pouco que sabía de inglés durante a súa estadía na mili en Rota relacionándose cos soldados americanos, tamén cos emigrados en Estados Unidos que viñan de vacacións como Sr. José O Roxo da rúa Calzada quen lle regalaba roupa xenuinamente americana.
Imbuído no seu papel, chegou a parar un expreso Vigo-Santiago e simulou un atraco cun trabuco de mentira, ante o susto dos pasaxeiros tivo que parar e incluso foi detido.
Foi tamén cantante de orquestra, actuaba en grupos como Balan y los yankees. Despois da súa aparición en televisión comeza a súa proxección fóra de Galicia en salas de festas, discotecas, e festas privadas. O mesmo escenificaba películas con argumento e guións propios con títulos tan surrealistas como: La muerte es inoxidable, El callejón de las vírgenes distraídas, Supusitorio para un hipopótamo estreñido, ¿Quién robó las peras del cementerio?, Calzoncillos de manga larga... nas que se facía cargo das personaxes e interpretaba a vez a banda sonora e os efectos especiais. Daba concertos tocando cunha porta coa que reproducía os baixos e a percusión, e utilizaba a boca para o resto dos instrumentos.
Era evidente que tiña un claro perfil televisivo, a mestura entre o popular e o cinematográfico é a súa causa. José María Íñigo levouno varias veces a Directísimo onde se relacionou con estrelas mundiais como Johnny Weissmuller ?Tarzán?. Foi neste punto de inflexión na súa carreira artística e persoal, cando os seus veciños comezan a valoralo máis. En 1985, o programa de TVE Vivir cada día levouno a Estados Unidos. ?Estamos viendo la ciudad de los rascacielos, la gran ciudad de Nueva York, donde yo he vivido ilusoriamente toda mi vida hasta hoy? dicía Balan na escea final, mentres sobrevoaba Manhattan a bordo dun helicóptero.






A súa andaina televisiva continúa aparecendo en programas de Jesús Quintero e José Luis Coll. Na Televisión de Galicia chegou a ter un sketch propio no show Adiviña quen vén esta noite e a compartir pantalla co seu bo amigo Rafael Pintos coñecido como Bladimir, ?o vampiro de Pontevedra? quen na actualidade está escribindo a biografía de Balan.
A falta de recursos non chegou nunca a quebrantar un espírito artístico que se nutría dos aplausos Balan explicou que nunca lle pagaron más de 30.000 pesetas, salvo en Foz, onde déronlle 85.000, aínda que moitas veces traballou gratis.
Hai unha praza de Seixo, a aldea onde naceu, que leva o seu nome (o artístico). Fai uns meses recibiu unha homenaxe no teatro Principal de Pontevedra abarrotado de público, onde fixo un percorrido pola súa vida e amosou os seus agradecementos cara os seus amigos e, en especial, as monxas do seu asilo. Un momento de película , pero de verdade, abarrotado de público.
Nos últimos anos da súa vida residía no Asilo de Anciáns de Pontevedra atacado dunha hemiplexía.


Martín Guerra Barreiro
Comentarios (0) - Categoría: PERSOAS E COUSAS CURIOSAS - Publicado o 18-04-2008 06:25
# Ligazón permanente a este artigo
FRASEOLOXÍA GALEGA E REFRANEIRO
Introdución:

A fraseoloxía é aquela disciplina lingüística que, en sentido estrito, estuda todas aquelas combinacións posibles de palabras que posúen determinadas características estruturais e funcionan como elementos oracionais. Sen embargo, nun sentido máis amplo, integraranse tamén os proverbios, refráns, aforismos, fórmulas fixas, frases feitas, etc.

Unidades Fraseolóxicas:

Os requisitos que deben cumprir as unidades fraseolóxicas son a fixación e a idiomaticidade.
Por fixación enténdese a propiedade que teñen certas expresións de ser reproducidas na fala como combinacións previamente feitas.
Por idiomaticidade enténdese a ausencia de contido semántico nos elementos compoñentes.
A fixación e a idiomaticidade convertéronse nas propiedades fundamentais ao longo da investigación fraseolóxica; mais, en ámbolos casos, trátase de cuestións de grao. Así, hai expresións fraseolóxicas totalmente fixas e estables cun significado idiomático que constitúen o núcleo da fraseoloxía como por exemplo: ? Auga de borralla ? fronte a outras que se repiten na lingua, pero cuxo grao de fixación é menor e poden ter un significado literal como por exemplo: ? Poñer en funcionamento ? ou exercer funcións de carácter pragmático como por exemplo: ?¡Deus Santo!?

Un dos lingüistas máis destacados no estudo de recollida de refráns e ditos foi Taboada Chivite que dedicou parte da súa vida a recoller persoalmente todo tipo de refráns, locucións, romances, cantigas? de carácter popular e que están recollidos nun ?Refraneiro?.
Nesta obra Taboada Chivite define aquelas palabras que teñen uso local e que poderían ser opacas para a maioría dos galegos. Tal fai con cogordón, choupín, escarapela, fin, lombeiro, polar, senón ou xerte:

-O fume vai pra onde os guapos. -Sí, pensando que son parañeiros.
Parañeiros, muxicas, pelaxe, hollín que se forma na campá da cheminea.
-A auga todo lava se non a mala fada.
Se non: Excepto.
-A troita fragosa, fea e fiada.
-Choupin, choupiñeiro, onde está teu compañeiro?
-En marzo chove e neva e fai escarapela, no alto da casa da tía Madenela.

O número de refráns que el reproduce doutras fontes é pequeno: 125 do Dicionario de Valladares, 45 do Faro de Vigo, 28 do Dicionario de Eladio Rodríguez, 17 do Gaiteiro de Lugo, 29 do Mintireiro Verdadeiro.

Refraneiro Galego:

- Nin tanto xo! que se pare, nin tanto xerte! que fuxa.
-Pola Pascoa e pola Pascuela o polar ten boa comedela.
Polar: dulce como o roscón pero con carne de porco, xamón etc (como a empanada)
-Se entre marzo e abril o cuco non ven ou o cuco é morto ou a fin quere vir.
-Bótame na lama e faime boa cama.
Refírese á semente do trigo, do centeo non.
-Seméntame na lama e de min non verás nada.
Sementeira do centeo.
-Sácame a marzo, xa verás como pazo.
Fala o cocho.
-En abril gárdaos pra ti; en maio dállos e en S. Xoán déixaos ir pra onde van.
-A auga perde o mes pero non perde o ano.
(sen chover non pasa).
-A lúa de outubro sete días tapa.
-A perdiz có dedo no nariz.
-A vide e a xesta co demo en testa.
-Apunta a teta, zapateta.
-A rapaza que se fai cedo muller, será de estatura baixa.
-Cando maman da mai todo vai ben cando chupan do pai todo vai mal.
-Despois de abril a auga ven tras do tamboril.
-Despois do palleiro cheo tanto fai de palla como de feno.
-Ca muller e o diñeiro non xogues compañeiro.
-Sogra e nora e can e gato non comen ben nun mesmo prato.

-Un ou dos fillos; non máis.
-Ollo de barbeiro, metro de carpinteiro.
-Onde vexas corpo bota carga e onde vexas orellas dá cebada.
-San Benito Cabaceiro é o San Benito verdadeiro.
-San Francisco trae a vela e S. Xosé a leva.
-San Ramón, San Ramonciño unha camisa de liño che dou.
-O galego non perde o rego.
-Tira sempre cara a terra.
-Din os galegos dos galegos.
-Pisada de boi, dente de lobo e facer moito, moito o bobo.
-Os machadazos nas alturas parecen molduras.

IVÁN Cachafeiro Gulías

para ampliar información ver: "dun erro, faise un enterro" target=_blank class=tEnlac>refraneiro
Comentarios (0) - Categoría: FRASEOLOXÍA E REFRANEIRO - Publicado o 18-04-2008 06:12
# Ligazón permanente a este artigo
XAQUÍN LORENZO ( Día das Letras 2004)
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: que se declarase o día 17 de maio de cada ano ?Día das Letras Galegas? como data para ?recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega?.

Os tres membros foron Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, e o presidente da Real Academia Galega foi Sebastián Martínez Risco.

XOAQUÍN LORENZO


Xoaquín Lorenzo Fernández, coñecido como ?Xocas?, naceu en Ourense no número 30 da rúa da Paz o 23 de xuño de 1907. Fillo de Xosé Lorenzo Álvarez (licenciado en dereito pola Universidade de Santiago que nunca exerceu a abogacía salvo para asesorar ás sociedades obreiras ourensás, pero foi recoñecido como humorista, colaborador e fundador de publicacións como ?Café con gotas?) e de Xoaquina Fernández, Xocas vive gran parte da súa infancia vencellado á casa da avoa materna en Lobeira. Isto crea dúas localización vitais (Lobeira e Ourense), que marcan dous claros horizontes na formación de Xocas: o coñecemento dos xeitos da terra no rural e a capital da provincia. En Ourense recibe as ensinanzas de Risco, Cuevillas e Pedrayo.

Desde neno aprendeu polo seu pai a ter curiosidade polas cousas, por buscar entre os restos para descubrir como vivía e, deste xeito, saber como era a xente. Foi un especialista no estudo da casa, do carro e dos oficios. Esta etapa da nenez foi a máis importante. Cun pai escritor e caricaturista dedicado integramente ós seus fillos, foi aprendendo a importancia deses restos como índices dunha forma de vida. Así, Xoaquín acabou por converterse nun especialista na etnografía de Galicia.

Das súas inquietudes persoais foi facendo unha grazas ó coñecemento da etnografía e pola súa amizade con Pedrayo e Risco, entro no grupo ?Nós?. Da man de Cuevillas, fixo un estudo sobre o caro que lle valeu o ingreso no Seminario de Estudos Galegos. Precisamente, foi un dos fundadores da montaxe do Museo Etnográfico, que foi unha peza clave dentro da estructura da Institución que desapareceu tras o golpe de Estado do xeneral Franco.

A medio camiño, entre intereses persoais e profesionais, comezou o seu labor de escavacións en castros e outros lugares, catalogando e estudando igrexas, mámoas... de todas as recuperacións destaca a dos castros de Carneixa, en Boborás, porque foi un dos depósitos que sentaron achados importantes sobre a cultura castrexa do noroeste peninsular. E neste camiño está tamén o castro de Lobeira que lle serviu para contactar co profesor Fritz Krüger, que daría pé ó libro ?O léxico rural do noroeste Ibérico?, no que se fai mención dos utensilios para os traballos de labranza. Por último, destaca a súa exploración no Castromao (en Celanova) que comezou en 1968, e que asumiría en solitario a partir de 1980.

Mentres tanto, compaxinaba o seu traballo de docente no Colexio Cardenal Cisneros coa aparición en diferentes publicacións periódicas galegas e brasileiras.


Xoaquín perteneceu á maior parte das institucións culturais galegas. Era membro numerario da Real Academia Galega, na que entrou ofrecendo un discurso sobre ?A casa galega? ó que lle contestou o seu amigo Otero Pedrayo. Foi presidente e un dos máximos impulsores do Museo do Pobo Galego. Ó longo da súa vida foi recibindo numeroso premios. A medalla de Ouro de Galicia, o premio Trasalba, a insignia de Ouro do Museo do Pobo Galego, a Encomenda de Alfonso X o Sabio, o título de colexiado distinguido outorgado polo ?Consejo Nacional de Colegios Oficiales de Doctores y Licenciados en Filosofía y Letras y en Ciencias? e o premio Otero Pedrayo, entre outras distincións.


Respecto ós seus estudos, podemos dicir que Xocas estaba moi unido ó seu irmán Xurxo, tres anos máis novo ca el. Iniciou os seus estudos na casa onde seu pai, con importantes dotes de pedagogo, encárgase directamente da súa aprendizaxe ata que pasa ó colexio dos Villares e cursa o bacharelato no ?Instituto General y Técnico? entre 1917 e 1925.
É nestes anos de bacharelato de Xocas, cando a familia o seu primeiro golpe importante coa morte do pai, que conleva litixios por propiedades que a familia posuía en Arxentina, o que leva á nai a ausentarse quedando os irmáns repartidos: Xocas fica un tempo coa avoa materna, mentres Xurxo é enviado a Vigo onde se traslada Xocas ó morrer a avoa e ata o regreso da nai. Esa época sufre unha grave pérdida do cultivo e das tradicións populares, isto último pola emigración.

Xoaquín Lorenzo ten que asumir un novo pesadelo vital: como tantos outros por aquel entón, vese obrigado a combatir no bando ?nacional? durante a Guerra Civil ata que é ferido no ombro esquerdo en Villablino (León), o que lle permite regresar a casa onde crea no tempo de convalecencia unha interesante tertulia con Risco, Cuevillas e Otero Pedrayo, e aproveita para ler os clásicos de Galicia.

En 1939 é nomeado profesor de Xeografía e Historia no Instituto de Posío (Ourense), e nos anos 40, Xoaquín Lorenzo iníciase como mestre no colexio ourensán Cardenal Cisneros, onde mantén excelentes relacións cos alumnos da zona rural e os fillos de emigrantes que valoran o talante de Xocas logo de sentir o rexeitamento doutras institucións de ensino que proviñan. Cómpre destacar que en 1940, colabora co director de cine Antonio Román e o productor Carlos Serrano de Osma na rodaxe da película documental ?O home e o carro? rodada en Lobeira. Así gañou o premio do Sindicato Nacional do Espectáculo en 1980.







A bibliografía do autor é moi extensa.


? Monografías:

- Vila de Calvos de Randín (1930)
- A muller no cancioneiro galego (1932)
- O Tardo (1934)
- A arte popular nos xugos de Galicis (1935)
- As casas dos mortos (1965)
- Cantigueiro popular da Limia Baixa (1973)
- O mar e os ríos (1982)
- Refraneiro Galego (1983)
- A nosa señora do Viso (1983)
- Enredos (1992)
- A casa (1995)
- Os oficios (1995)
- A terra (1995)
- O carro no folclore de Galicia (2003)
- Da casa rural á casa vilega (2004)
- O mar terra adentro (2004)
- Xaquín Lorenzo (2004)
- Notas etnográficas da parroquia de Bomeiro


? Artigos:

- A fala galega (1926)
- Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Os labregos e o xuez (1927)
- Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Mediciña rústica (1927)
- Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Un casamento en Lobeira (1928)
- Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Apuntes de Xeografía lexigráfica galega (1929)
- O tío galego (1930)
- A muller no cancioneiro galego (1932)
- Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: A lenda da hermida de Aranga (1932)
- Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Do cancioneiro de Borneiro (1932)
- Embarcacións:notas pra un cuestionario de etnografía (1933)
- Notas pra un cuestionario de Etnografía. Embarcacións (1933)
- O liño e a lá (1933)
- Sant Jordi e Sant-Yago (1933)
- Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Papeletas pra un diccionario (1934)
- Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Notas encol do Antroido en Lobeira (1934)
- As domas do Porto do Són (1934)
- Miscelánea: nobles que defenderon a raia portuguesa antre o Limia e o Miño no ano 1762 (1934)
- Notas etnográficas da Terra de Lobeira: o liño e a lá (1934)
- Arte popular nos xugos da Galiza (1935)
- De Re Geográfica. Os mapas, o nomenclátor e a realidade (1935)
- Outra vez en col do noso idioma (1935)
- Recensión (1935)
- As festas populares do 3 de maio en Laza (1936)
- Notas etnográficas da parroquia de Borneiro (1936)
- Sobre arqueología do território dos Querquernos (1938)
- Notas arqueolóxicas do castro de Cameixa (1948)
- Distribución dos xugos na Galiza (1955)
- O mazo, a trompa e a moa (1956)
- As xoias de Regodeigón (1956)
- A Xuno de Freixido (1956)
- Cerámicas castrexas pintadas (1956)
- Cuevillas, etnógrafico (1957)
- Unha nova inscultura serpentiforme da citania de Troña (1957)
- Estela funeraria de Flor de rei Vello (1958)
- Enredos (1958)
- Muíños de maré (1959)
- O pastoreio na serra do Leboreiro (1959)
- O varapau (1959)
- Unha pedra-amuleto (1961)
- As casas dos mortos (1965)
- O culto das pedras no noroeste peninsular (1965)
- Resposta do académico numerario X. Lorenzo ao discurso lido en recepción pública de X (1965)
- A eirexa de Santa María de Mixós (1968)
- O mar terra adentro (1969)
- Metamorfosis dunha casa castrexa (1973)
- O esprito da mes en Lobeira (1973)
- Xesús Taboada Chivite (1976)
- O combarrizo (1977)
- A seición de Etnografía do Seminario de Estudos Galegos (1978)
- Paganismo e cristianismo na relixiosidade popular (1978)
- Vellas artes de pesca no rio Miño (1979)
- Etnografía. Cultura material (1980)
- Unha casa do Castromao (1980)
- Xesús Ferro Couselo (1980)
- Os enredos dos rapaces (1981)
- Unha corna decorada (1981)
- A ramboia (1982)
- Do noso antroido: os escabicheiros (1982)
- Lembranza de Otero en Ourense (1982)
- Limiar (1983)
- Limiar de Arquitectura Popular en Galicia (1983)
- As ruadas (1984)
- D. Vicente Martínez Risco y Agüero (1984)
- Ramboia (1984)
- As pontes na tradición popular galega (1985)
- Cando estiña unha fonte (1985)
- Dende o ceo de Monterrei (1985)
- Limiar (1985)
- A Nosa Señora do Viso. Unha romaxe antre outras moitas (1986)
- A prosa de Cuevillas (1986)
- As bandas de música volven (1986)
- Castelao (1986)
- Castro de Carneixa (1986)
- Cen anos de Cuevillas (1986)
- O amor á terra na irmandade dos 'bos e xenerosos' (1986)
- Os tempos son chegados (1986)
- A vivenda e a terra (1988)
- O Ourense da xuventude de Otero Pedrayo (1988)
- O outro mundo na tradición popular galega (1988)
- Otero Pedrayo e a antropoloxía (1988)
- Un intre de D. Ramón (1988)
- Xaquín Lorenzo "Xocas" (1989)
- Introducción ó estudio dos hórreos en Galicia (1990)
- María, nai e señora (1990)
- As embarcacións tradicionais de Galicia (1994)
- Lembranza de Don Xoaquín Lorenzo Fernández (1994)
- Desde a solana (1996)
- De como se han de cociñar as sardiñas (1997)
- O viño (1998)
- Lembranzas de nenez (1999)
- Xaquín Lorenzo (1999)


? Ilustracións e deseños:

- Bouza Brey, Fermín; Lourenzo Fernández, Xurxo, e Lorenzo Fernández, Xaquín (deseños), A Casa, o traballo e a cantiga en Pías, Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 2001

? Outros:
- Cantigueiro popular da Limia Baixa , Editorial Galaxia, Vigo, 1973.

- Galicia ó traverso dun obxetivo : [catálogo da exposición, 1978], Museo Arqueolóxico de Ourense, 1978

- Galicia, parroquia de Velle, Seminario de Estudos Galegos, Santiago de Compostela, 1936

- Xaquín Lorenzo, o fotógrafo, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2004

- Xaquín Lorenzo «Xocas», Arquivo Sonoro de Galiza - Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2004

TANIA MENDUÍÑA COUTO
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN PROPIA - Publicado o 18-04-2008 05:55
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL MURGUÍA ( Día das letras 2000)
Manuel Antonio Martínez Murguía nado en Froxel, Oseiro (Arteixo), o 17 de maio de 1833 e falecido na Coruña o 1 de febreiro[1] de 1923) foi un historiador galego que impulsou o Rexurdimento e creou a Real Academia Galega.

Biografía
Manuel Murguía era fillo de dona Concepción Murguía Egaña e don Juan Martínez de Castro. Este era farmacéutico na rúa Garás da Coruña e estableceuse despois, seguramente en 1837, en Santiago de Compostela. Será neste lugar precisamente onde o neno Manuel Murguía presencie os sucesos do 23 de abril de 1846, que el narrará máis tarde nun artigo titulado "La Voz de Galicia" cun enorme sentimento; é de supoñer que este episodio da historia de Galiza influíu na ideoloxía romántico-liberal do rapaz.
A partir de 1845 comezou a estudar bacharelato na universidade, concluíndo o bacharel en filosofía en 1850, e ó mesmo tempo o preparatorio de farmacia, que iniciou por desexo do pai. Mais Murguía tivo moi claros os seus gustos, e así, o interese pola literatura e a historia fixéronno abandonar a carreira para dedicarse plenamente ao seu labor de escritor e investigador. Nestes anos a vida cultural de Santiago xiraba entorno ao "Liceo de la Juventud", onde se daban cita estudantes e intelectuais como Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Rosalía de Castro.
Murguía relacionouse en Madrid, onde se trasladara en 1850 para estudar Farmacia, con intelectuais como os irmáns Valeriano e Gustavo Adolfo Bécquer, Alejandro Chao. En 1854 Murguía publicou o seu primeiro texto en galego, o 1 de xuño, no álbum de Elena Avendaño, unhas seguidillas tituladas a "Nena das Soidades". En 1855 publica, por entregas, a súa primeira novela Desde el cielo. Murguía seguíu colaborando en xornais e revistas madrileñas da época como La Iberia e Las Novedades, nos que acadou moito éxito -o que lle permitiu publicar folletíns con obras como "Mientras Duerme", "Mi madre Antonia", "El Ángel de la Muerte" e "Los Lirios Blancos". Tamén coñeceu en Madrid a Rosalía de Castro e tamén colaborou en xornais galegos como La Oliva. Redixiou unha crítica de La Flor, o primeiro poemario de Rosalía e a relación entre ambos os dous foise estreitando ata o punto de ennoivaren, e o 10 de outubro de 1858 casaron na madrileña igrexa de San Idelfonso. É indubidábel que Murguía foi unha peza de apoio intelectual e social para Rosalía. Dende o principio, animouna na súa carreira literaria e na publicación de obras como Cantares Gallegos, considerada o inicio do Rexurdimento literario galego, e mesmo chegou a publicar algunha obra súa sen o seu consentimento.
Algo que debemos considerar como o primeiro puntal do Rexurdimento foi o cambio operado en Murguía cando deixou o labor creativo, tras acadar un grande éxito, para se dedicar por completo á investigación histórica e á divulgación desta, así como a difundir o ideario político xurdido, principalmente, das súas investigacións.
En 1859 o matrimonio trasladouse a Santiago de Compostela, e con motivo do nacemento da súa primeira filla, en maio, publicou La Primera Luz, un libro de lecturas escolares estruturado en vinte temas de historia e xeografía, que o Ministerio de Fomento recomendou para o ensino nas escolas de Galiza. En 1862 Murguía rematou o seu Diccionario de escritores Gallegos e en 1865 editou o primeiro tomo da súa Historia de Galicia. Na revolución de setembro 1868 foi secretario da Xunta Revolucionaria de Santiago e despois nomeado director do Arquivo de Simancas, en 1870 xefe do Arquivo Xeral de Galicia ata 1875, foi director de La Ilustración Gallega y Asturiana (1879) e máis tarde, no 1885, Cronista Xeral do Reino. No 86 (ano en que morreu Rosalía) publicou Los precursores, obra na que fai unha descrición de varios personaxes da vida cultural galega. No ano 1890, Murguía dirixiu xunto con Alfredo Brañas La Patria Gallega, boletín onde se deron as primeiras claves do que ía ser co tempo o pensamento rexionalista galego. Tamén neste mesmo ano Murguía publicou durante uns Xogos Florais en Barcelona un discurso que foi moi aplaudido e que fixo que o nomeasen "Mestre en Gay Saber". Neste discurso fala do sentimento histórico e cultural diferenciador de Galiza. Foi nomeado presidente da Asociación Rexionalista Galega (ARG), a primeira organización política de signo decididamente galeguista. Nos Xogos Florais de Tui de 1891, organizados pola ARG, faríase reivindicación do uso público do galego, lingua en que Murguía pronunciaría o discurso inaugural. En 1892 foi destinado á Biblioteca Universitaria de Santiago posto que exercería ata a súa xubilación en 1905.
Con 72 anos xorde en Murguía a idea de crear unha Academia Galega da Lingua, idea que comunicou a outros escritores que se daban cita nunha libraría da Coruña coñecida co nome de A Cova Céltica. Tamén en Murguía xurdiu a teima de crear un dicionario da lingua galega, porque se sentía falto de vocabulario; se cadra, a inexistencia deste dicionario foi determinante para que a súa obra en galego fose tan escasa. O día 25 de agosto de 1906 aprobouse a creación da Real Academia Galega, que presidiría ata á súa morte.
Manuel Murguía finou o 1 de febreiro de 1923, na súa casa de rúa de Santo Agostiño da Coruña. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 2000. A revista da Asociación Galega de Historiadores chámase Murguía na súa honra.
Obra

Libros
La primera luz, Vigo, Juan Compañel, 1860.
Diccionario de escritores gallegos, Vigo, Juan Compañel, 1862.
De las guerras de Galicia en el siglo XV y de su verdadero carácter, A Coruña, 1861.
Historia de Galicia, T. I, Lugo, Soto Freire,1865, T. II, Lugo, Soto Freire, 1866, T. III, A Coruña, Libr. de A. Martínez Salazar, 1888, Tomo IV, A Coruña, Libr. de E. Carré Aldao, 1891, T.V, A Coruña, 1911.
Memoria relativa al Archivo Regional de Galicia, A Coruña, 1871.
Biografía del P. M. Fr. Benito Gerónimo Feijóo, Santiago, Est. Tip. de El Diario, 1876.
El foro, Madrid, Libr. de Bailly Bailliere, 1882.
El arte en Santiago durante el siglo XVIII y noticia de los artistas que florecieron en dicha ciudad y centuria, Madrid, Est. Tip. de Fernando Fé, 1884.
Los Precursores, A Coruña, Latorre y Martínez Editores, Biblioteca Gallega, 1886.
Galicia, Barcelona, Daniel Cortezo, 1888.
El regionalismo gallego, La Habana, Imp. La Universal, 1889.
En prosa, (Contén a novela El puñalito), A Coruña, 1895.
Don Diego Gelmírez, A Coruña, Imprenta y Librería de Carré, 1898.
Los trovadores gallegos, A Coruña, Imp. de Ferrer, 1905.
Apuntes históricos de la provincia de Pontevedra, folletín de La Temporada, Mondariz, Imp. del Establecimiento, 1913.
Politica y sociedad en Galicia, Madrid, Akal, Arealonga, 8, 1974, ed. de X. Alonso Montero

Relatos
Un can-can de Musard (conto), 1853.
Un artista (conto), Madrid, 1853; co título de Ignotus en Los Precursores (1886).
Desde el cielo, (novela), Madrid, La Iberia, 1855; Vigo, Imp. de La Oliva, 1856; Madrid, Biblioteca de Escritores Gallegos, 1910.
Luisa (conto), Madrid, 1855 e A Coruña, 1862.
La Virgen de la Servilleta, (novela), Madrid, 1855.
El regalo de boda (novela), La Iberia, Madrid, 1855.
Mi madre Antonia (novela), Vigo, La Oliva, 1856.
Don Diego Gelmírez (novela) Madrid, La Oliva, 1856.
El ángel de la muerte (novela), Madrid, La Crónica, 1857.
La mujer de fuego (novela), Madrid, 1859.

Poemas
Nena d?as soledades (poema), La Oliva, 27-2-1856.
Madrigal (poema), La Oliva, 8-3-1856.
La flor y el aire (poema), La Oliva, 19-3-1856.
A una paloma (poema), La Oliva, 3-5-1856.
A las ruínas del Castillo de Altamira (poema), La Oliva, 31-5-1856.
En un Álbum (poema), La Oliva, 31-5-1856.
Al partir (poema), Galicia (A Coruña), 1862, páx. 39.
Tres poemas na antoloxía El Álbum de la Caridad, A Coruña, 1862. Son os poemas Madrigal, Nena d?as soledades e Gloria.
Sueños dorados (poema), en García Acuña (177) e antes no Álbum de El Miño.
Ildara de Courel (poema), en García Acuña (177-178).
Soneto de Pardo de Cela (poema), en García Acuña (179).
Los versos fueron mi ilusión primera (poema de 1903), en Naya (1950: 104).

Artigos no boletín da Real Academia Galega
Discurso del Sr. Académico Presidente D. Manuel Murguía, (na sesión inaugural da Academia), BRAG, 6-7, 1906, pp. 125-129.
De los primeros documentos en gallego, BRAG, 9, 1907, pp. 193-196.
Descripción de la ciudad de La Coruña en los primeros años del siglo XVII, BRAG, 10, 1907, pp. 219-221.
La isla de Cortegada, BRAG, 14, 1907, pp. 30-35.
Discurso-Contestación por el Sr. D. Manuel Murguía(a Parga Sanjurjo), BRAG, 16 e 17, 1907, pp. 96-110.
En memoria del primer presidente de la Asociación Iniciadora y Protectora de la Real Academia Gallega, BRAG, 19, 1908, pp. 137-138.
Aurelio Aguirre, BRAG, 20, 1908, pp. 144-146.
¿Cuándo se generalizó el cultivo del maíz en Galicia?, BRAG, 22, 1909, pp. 210-215.
Sentencia dictada por Fernán Pérez/.../, BRAG, 30, 1909, páx. 134.
D. José Ojea, BRAG, 31, 1909, pp. 166-167.
De Folk-lore. Dama Gelda, BRAG, 38, 1910, pp. 37-40.
D. José Villaamil y Castro, BRAG, 38, 1910, pp. 41-42.
Mensaje de la Academia, BRAG, 41, 1910, pp. 118-121.
D. Ramón Pérez Costales, BRAG, 43, 1911, pp. 170-172.
Que se fuese..., BRAG, 45, 46, 47, 1911, pp. 209-212, 233-237 e 257-260.
Necrología, BRAG, 48, 1911, pp. 301-303.
Don Ramón Bernárdez, BRAG, 47, 1911, pp. 277-278.
Cumple en estos momentos la Real Academia Gallega..., BRAG, 50, 1911, pp. 26-27.
Hablando cierto día..., BRAG, 50, 1911, pp. 40-50.
Discurso de D. Manuel Murguía (lido o 15-9-1911 con motivo do centenario de Pastor Díaz), BRAG, 51 e 52, 1911, pp. 99-103.
D. Juan Fernández Latorre, BRAG, 59, 1912, pp. 262-263.
Constituciones de la Cofradía de Santa Tecla de la villa de la Guardia, BRAG, 63, 64, 65, 1912, pp. 57-61, 89-94 e 113-119.
El torques de Centroña, BRAG, 66, 1912, pp. 137-139.
Un episcopologio compostelano del siglo XVI, BRAG, 68, 69 e 70, 1913, pp. 185-188, 209-212 e 237-241.
Excmo Sr. D. Adriano Pérez Morillo, BRAG, 70, 1913, pp. 234-235.
Prudencio Canitrot, BRAG, 70, 1913, pp. 235-236.
Elogio de Curros Enríquez, BRAG, 71, 1913, pp. 263-265.
El del Banquete, El de la velada (Discursos na Homenaxe a Murguía co gallo do seu 80 aniversario), BRAG, 73, 1913, pp. 27-28 e páx. 29.
Discurso de D. Manuel Murguia (lido na velada celebrada na Coruña o 8 de abril de 1914 con motivo do 6º aniversario do pasamento de Curros), BRAG, 82, 1914, pp. 271-272.
Victor Said Armesto, BRAG, 86, 1914, pp.17-19.
De Folk-lore. O Canouro, BRAG, 86, 1914, pp.29-30.
¿Qué he de decir de ti en este momento? (Palabras no 7º aniversario do pasamento de Curros), BRAG, 92, 1915, páx. 184.
Juan de Orleáns, BRAG, 96, 1915, pp. 281-282.
De folk-lore. Nuestro folk-lore, BRAG, 99, 1915, pp. 65-67.
Don José Salgado, BRAG, 108, 1915, pp. 294-295.
Señoras e señores (Discurso pronunciado na Festa da poesía galega de Homenaxe a Rosalía), BRAG, 110, 1916, pp. 29-30.
Don José Cornide y sus versos en gallego, BRAG, 114 e 115, 1917, pp. 162-169 e 179-182.
José Castro Chané, BRAG, 115, 1917, páx. 178 e in DURÁN (1998: 309-310).
Don Eduardo Pondal, BRAG, 116, 1917, pp. 201-210.
Manuel Núñez González, BRAG, 116, 1917, páx. 211.
En este día, siempre de dolor (Palabras no 9º aniversario do pasamento de Curros), BRAG, 116, 1917, páx. 213.
Sin duda, amigos míos(Palabras para a inauguración do Monumento a Rosalía en Compostela), BRAG, 120, 1917, pp. 313-314.
Don Eladio Oviedo y Arce, BRAG, 124, 1918, pp. 89-90.
Aquí estamos de nuevo (Homenaxe a Curros, Pondal e Chané), BRAG, 124, 1918, pp. 97-98.
Don Ángel Barros Freire, BRAG, 128, 1919, páx. 204.
Excmo Sr. D. Antolín López Peláez, BRAG, 129, 1919, pp. 233-234.
Un episodio de nuestra Guerra de la Independencia, BRAG, 132, 1919, pp. 326-329.
Fué una mañana primaveral, BRAG, 150, 1923, páx. 243.
Eduardo Pondal e a súa obra, BRAG, 248, 1933, pp. 184-192.

Escolmas
Alonso Montero, X. Politica y sociedad en Galicia, Madrid, Akal, Arealonga, 8, 1974.
DURÁN, José Antonio, Prosas recuperadas. O periodismo de Manuel Murguía. Antoloxía básica, 1853-1923, Madrid, Real Academia Galega, Fund. Caixa Galicia, 1998 (Contén 58 artigos de Murguía).

GONZALO González Rosales
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN PROPIA - Publicado o 18-04-2008 05:53
# Ligazón permanente a este artigo
ROSALÍA DE CASTRO ( 1º Día das Letras 1963 )
Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 1837 ? Padrón, 15 de xullo de 1885) é unha das mellores escritoras/es en lingua galega e unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas é feriado por causa de ser a data de edición da súa obra Cantares Gallegos.

Biografía

Tradicionalmente considerada filla de Xosé Martínez Viojo, crego de Iria, en Padrón, e de María Teresa de la Cruz de Castro e Abadía, fidalga da casa grande de Arretén, o certo é que, segundo as últimas achegas biográficas, descoñecemos o nome do verdadeiro pai de Rosalía -a paternidade de Martínez Viojo resulta apenas dunha transmisión oral, allea á familia da poeta, e sen ningunha base documental-. Tras os estudos levados a cabo por Victoria A. Ruiz de Ojeda sabemos que, contrariamente ao tópico mantido durante décadas, Rosalía foi criada en Padrón pola súa nai. Non se sabe exactamente cando se trasladaron a Compostela, pero si que en 1850 vivían nai e filla nesa cidade. Alí recibiu formación musical, artística e literaria; participou nas actividades do "Liceo de la Juventud", onde coincidiu con Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Paz Novoa.
En 1856 trasladouse a Madrid, onde viviu cunha curmá. Comezou a publicar e en 1858 casou con Manuel Murguía, investigador e xornalista. A vida do matrimonio fíxose itinerante debido ós cargos funcionariais de Murguía. En 1859 regresaron a Galiza, onde naceu a súa primeira filla; en 1861, de novo en Madrid, publicou obras en galego e castelán. Logo duns anos en Madrid, trasladáronse a Lugo, e despois voltaron a Madrid, onde naceu Aura; as actividades do seu home leváronos por diferentes lugares: Simancas, A Coruña, Compostela, Lestrobe, Estremadura, Alacante... e mentres foron nacendo máis fillos: os xemelgos Gala e Ovidio, Amara, Adriano.
Rosalía botou os derradeiros anos da súa vida en Padrón, onde a familia alugara a casa da Matanza, que despois se convertería en casa-museo. A morte do seu fillo máis novo aos dous anos por mor dun accidente e a súa enfermidade amargáronlle os derradeiros anos. Morreu de cancro en 1885 e foi soterrada no camposanto da Adina. Anos máis tarde, en 1891, os seus restos foron trasladados ó actual Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.

Obra
Iniciación:
Compuso os seus primeiros versos a idade de 12 anos. A Rosalía que aos 17 años era figura destacada na sociedade literaria do "Liceo de la Juventud", se impregnou do ambiente romántico que entonces reinaba en Santiago. Aurelio Aguirre era o príncipe daquela xuventude soñadora. No sue primeiro libro ?La Flor?, rexistra huellas de Zorrilla, pois acusa unha sinceridade de sentimentos notable, e un sentimento tráxico de la existencia. O ano seguinte do seu matrimonio publica ?La Hija del Mar?, unha novela romántica, de tendencia folletinesca, cuxa acción se sitúa en terras de Muxía. Flavio, é tamén unha narración romántica, pero a acción folletinesca é sustituida polo interés sociolóxico, os personajes principales están, dentro da sua idealización, caracterizados con relieve, e hay una carga de pasión poderosa que revela unha forza creadora de indudable autenticidad.
Madurez:
Dentro do mesmo xénero, consideramos máis interesantes entre as suas obras: Ruinas y El Caballero de las Botas Azules.
Ruinas e un cadro de costumes, centrado ó redor de tres tipos humans, tres habitantes dunha pequena vila, exemplares polos seus valores espirituales, que se sobrepoñen á súa decadencia social. O estilo é llano, humor cordial, e generoso, agudamente satírico, se cerne sobre todo o relato.
O caballero das botas azuis, fantasía satírica. Confluen elementos de dous campos, por unha parte, a libre imaxinación e por outra, a sátira realista de costumes. Para po-la ridiculez, a hipocresía, a locura e a ignorancia que reinaba na sociedad. Presenta un afán por castigalas xentes de irresponsables e necias.
Nos Cantares, Rosalía asume a voz do pobo galego.

Obra en galego:

1863 (poesía) Cantares gallegos
1880 (poesía) Follas novas
1864 (prosa) Contos da miña terra I (posteriormente divulgado co nome de Conto gallego)

Obra en castelán:
1857 (poesía) La Flor
1859 (prosa) La hija del mar
1861 (prosa) Flavio
1863 (poesía) A mi madre
1863 (prosa) El cadiceño
1866 (prosa) Ruinas
1866 (prosa) Las literatas
1867 (prosa) El caballero de las botas azules
1881 (prosa) El primer loco
1881 (prosa) El domingo de Ramos
1881 (prosa) Padrón y las inundaciones
1884 (poesía) En las orillas del Sar


Comentario Cantares Gallegos:

Composición:

O libro esta enmarcado entre os poemas 1 e 36, que son prólogo e epílogo. Rosalía ponos en boca dunha alegre rapariga campesiña que é solicitada para que cante a Galicia en lingua galega, e ao final escúsanse modestamente pola falta de graza da súa canción. Rosalía cede a palabra a esta rapariga cantora cédea á súa vez a distintos tipos populares dos que se poden distinguir ata 3 yoes superpuestos: o eu do personaxe que fale, o da rapariga cantora e o eu de Rosalía.
O tema amoroso pode desenvolverse mediante o dialogo do galán e a nena, e así ocorre nos poemas 4, 26 e 27. Tamén son diálogos, pero non de amor os números 3 e 5. Hai un grupo de poemas de costumes, fumes e sátira que aveces son claramente monologados, e outras poden ser considerados como expresión directa da autora ou da súa pálida intermediaria. Formamos este grupo cos números, 6, 7, 8, 13, 16, 20, 21, 24, 30, 32 e 34. Importancia capital para a significación do libro ten uns poemas de carácter social, números, 15, 17, 18, 28 e 29 postos en boca de diversos personaxes distintos de Rosalía, excepto o 28 onde Rosalía responde sen disfrace algún a Ruiz Aguilera. A "Alborada", 35, único poema que non se apoia en letra algunha, resulta por iso estraño á economía de cantárelos. Non supón ningún eu ficticio como soporte vocal. Parece non estar rexido por ningunha razón estrutural.

Métrica:

En cantárelos achamos manifestacións de dous sistemas métricos distintos: o puramente rítmico, baseado na acentuación e o fundado no conto das sílabas. Pertencen en principio ao primeiro os composicións números, 1, 27, 30, 32, que utilizan o verso chamado de muñeira. Dentro do sistema de sílabas contadas dominan as formas populares de arte menor: romances de versos de 8, 7, 6 e 5 sílabas; cantar popular; triadas e seguidillas.

Lingua:

A lingua galega deixara de ser unha lingua literaria e reduciuse ao uso oral. Nos documentos oficiais tamén fora deixando de empregarse, non por imposición do castelán como lingua oficial, senón como consecuencia da invasión do país pola nobreza forasteira. Coa intervención da potestade real para pór fin ás loitas feudais, acentúase a presenza en Galicia de autoridades e escribanos casteláns. O idioma que tiñan á súa disposición os iniciadores do Renacemento romántico era unha lingua dialectal empobrecida. Nesa lingua, escribiu Rosalía é unha lingua viva pero non pura, influída polo castelán.
Intención.
Cantárelos galegos non foron escritos cunha finalidade puramente estética nin sequera son produto dunha mera actitude sentimental ou nostalxia ante o país nativo. A intención que persegue a autora é a apología da súa terra e da súa lingua. Proponse demostrar, que a paisaxe e os costumes de Galicia son encantadores e que o seu idioma non é o que groseramente parodian.

Critica:

A crítica, española e estranxeira, aceptou unanimemente Cantárelos como unha obra mestra. As reservas que en determinados momentos suscitaron Follas novas e Nas beiras do Sar, ou o esquecemento en que foron envolvidas as novelas da nosa escritora non alcanzaron nunca á obra que estamos estudando.
Se os cantares adquiriron enseguida, e mantiveron sempre a súa posición de libro clásico dentro da literatura galega, non é menos certo que a evolución das ideas literarias acabou por investir, a orde de valoración das obras de Rosalía, colocando a súa lírica subxectiva nun plano de interese máis elevado e afastando cantárelos da atención crítica. Cantárelos se incuban no clima do realismo nacente, aínda non desprendido dun certo realismo romántico. Este clima persistiu na literatura galega ata o final da primeira guerra mundial. Rosalía proxectaba os seus cantares galegos como o reflexo poetizo da súa terra. O libro preséntanos con gran riqueza a vida aldeá, que Rosalía coñecía moi ben. Cantárelos non son fundamentalmente lírica senón máis ben épica, unha epopea popular de ambiente, con heroes populares individuais que reflicten diversas facetas do heroe que é Galicia campesiña. Trátase dunha épica democrática, da que está proscrita a clase señorial.

GONZALO González Rosales
Comentarios (0) - Categoría: DÍAS DAS LETRAS - Publicado o 18-04-2008 05:50
# Ligazón permanente a este artigo
OS DÍAS DAS LETRAS

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
O 20 de marzo de 1963, baixo o franquismo, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento. Realmente, a data real de publicación do libro descoñécese, pero nese día Rosalía dedicoullo á tamén poeta Fernán Caballero.
Publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, obra de Fermín Bouza Brey. A festa tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida non só a nível literario senón nos ambientes populares. A partir de entón dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración se cumpriran dez ou máis anos do seu falecemento.


Autores homenaxeados:
1963 Rosalía de Castro
1964 Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
1965 Eduardo Pondal
1966 Francisco Añón Paz
1967 Manuel Curros Enríquez
1968 Florentino López Cuevillas
1969 Antonio Noriega Varela
1970 Marcial Valladares Núñez
1971 Gonzalo López Abente
1972 Valentín Lamas Carvajal
1973 Manuel Lago González
1974 Xoán V. Viqueira Cortón
1975 Xoán Manuel Pintos Villar
1976 Ramón Cabanillas
1977 Antón Vilar Ponte
1978 Antonio López Ferreiro
1979 Manuel Antonio
1980 Afonso X o Sabio
1981 Vicente Risco
1982 Luis Amado Carballo
1983 Manuel Leiras Pulpeiro
1984 Armando Cotarelo Valledor
1985 Antón Lousada Diéguez
1986 Aquilino Iglesia Alvariño
1987 Francisca Herrera Garrido
1988 Ramón Otero Pedrayo
1989 Celso Emilio Ferreiro
1990 Luis Pimentel
1991 Álvaro Cunqueiro
1992 Fermín Bouza-Brey
1993 Eduardo Blanco Amor
1994 Luis Seoane
1995 Rafael Dieste
1996 Xesús Ferro Couselo
1997 Ánxel Fole
1998 Martín Códax, Xohán de Cangas e Mendinho (en conxunto, autores de cantigas medievais)
1999 Roberto Blanco Torres
2000 Manuel Murguía
2001 Eladio Rodríguez
2002 Frei Martín Sarmiento
2003 Antón Avilés de Taramancos
2004 Xaquín Lorenzo
2005 Lorenzo Varela
2006 Manuel Lugrís Freire
2007 María Mariño Carou
2008 Xosé María Álvarez Blázquez
Comentarios (0) - Categoría: DÍAS DAS LETRAS - Publicado o 18-04-2008 05:47
# Ligazón permanente a este artigo
Esa era unha daquelas tardes

Esa era unha daquelas tardes que a ela tanto lle adoitaban gustar. Sentada xunto á fiestra, miraba en silencio como chovía. Nunca se fartaba de ver caer as pingas contra o chan, os regueiros a carón da beirarrúa que arrastraban ata os sumidoiros toda sorte de cousas. Amaba o ceo galego con aquela cor gris que a invitaba a esquecer toda preocupación e soñar. Mais, naquela ocasión, sentíase afogar nun cárcere de nubes. Suspirou.
-Que é o que che pasa?
Volveu a cabeza. O seu amigo deixara de lado os mapas e a miraba con preocupación.
-Por qué o dis?
-É a oitava vez que suspiras hoxe, e levas uns días moi raros. Estás como ausente...
Ela sorriu. Álex era así, pouco falandeiro, pero cando dicía algo, case sempre levaba razón. E coidaba tanto dela... Facía xa moito que se coñecían, dende rapaces andaran sempre xuntos, e co paso do tempo uníranse moito, pero non foran nunca mozos, estaban ben sendo os mellores amigos o un do outro. Vivían xuntos, máis ou menos, porque Alexandre necesitaba viaxar tanto coma o aire que respiraba. Era desa clase de persoas que non aturan estar pechadas nun edificio nin pasar máis de dous ou tres días nun mesmo sitio. Pero con ela facía unha excepción e ficaba na casa unha ou dúas semanas. E, desa vez, xa pasaran doce días.
-Non che sei, meu. Non teño nada, pero sinto coma... coma se fose romper por dentro... non sabería explicalo.
O rapaz foi sentar onda ela. Colleuna das mans.
-Cecilia -comezou con voz doce-, xa falamos delo: necesito pasar algo máis de tempo fóra desta vez. Non é que xa non queira estar contigo, é só...
-Xa o sei, o tema dos cranios -Álex era arqueólogo, e tiveran un problema na última viaxe. Unha das caixas extraviárase e tiñan que recuperala.-Compréndoo, pero...
El aloumiñou con tenrura o seu pelo.
-Eu tampouco quero dicirte adeus durante tanto tempo, e pediríache que me acompañases se non soubese o moito cariño que lle tes a esta cidade. Ti non es coma min, teslle moito apego ó que che rodea e doeríache ter que marchar.
O corazón de Cecilia conmoveuse con aquelas palabras. El xa fixera moito por ela, como mínimo debía ser sincera.
-Prefiro dicirlle adeus a todo antes cá ti.
Un bico bastou para dicir todo o que non saía con palabras.
Dous días máis tarde eran dúas as equipaxes que agardaban o comezo da nova aventura. En adiante, ían estar sempre xuntos.

LETICIA GOIMIL
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN PROPIA - Publicado o 15-04-2008 06:52
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0